Sábado. 14.12.2019
El tiempo

Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos

Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos
Paula Esteiro e Damian Espasandin no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos de Los Yebenes, Toledo Paula Esteiro e Damián Espasandín no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos de Los Yebenes, Toledo

Deben ser duros os adestramentos no seo da familia DáFit, porque para participar no I Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos hai que ter algo máis que brazos e peito.

Ata Los Yebenes, Toledo, foron dous soneiráns Damián Espasandín (Vimianzo) e Paula Esteiro (Camariñas), para deixar alto o pavillón. Ían a título individual pero ambos forman parte do equipo galego chamado "Los vengadores Brilat”, formado na súa maioría por membros do exército con base en Pontevedra. Un equipo que é actual campión do Mundo, si, do mundo, como o certificaba un dos seus integrantes que se proclamou Campión de España, Andres Fontenla.

Damian Espasandin e Paula Esteiro con Los vengadores Brilat en Los Yebenes Damián Espasandín e Paula Esteiro con Los vengadores Brilat en Los Yebenes damian-espasandin-no-campionato-de-espana-de-carreiras-de-obstaculos

Participaron 173 corredores (para participar no Campionato Nacional era necesario conseguir a clasificación en probas homologadas), e menos da metade conseguiron acabar a proba, dando conta da dureza dos obstáculos e da meteoroloxía adversa que houbo o día da proba.

”Son probas moi duras nas que hai que combinar carreira por terrenos moi técnicos con obstáculos de todo tipo nos que predominan os exercicios de forza, axilidade e equilibrio, como poden ser carga de sacos, pedras, rodas,saltar muros, subir por cordas, arrastrase por debaixo de alambradas, charcos de agua e lama… E sobre todo moita suspesión na que traballa a forza de brazos e tren superior”, explica o propio Espasandín.

Un Damián Espasandín que rematou no posto 11º na categoría Élite e 7º en categoría por idades, conseguindo rematar entre os mellores de España e traendo o 2º mellor posto de Galicia para a Costa da Morte.

Pola súa parte, Paula Esteiro acodía a Toledo tras gañar un par de carreiras este ano, o Desafío BootCamp en Vigo e a Gladiator Race en Madrid. Non puido acabar a carreira por mor da súa dureza, como o demostra que foi só unha muller capaz de rematala, a campioa Lorena González.

paula-esteiro-no-campionat-nacional

Aí tendes a Damián a partir do min.4 pasando unha das probas:

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios