Emotividade e competición no Autocross de Arteixo

15:01 22/05/17







As clasificacións finais
En Clase I venceu Tinín Iglesias co seu Peugeot 106 de Tino Racing, por diante de Fran Torres (co Citroen AX de P.A. Arteixo) e Alfonso Cabral (Cun Honda Civic de Rois Perepe Sport). Un Tinín que vencía tamén en Clase II (aquí cun Saxo), e desta volta completaba o podio Miguel Pombo (co Corsa de Máis Motor) e Mario Ríos (cun Seat Ibiza de Rois Perepe Sport). Non fallou o líder da clasificación de carcross, Javier Ramilo (Ya-car Racing), que superou a Maikel Vilarilño (La Base Motor Club) e Pablo García (P.A. Arteixo), no final máis espectacular da fin de semana. Na entrega de trofeos estivo presente toda directiva da escudería organizadora máis motor de Carballo encabezada por Juan Puga acompañados do propio presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, o presidente da Escudaría Peña autocross Arteixo José Castro, e os concelleiros de Carballo, Jesus Lamas (Obras) e Marcos Trigo (Deporte).


Novas relacionadas
- Falece un policía local en Carballo tras ser atropelado nun control de alcoholemia.
- O concello de Carballo e as escudarías Coruña e Máis Motor unen sinerxias para potenciar o circuito de Bértoa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Fotos de José María Suárez.