Corcubión ten unha nova cita coa vela no Trofeo do Ferroatlántica


O deporte náutico cobrará gran importancia na Costa da Morte este fin de semana coa celebración do "Trofeo Ferroatlántica", organizado polo Club Marítimo Carrumeiro. Na regata, que está dirixida a embarcacións clase optimist, está previsto que participen ao redor de 130 barcos procedentes de clubs de toda a costa galega.
A xornada náutica comezará o sábado, día 14, ás 10 da mañá co rexistro de participantes. Ás dúas da tarde darase o pistoletazo de saída ás embarcacións e intentarase realizar unha regata de seis mangas na ría corcubionesa.
A competición, con formato de flota, conta co respaldo da empresa Ferroatlántica, habitual colaboradora de Carrumeiro e da Escola de Vela Cataventos.
Esta cita deportiva concluirá o domingo coa regata que se disputará a partir das 10:30 e da que sairán os gañadores do "Trofeo Ferroatlántica?". Pola tarde levará a cabo a entrega de premios aos primeiros clasificados da xeneral.

Novas relacionadas
- O C.N. Camariñas sorprende na 1ª Regata da Liga Costa da Morte de Vela.
- Corcubión, Camariñas e Fisterra abren a Liga Costa da Morte de Vela.
- Un paseo a vela cos pequechos da Escola Municipal de Corcubión.
- Liga Costa da Morte 2010: O Carrumeiro certificou a súa supremacía en Camariñas na Liga Costa da Morte de vela .
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.