mércores. 13.11.2024
El tiempo

Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis

Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis
ANORTHOSIS TORNEO MONTEPORREIRO A familia do Anorthosis esta pretemporada

Dúas de cal e dúas de area nesta xornada para os equipos do Anorthosis de tenis de mesa.

3ª División Nacional - Grupo centro

  • Resultado: Arteal TM - Anorthosis Vimianzo 5-1 (15-9).
non estiveron finos os xogadores do Anorthosis na súa visita a Santiago, así deixaron escapar a ocasión de traer máis puntos, sobre todo Stevo e Gonchu que despois de dominar os partidos ata o 2-2 non foron capaces de ramatalos. Andrés Fagín, o único que puntuou, tamén poido facer algo máis contra Carlos Nogueira. non está sendo de todo satisfactoria o arranque da liga para os soneiráns e a pesares de ter plantel para puntuar moito en cada encontro non o están facendo. Esperemos que despois do próximo parón da liga teñan mellores resultados.

2ª División Galega - Grupo centro

  • Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto - Bodegas Guiusseppe Anthony 6-0 (18-0)
Clara vitoria do Concello de Zas Ponciano NIeto ante os principiantes de Ribadumia. Así Brais, Ana e Laura apenas encontraron resistencia nas nenas benxamíns.
Destacar que os novos foron os que correron coa organización do partido e isto tamén forma parte do tenis de mesa, sobre todo do relevo para vindeiroa anos.
  • Resultado: Concello de Zas Cernadas - Bodegas Guiusseppe Anthony (4-2)
Neste encontro os do Concello de Zas non o tiveron tan fácil pois coas de Ribadumia xogou unha senior, principiante pero con maneiras e conseguiu a victoria nos dous partidos. o resto tampouco tiveron dificultades para superar as benxaminas.

2ª División Galega - Grupo centro

  • Resultado: Concello de Mazaricos - Arteal Ventanas B (0-6)
Batacazo para os rapaces de Mazaricos, pero unha cousa é entrenar e outra xogar partidos de liga e contra uns que veñen coas intencións claras de gañarche, e ademáis coa experiencia de outros anos. Con todo, isto acaba de empezar para eles e daranse conta que co tempo e entrenando forte conséguense os resultados.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios