Martes. 15.10.2024
El tiempo

Corcubión volve sacar os cabalos

Corcubión volve sacar os cabalos

Vemos que o Xadrez volve estar vivo na comarca. E se por Touriñan ata veñen de ascender á Liga Galega, por Corcubión, os alumnos da Escola Xadrez da Universidade Popular de Corcubión comezan a cometir. De feito, veñen de participar no VI Torneo de Xadrez Concello de Laracha. E o fixeron por partida triple, xa que a Laracha acodiron os alumnos da escola de xadrez da entidade Guilherme García Canosa e Juan Lago Vázquez, xunto ao monitor Ramón Franco.

Os 3 obtiveron un moi resultado, e de feito, Ramón acadou o 3º posto na categoría absoluta. Pola súa banda Gilherme quedou 5º da categoría sub16 e 12º en total, e Juan Lago foi o 7º clasificado na sub-16.

Máis información e inscrición

Xa saben que para inscribirse á Escola de Xadrez da Universidade Popular de Corcubión, poden chamar ao teléfono da Universidade Popular: 672 017 749 ou no Tf: 671 917 831.

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.

Comentarios