![A organización resevou o dorsal numero 1 da 10K para Vanessa Lafuente]()
A organización resevou o dorsal numero 1 da 10K para Vanessa Lafuente
Colgado o cartel de "prazas completas" para a categoría sénior da
#10KCarballo tras esgotarse esta mañá as 1400 prazas dispoñibles. A proba, organizada por Carballo Deporte a través do concello, disputarase o vindeiro domingo ás 11 horas. A poucas horas de que remate o prazo de inscricións, son xa 1935 os inscritos nas distintas categorías desta proba de atletismo.
Segundo publica hoxe La Voz de Galicia na súa edición de Bergantiños, a organización reservou o dorsal número 1 para a carballesa
Vanessa Lafuente que é baixa na competición debido a que aínda se esta á recuperar do accidente de tráfico que sufriu no pasado mes de abril.
II Legua Irmandiña
![II-legua-irmandina]()
Por outra parte, esta noite remata o prazo para inscribirse na II Legua Irmandiña que se disputará este sábado, 18 de xuño, a partir das 21 horas.
Esta carreira popular enmarcase dentro da festa do Asalto ao Castelo, polo que a meta - situada na propia fortaleza vimiancesa - estará ambientada e decorada debidamente. Os interesados ainda poden realizar as súas inscricións nas diferentes categorías a través da
páxina web oficial.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)