Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dousporsetenta e Su A Agra participaron no Trofeo de Nadal de Tiro con Arco de Lugo

Dousporsetenta e Su A Agra participaron no Trofeo de Nadal de Tiro con Arco de Lugo

Esta pasada fin de semana os clubes da Costa de Tiro con Arco disputaron o VI Trofeo de Navidad FGTA, organizado pola federación galega de tiro con arco e o club Arco Muralla de Lugo.

Tanto o clube vimiancés Dousporsetena como o baiés Su A Agra tiveron unha boa participación.

Aproveitamos para avisar de que este Nadal coñeceremos por dentro a familia do tiro con arco costeira, pois están a organizar unha sesión para a prensa á que acodiremos para contarvos como se coce este deporte na nosa bisbarra.

Boa participación de Dousporsetenta

Os tres arqueiros acadaron unha boa puntuación no Trofeo. Na categoría recurvo masculino senior Martín López Paz acadou o noveno posto cunha puntuación total de 486 puntos. Nesta mesma categoría Víctor Santos conseguiu o décimo sétimo posto cunha puntuación de 437 puntos. Na categoría recurvo masculino senior José María Lema acadou a cuarta posición con 504 puntos.

Su A Agra tamén en Lugo

O clube "SU A AGRA" de Baio de tiro con arco tamén foi a Lugo. Nesta ocasión foron dous os representates do clube, que participaron en dúas disciplinas arco tradicional e arco desnudo acadando os seguintes resultados:

  • 2º posición en arco desnudo senior masculino por parte de Santi Soneira.
  • 9ª posicion en arco tradicional senior masculino de Jesús Lamas.

De novo trouxeron un 2º posto para a Costa da Morte na categoría de "arco desnudo".

Vindeira cita

A próxima cita será o domingo 15 de xaneiro coa disputa do XXIV CAMPEONATO GALLEGO DE SALA que se celebrará no pavillón número 2 do recinto ferial de Silleda. O torneo iniciarase ás 9:00 am e rematará ás 18:30 coa final por eliminatorias. Ambos clubes estarán presentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Clube Dousporsetenta da man de Víctor Santos, e do clube Su a Agra.

Comentarios