Martes. 15.10.2024
El tiempo

Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala

Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala
Eva Lema campiona de Espana ca Selección Galega de Futbol Sala Feminino

Menuda experiencia a de Eva Lema, a porteira costeira do Viaxes Amarelle da máxima categoría do fútbol sala feminino galego, participando no Campionato de España de Seleccións sub-21. A ex do Fisober viaxaba a Murcia ca Selección Galega e volvía cunha medalla de campiona de España, qeu se di pronto.

Eva Lema campiona de España ca Selección Galega de Futbol Sala Feminino

”Experiencia inolvidable e un título máis para as vitrinas”, recoñecía Eva polas redes socias, nas que se acorda, nun día tan especial, de “aquelas persoas coas que tiven a sorte de vivir outra final dun Campeonato de España, o cal non puidemos gañar. Un cachiño de vós estaba comigo aquí”. Falaba Eva daquela finalísima do Campionato de España co Fisober no ano do ascenso á Nacional, na que as vimiancesas quedaron a un paso do título, pero acadaron un gran subcampionato estatal.

Ademais lembrouse de toda a “xente coa que comparto cousas diariamente, familia, amigos, xente coa que xogo, coa que xoguei e xente que está na distancia pero ao mesmo tempo está comigo”. E o máis importante, deu conta dunha frase tan importante para o desenvolvemento persoal: “Os teus límites ponos ti”.

Unha demostración de por que esta tan boa rapaza, natural de Merexo (Muxía), é tan querida por toda a volta (como di o nome do seu equipo: Fisober (Fisterra, Soneira e Bergantiños), por suposto, sendo Vimianzo e Muxía as súas casas!

Dúas claras vitorias

Eva Lema campiona de España ca Selección Galega de Futbol Sala Feminino

Dous partidos e dúas vitorias claras desta Selección Galega que demostrou ser superior aos seus rivais. Foi unha fase final cun claro dominio galego, con dúas vitorias por goleada (na semifinal contra Murcia e na final contra Valencia) amosando unha capacidade goleadora magnífica.

En semis enfrontábase á Murcia, a anfitriona, pero as galegas non tiveron piedade e saíron a morder dende o comezo machando ao rival por 1-7. Eva participou no último tramo do partido cunha actuación máis que correcta.
a outra semifinal Valencia vencía a Catalunya 1-2 na prórroga polo que as galegas tiñan que superar a Valencia na finalísma.

A final foi un partido bastante similar ao do sábado. De novo Galicia puxo o partido de cara gracias a dous tempraneiros goles (de Claudia e Vanessa) que lle permitiron afrontar con bastante tranquilidade o encontro. Manuel Del Castillo volveu a apostar por unha defensa en propio campo e buscar roubos de pelota e contras letais. O traballo defensivo foi perfecto e, ademais, foron capaces de ampliar a distancia cun par de goles máis que deixaban o encontro virtualmente sentenciado.
Non deu opción Manuel Del Castillo a disfrutar da final, a pesar do resultado claro para as galegas, á nosa porteira. Pero aínda así a experiencia foi fantástica para a porteira costeira.

A Selección Galega sub 21 de Fútbol Sala Feminino, campiona de España

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios