Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee


Despois de 29 anos, a Liga de Fútbol Sala de Cee, unha das máis intensas da bisbarra, terá que trasladarse a Corcubión. Así o recoñecían os membros da Asociación San Cristobal, que colleron o relevo nestes últimos anos da man de Juan, que estivo máis de 25 anos á fronte desta xa mítica competición costeira.
Agora, a Escola de Fútbol e o Concello de Corcubión, con Carlos Pazos á cabeza, toman o relevo, e invitan a todos os equipos que levan participando na liga ceense, que se apunten para seguir mantendo o pulso.
Así, xa está aberto o prazo oficial para participar na nova liga de fútbol sala sénior de Corcubión. A organización facilita o teléfono móbil 661 348 339 ou o fixo 981745400 para inscribirse e a cota por equipo é de 250 euros. O máximo de equipo seran 16 e serán por orde de inscripción.
O prazo de inscripción finaliza o martes 11 de outubro, cando se celebrará unha reunión, un encontro de delegados e organización para planificar a tempada, mirar as datas e os días de celebración dos encontros, así como deseñar o calendario, unha vez que se saiba o número de conxuntos que van competir.
Tras esta reunión ese mesmo mes será cando se inicien os partidos, que se disputarán de luns a xoves, a partir das 20.30 horas no pabillón de Corcubión.
Temporadas pasadas
- 2015/2016: O MáisDeporte fai doblete co Playoff de FS de Cee.
- 2015/2016: O Máis Deporte, novo Campión da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Copa-Maratón 2015: O Máis Deporte levou a Copa Maratón da Liga de FS de Cee.
- Final da Liga 2014-2015: Os equipos da Liga de FS de Cee pechan a Liga e xa pensan na Copa Maratón.
- Liga 14-15: A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- Copa-Maratón 2014: O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee.
- Liga 2014: O Baíñas colle o relevo na Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2014: Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés.
- Liga 2013: A Cercevería Atrio volve gañar a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Liga 2012: O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).