Crónica da actuación dos pilotos da Costa no Ralli de Noia


Xa avisamos, QPC acendeu o Motor neste Rali de Noia. Esta mesma semana abriremos a nova sección de motor, con información de rallis, quacks, maquinaria agrícola e todo que ruxa na Costa da Morte. Mario Rodríguez será o coordinador de contidos e Manuel Casais un dos mellores especialistas.
E para ir abrindo boca, que mellor que a crónica do XXVII Ralli de Noia, da man do propio Casais. Crónica que completaremos coas mellores fotos en breve.
Pero antes de nada, destacamos que Manolo Senra non participou no Ralli da casa porque estaba participando na primeira proba do Campionato de España de Subida. Pois ben, xa temos resultados, e quedou 11º na xeral e 4ª na súa categoría a bordo do seu 306 Maxi.
Crónica do XXVII Ralli de Noia
Grande espectación na Barbanza para ollar este singular ralli. Este ano o cambio de tramos rápidos por tramos revirados e sucios, fixo que houbese moitos abandonos. De feito, dos 131 pilotos que comenzaban a carreira só conseguiron acabar 72 e algúns deles con moitos problemas. Algún ata acabou acelerando ca man, si, con unha cordiña atada a mariposa do motor acelerando, xa que se lles debeu romper o cable do acelerador...
Con respecto ao ralli en xeral, o vencedor foi Iván Ares, co seu Evo VIII que parece que se desenvolve coma ninguén cando o ralli se pon complicado (demostrando que é moi regular). Desta ocasión aproveitouse do abandono de Pedro Burgo co Focus WRC, e dun problema que tivo Bamarti nun tramo no que perdía 1 minuto, para acadar a vitoria por diante de Luis Penido e o propio Bamarti que escalou ata a terceira posición.


A Costa respondeu
A xente da comarca respondeu e podíase ver xente de toda a Costa da Morte, cousa que os equipos de ralli tiñan que ter en conta para organizar máis eventos deportivos de motor por esta zona, xa que a xente responde as mil marabillas.
Con respecto os nosos pilotos, foi un mal ralli, xa que tan só Jose Antonio Pais e Pedro Carballo chegaron a meta do último tramo.
Javier Ramos Grille e Álvaro Corzón (27) foron os primeiros pilotos en abandonar no primeiro tramo A1. Non sabemos se foi por problemas co seu R5 Gt turbo, ou por unha saída de pista.
Ricardo Vidal e Francisco García abandonaban no segundo tramo B2, despois de facer un primeiro tramos excepcional quedando 17º da xeral, por diante de moitos coches superiores o seu.
Heriberto Atán e Daniel Dominguez sufriron un percance no último tramo da mañá. Ao parecer romperon unha rótula, e pese a que conseguiron reparar, aos piloto de Brens non os deixaron continuar por chegaren fóra de control horario, xa que perderon case 50 minutos por culpa do percance.

A Aitor Caamaño e Jose Carballo pasouse algo parecido que ao piloto de Brens, pero o problema de Aitor e Jose, foi que o coche non lle arrancaba por culpa de que tiñan un problema eléctrico. Conseguiron solucionalo e saíron a correr o tramo, facendo mesmo un bo tempo 37 da xeral, pero cando foron para correr o tramo da tarde dixéronlle que por culpa do retraso do tramo anterior non podían tomar a saída. Un duro pau para un piloto que o que busca e facer kilómetros e pásalo ben, e mesmo estaban facendo un bo ralli ata ese momento xa que ían facendo tempos moi bos. Unha decisión por parte do rali que catalogada como inxusta polo noso colaborador Manuel Casais, que estaban dispostos a saír no posto que fora, con tal de que lle deixaran correr e acabar o rali, xa que o esforzo destes equipos pequenos é moi grande para poder correr, xa que económicamente están moi limitados.
Jose Antonio Pais e Pedro Carballo foron a alegría do ralli, xa que conseguiron acabar no posto 42 e dar espectáculo a bordo do seu BMW 320i e30. Emperazón facendo uns tempos discretos pero pouco a pouco foron subindo posicións e mellorando os tempos, e se non fora porque quedaron neutralizados en 3 tramos, incluso poderían quedar entre os 30 primeiros.
Lástima que non conten con máis apoio por parte de algún patronizador máis para conseguir facer unha campaña enteira e así disfrutar deles todo o ano facendo o coche un pouco máis competitivo, pero esperemos que ahora coa axuda desta sección algunha empresa se animé a patrocinalos xa que están expostos a máis medios de comunicacións.
Máis información
- A lista completa de pilotos inscritos pódese revisar aquí: http://www.ralinoia.com/data/lista2011.pdf
- www.ralinoia.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Motor de QPC (motor@quepasanacosta.gal).
- Coordina Mario Rodríguez Gómez e colabora Manuel Casais.
- Crónica do rali de Manuel Casais.