Venres. 29.03.2024
El tiempo

Este verán, Dumbría e Zas acollen sendas edicións do DeporCampus

Este verán, Dumbría e Zas acollen sendas edicións do DeporCampus
107 nenos no DeporCampus en Zas 107 nenos participaron no DeporCampus de Zas do ano pasado Depor Campus en Zas e Dumbria Depor Campus en Zas e Dumbria

O ano pasado celebrouse en Zas. Este ano, o Deporcampus 2018 terá dúas sedes costeiras: Zas e Dumbría.

Do 25 ao 29 de xuño a cita será en San Andrés, Zas, onde o pasado disfrutaron dos métodos máis profesionais máis de 100 cativos.

Do 16 ao 20 de xullo, o Conco tinguirase de branquiazul. O Conco e todos aqueles rapaces da Costa da Morte que queiran sentir o orgullo deportivista na súa pel. Así o facían oficial onte Pablo Barros responsable dos Campus do Deportivo, o Presidente do CF Dumbría César Ferrío e o Concelleiro de deportes Raúl González, que fixeron unha presentación nas Instalacións Deportivas do Conco.

Reserva de prazas

Para o campus de Zas tendes de prazo para reservar praza ata o 21 de xuño.

Para o dumbríés xa podes reservar praza para o teu pequeno ata o 12 de xullo en rcdeportivo.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios