Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Efecto bolboreta

Efecto bolboreta
As marchas de Manolito de Vimianzo e Víctor Pazos de Zas teñen variado notablemente os alugueres de bancos na Costa da Morte, cun debut a tres bandas e nomes ilustres: Repi asume a dirección do Malpica, Víctor Pazos cruza a ponte rumbo a Soneira e Pablo Mallón abandoa o seu retiro 'patriarcal' para dirixir ao Sporting Zas Pablo Mallón, Víctor Pazos e Repi, adestradores do Fútbol da Costa Pablo Mallón, Víctor Pazos e Repi, adestradores do Fútbol da Costa Os defensores da teoría do caos e o chamado efecto bolboreta tolearían coas 'revelacións' que na Costa da Morte parece a deixar o fútbol. Factores aparentemente inconexos como a marcha de dous adestradores para dar un volantazo no rumbo dos seus equipos parecen ter dado nunha sorte de sistema dominó ou castelo de naipes á inversa. A realidade é que o 'roster' dos bancos costeiros ten mudado de forma extrema entre algunhas das entidades con máis historia. A película dos acontecementos é a seguinte: antes da desputa da última xornada, Manolito deixa de ser adestrador do Soneira, e Víctor Pazos do Sporting Zas. A praza vacante dura moi pouco. En San Andrés convencen para voltar ao fútbol a Pablo Mallón, mentres que en Vimianzo non teñen que pensar moito. O paro de Pazos non alcanza as vintecatro horas e dun día para outro sube unha categoría. Pola súa banda, na Liga da Costa Repi chega a Malpica para tentar poñerlle uns cimientos a un proxecto que andaba algo xusto en tódolos sentidos. QPC analiza nunha conversa a tres bandas o sentir de cada un dos preparadores, que en tódolos casos son cautos á hora de falar de prazos. Cuestionario
  • 1- Facíase neste sitio e neste momento?
  • 2- Tres adestradores novos nunha semana… perde paciencia o fútbol?
  • 3- Chega vostede para construir un ciclo longo ou unha solución a un problema concreto?
  • 4- Que males ten detectado no equipo?
  • 5- Hai marxe para facer que?
  Víctor Pazos - adestrador do Soneira Víctor Pazos deixou o Zas a semana pasada e esta incorpórase ao Soneira Víctor Pazos deixou o Zas a semana pasada e esta incorpórase ao Soneira
  • 1- "Para nada, a comezo de tempada víame rematando a Liga nunha zona de calma e transición co Sporting Zas, e chegando lonxe na Copa da Costa"
  • 2- "Eu creo que o fútbol, salvo en casos moi sinaliados, nunca tivo nin ten paciencia. Habería que facer un estudo de cantas veces o troco é para mellor e cantas o remedio é peor que a enfermedade.
  • 3- "O primeiro que busco é poder sacar un resultado positivo esta fin de semana contra o Viveiro. O segundo será sacar ó equipo da zona de perigo. E unha vez que o consiga e rematada a temporada pensaremos no seguinte paso".
  • 4- "De momento non tiven tempo a traballar con eles pero estou seguro que o maior problema é o psicolóxico. Estou segurísimo de que o traballo feito por Manolito é moi bo. O ano pasado xoguei contra eles na Copa da Costa e estaban moi ben traballados".
  • 5- "Hai marxe para facelos crer que poden gañar partidos, competir contra calquera e salvar o equipo con tranquilidade. Si se traballa ben e se convencen de que lle poden gañar a calquera, os resultados non tardarán en chegar xa que hai equipo para facer boas cousas"
  Pablo Mallón - adestrador do Sporting Zas Pablo Mallón volve aos bancos despois do seu retiro patriarcal Pablo Mallón volve aos bancos despois do seu retiro patriarcal-Foto-Jorge Parri
  • 1- "Non, para nada. A verdad e que me sorprendeu moito a chamada do Zas, non era un deses equipos nos que había rumores de posible cambio de adestrador, e sinceramente colliume por sorpresa. No que respecta ó meu ámbito familiar, está claro que é un dos condicionantes que teño -a familia é o primeiro- pero a chamada colliume nun monento de calma, nun monento no que a rutina diaria está máis ou menos controlada e o traballo ( que é moito menos que fai un ano) está bastante estructurado e controlado, polo que decidin aceptar a invitación do Zas".
  • 2- "É posible. Estamos sumidos nun ámbito non profesional pero no que se esixen resultados ó instante, moitas veces tendo que lidiar con factores que non axudan para nada ó adestrador. Poño como exemplo a non asistencia a adestramentos, a falta de implicación e todo o que se chama o adestramento invisible. Os adestradore s sabemos dinde estamos e que consecuencias pode haber pero as directivas sabemos que tamén buscan o mellor para os seus equipos e teñen que tomar decisións moitas veces dificiles para afrontar os retos propostos que non ven cumplidos. Somos galegos, depende…"
  • 3- "A nivel persoal busco divertirme ca miña pasión dia a dia. Ó futuro no futbol é para todos unha incognita. Vivimos do presente. Desexo que poda ser unha relación duradera pero os resultados, a convivencia e sensacións de todos determinarán o futuro"
  • 4- "Levo un adestramento. É moi cedo para edtablecer conclusións ou xuicios de valor. Ainda estou conocendo á plantilla. Este domingo temos partido, á parte das baixas que xa había non podremos contar con Bruno por lesión, Alberto por viaxe e Manu e Dani por sanción, polo que teremos que xogar con varios xuveniles cos que ainda non coincidín. De todas formas e vendo os números, o Zas recibe moitos goles en contra, polo que me parece un dos puntos nos que hai que facer máis énfadss á hora de traballar nos entrenos".
  • 5- "Despois deste domingo chega o parón de inverno. Tres semanas para recuperar xente e poder establecer certas premisas de traballo, poder conocernos todos e de maneira máis precisa confeccionar o ou os estilos de xogo máis convintes"
  Repi - adestrador do Malpica Repi, na imaxe co Club do Mar, incorpórase ao Malpica Repi, na imaxe co Club do Mar, incorpórase ao Malpica
  • 1- "Pois a verdade é que non me facía aquí, pero as circunstancias camb ian dun día para outro e non sabes o que te espera. Hai que estar preparado para todo. A prioridade para min é traballar, e se se pode compaxinar co fútbol pois ben. Hai que adestrar menos que noutras categorías e non hai tanta esixencia. Tiña pensado descansar este ano e tomalo con máis calma, pero cada semana que pasaba máis mono tiña e ía ver partidos. Para andar polos campos pois é mellor adestrar e desfrutar co que che gusta, sobre todo cando é o que fixestes toda a túa vida e así é imposible desconectar".
  • 2- "É máis fácil cambiar de adestrador que fichar cinco tíos e modificar as plantillas. É o fácil. A maioría da culpa é da falta de implicación da xente, e cambiar os hábitos é compricadísimo. Fíchaxe xente para ir xogar, sen poder adestrar, e así é moi difícil traballar e ter un resultado. Á mínima cámbiase de adestrador, a veces sae ben, pero a maioría mal porque os protagonistas son os futbolistas, eles deciden ben ou mal. Nós podemos orientalos, darlles información, pero a última decisión a toman eles".
  • 3- "Eu intento a curto prazo axudalos a que mellores individual e colectivamente, para que sexan máis competitivos, positivos… se un traballa atopa a recompensa. Hai que mentalizalos de que ninguén regala nada, borrar da mente o 'non podo' e que sexan honrados no esforzo, que pensen en equipo e que o mellor ten que ser o equipo, non eles".
  • 4- "As categorías están para algo; a nivel físico técnico, táctico e mental teñen moitísimo que mellorar e adestrando pouco e algún apenas nada existen poucas milagras. Pero teño que adaptarme a eles e ás condicións da Segunda Galega, si consigo que mellores un pouco en todo para min xa vale".
  • 5- "Queda moita Liga, temos que pensar en ganar semana a semana, non hai outra. Custará moitísimo se non xogamos ao límite, porque as diferencias son mínimas entre a maioría, e se estamos onde estamos é porque non fixestes mellor as cousas ca os outros. O tempo pon a cada un no seu sitio; a mala sorte existe un día, pero á larga tes que currar moito para conseguir obxectivos altos; nós intentaremos ir sumando cada partido. Logo xa veremos quen queda por enriba".
  Novas relacionadas

Comentarios