Martes. 05.11.2024
El tiempo

Dumbría acollerá o primeiro Campionato de Kick Boxing da bisbarra

Dumbría acollerá o primeiro Campionato de Kick Boxing da bisbarra
Pequeno e Dani Lema presentando o campionato de KickBoxing de Dumbria Pequeño e Dani Lema presentando o campionato de KickBoxing de Dumbria

Comezou a temporada dos Deportes de Contactos na Costa da Morte, e chega a Dumbría o primeiro Campionato de Kick Boxing celebrado na bisbarra. Terá lugar nas instalacións do Complexo Deportivo "O Conco" o vindeiro 24 de setembro. Baixo a organización de DaFit, a través do seu Clube Deportivo, do Concello de Dumbría e da Federación Deportiva Galega de Kick Boxing.

Consiste nun Campionato de Clubes, de carácter autonómico na modalidade de Light Contact. "A idea é dar a coñecer esta disciplina que se leva a practicar durante anos na nosa zona”, comenta Dani Lema, adestrador e un dos organizadores, "xa que, acodirán 18 Clubes de toda Galicia, cun total de 130 competidores”.

As eliminatorias comezarán as 10 da mañá ate a 13:30. Pola tarde, as 16:30 darán comezo as finais. O Clube Deportivo Dafit, leva 2 anos practicando este deporte de contacto en Dumbría, estreándose en abril deste ano no Campionato Galego de Light Contact (modalidade individual), que se celebrou en Ourense. Neste caso tamén contarán con representación do Clube, ademais de seren os anfitrións.

Novas relacionadas

 

Sesións con Dafit

Fonte

Comentarios