Dumbría e XSC xa teñen o calendario da Preferente 14/15 en www.futboldacosta.com
Estreada a temporada 2014/2015 en www.futboldacosta.com. E o facemos co calendario da Preferente, na que este ano participan o Dumbría e o Xallas de Santa Comba, despois dun verán axetreado no que o cadro xalleiro salvou a categoría gracias á renuncia do Ourense.
A temporada empeza o 31 de agosto, e remata, case que sen parada (só se para a competición polo Nadal entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro) para rematar o 24 de maio.
Dous equipos que loitarán con outros 18 clubs por estar no máis alto. O Dumbría despois da súa gran campaña anterior, e o XSC tras recuperar unha marea de xogadores que precisamente o ano pasado emigraban a terras dumbriesas.
Así, son os Julián, Jota, Couto, Doro, Oscarín e Pablo Muíño os que cambian a camisola do Dumbría pola do XSC, que tamén suma a fichaxe de Pablo Baña, outro que xa vestíu a camiseta laranxa e que procede do Grixoa. Non poderá contar Rubén Coméndez cos Diego, Diego Maneiro (Sofán), Dani Martínez (Castriz) e Mario (San Lorenzo).
Pola súa parte, o cadro de Canosa, ademais desas baixas, ten tamén as de Rudi (San Lorenzo), Dani Casal (Laracha) e Isra (Castrelo). Mentres, suma un par de bos efectivos como son o meta Joselu (Fisterra) e o medio Diego Cespón (Cee).Sorte aos dous!!!
Máis información
- www.futboldacosta.com.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).