Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa
Tres empates para os equipos de Zas e todos moi contentos con eles, posto que por un lado en 3ª Nacional o rival do AD Zas Ponciano Nieto é dos que queren ascender. Por outro lado, na 1ª Galega, para O Pinar foi o primeiro punto da liga; e por último para o Construcciones Cernadas foi unha sorpresa que acadase o empate pois no Conxo Ponte de Ferro estaba o equipo de gala.
Houbo tamén derbi costeiro entre Vimianzo e Mazaricos, e decantouse para estes últimos pero como xa se preveía foi moi igualado.
3ª División Nacional, Grupo Noroeste
Xogadores do AD Zas Ponciano Nieto co Breogán Oleiros- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Breogán Oleiros (3-3) (en sets 10-14)
1ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Conxo Ponte de Ferro - AD Zas Construcciones Cernadas (3-3) (en sets 9-9)
Non as tiñan todas consigo os de AD Zas Construcciones Cernadas cando viron os xogadores cos que se ían enfrentar. Fernando Pombo xogou ata este ano 3ª nacional e Fernando Suárez gañara os últimos partidos a Stevo, co cal pintaba máis para un 6-0 que para conseguir algo positivo. Os de Conxo pediron as letras xyz coa idea de ir a por todas pero non contaron que desta vez Stevo non fallou e foi acompañado por una pletórica María Castro, que normalmente xoga en 2ª galega, e cun xogo espeditivo gañou o último partido ante un Daniel Méndez que se veu sorprendido e nada poido facer para evitar un empate que sabe a triunfo para os zasences.
2ª División Galega, Grupo Noroeste
- Resultado: Liceo Noia "E" - AD Zas O Pinar (3-3) (en sets 9-9).
- Resultado: Arteal Ventanas "B" - Santa Comba (6-0) (en sets 18-4).
- Resultado: Vimianzo TM - Concello Mazaricos (2-4) (en sets 9-15).
Primeiro punto o conseguido por O Pinar e ante un rival coas mesmas características que é a de formar xogadores novos e con futuro. Destacou Chiqui por parte dos zasences no seu retorno a competición e aproveitou a veteranía para gañar os seus partidos.
Pola súa banda, cóstaslles aos de Santa Comba gañar partidos e por añadido algún encontro, pero os ánimos non decaen pois saben que está cerca, mentras tanto desfrutan do mellor deporte do mundo.
Ademais, desta vez o derbi comarcal foi para Mazaricos e quizais influiu a presión nos de Vimianzo que se sentían favoritos e non desenrolaron o seu xogo e precipitaronse en moitos puntos que a larga deron a victoria aos visitantes. O primeiro partido foi entre os números un de cada equipo e Adrián sorprendeu a un Alex Blanco, que viña de gañar dous partidos en 1ª galega, pero neste deporte un pouco que te relaxes ou o creas, o contrario aproveita e non perdoa. Ademáis e como xa comentamos a semana pasada Adrián entrena varios días a semana e eso nótase. Queda agora este grupo con seis equipos en so dous puntos de diferencia e todos eles con posibilidades de acadar as prazas de ascenso, entre os que se encontran tanto Vimianzo TM coma Concello de Mazaricos.
Novas relacionadas
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.