Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Do campión do Playoff de FS de Cee ás Copas de Malpica, MZ e Ponteceso

Do campión do Playoff de FS de Cee ás Copas de Malpica, MZ e Ponteceso

Facemos un repaso ás Ligas de FS da Costa da Morte que afrontan estes días a súa recta final. Imos de Cee, ata Malpica, pasando por Mazaricos e Ponteceso.

Festa do FS en Cee

O Mais Deporte - O Xardin campion da Copa de FS de Cee-Foto-JP O Máis Deporte - O Xardín campión do Playoff de FS de Cee-Foto-JP

O Pavillón de Cee acollía este pasado sábado a Festa do FS cos partidos oficiais do Fisober e do Vila de Cee masculino, ademais da Final do Playoff da Liga de FS Costa da Morte de Cee. O Máis Deporte-O Xardín, como campións de Liga, esperaban rival. Eran finalmente o Estrella Roja, cheo de vellas glorias, o que se enfrontaba na finalísima, tras superar, a pesar de ser equipo da 2ª División, a equipos como A Cantina, e Clínica Sar. Pero non puideron e os campións ligueiros venceron pola mínima (2-1; Diego Cespón e Javi Marrocos para o MaisDeporte e Fran Pioto para o Estrell Roja) convertíndose en bicampións.

O Estrella Roja subcampion da Copa de FS de Cee-Foto-JP O Estrella Roja -Foto-JP

Cómpre sinalar o nivelazo da xornada, pois puidemos ver xogadores de gran nivel. Todos agradecen o traballo da Asociación San Cristobal e concretamente dos Marios e o Nejro.
Ademais, hai que sinalar ao pichichi do playoff, Marroco (xogador tamén do equipo ceense da Liga Provincial) que cedeu o seu premio ao porteiro do Estrella Roja, Perro Viejo.

Futbolistas da Costa na Final da LIga FS de Cee Futbolistas como Piquero, Jemisa, Perro Viejo, Aitor, Juan oBello, Fran Pioto ou Diego Cespón dan conta do nivel da Liga de FS de Cee-Fotos-JP  

A Copa de Malpica

Co Prisma-Illa-JB campión dende hai varias xornadas, xa estamos na Copa en Malpica, e xa se xogaron os partidos de ida dos Cuartos. Lembren, os Cuartos son a doble partido, pero semifinais e final serán a enfrontamento directo. Así está o cadro, só co Bar Avenida cun pé nas semis, e a volta será o sábado 23 de abril:

6-0Bar Avenida - Bar O Cruce17:00h
4-2Buceo Malpica - Sporting FS16:00h
3-3Pub Leño - Prisma-Illa-JB19:00h
4-3Seaia - San Francisco18:00h
 

Copa en Ponteceso

Despois de que os Ágora/Capelán e Beres.Apligasa se proclamasen campións de Liga, xa temos o cadro da Copa de FS de Ponteceso-Corme.

Teremos nova liguiña con dous grupos (C e D), e os 4 primeiros formarán as semis. Este sábado dispútase a 1ª xornada desta Copa:

Carp. Cerdeiro - Beres.Apligasa15:30h
Cruceiro Bacenillas - Os Aldeáns16:20h
T. Cotelo - Fao Roncudo17:10h
Pub A Vieira - Sisganor18:00h
Bar O Cruceiro - Ágora/Capelán18:50h
Bra Madison - Royale TYM19:30h
  • Descansan Pizzería Reggio (Gr.C) e Bar Secundino (Gr.D).
 

Recta final en Mazaricos

Aínda non remataron a Liga mazaricá, e xa temos cadro da Copa. Pero aínda temos que coñecer ao campión ligueiro, pois faltan 2 xornadas de infarto. Ou eso esperan, pois esta pasada fin de semana Pescalo e Deluxe non se presentaron, polo que se lle deron por gañados os seus partidos a Alborada e Gorrion's por 3-0. O líder, os Gorrións, saca 2 puntos ao Alborada, como dicimos a falta de 2 xornadas.

O pichichi, a día de hoxe, é Molinos, do líder, con 24 goles, polos 17 de Fran Atán, do Avespa, e os 16 de Álvaro (Deluxe) e Rafa Lavandeira (Corvinho).

Cadro da Copa de FS Mazaicos 16 Cadro da Copa de FS Mazaricos  

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios