Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fantástica experiencia vital de tres xogadoras costeiras no Campionato de España de tenis de mesa

Fantástica experiencia vital de tres xogadoras costeiras no Campionato de España de tenis de mesa
Miriam, Laura e Ana en Valladolid Miriam, Laura e Ana en Valladolid Tres representantes do tenis de mesa soneirán desprazáronse a pasada fin de semana a Valladolid para participar no Torneo Estatal de tenis de mesa, onde se encontraron co mellor de toda España na súa categoría e que de momento cun nivel moi superior ao que existe en Galicia. Así ningunha foi capaz de pasar de grupo, pero non amargou a fantástica experiencia de viaxar e competir a nivel estatal. Laura García na categoría benxamin foi a que mostrou un nivel máis parello ao do resto das participantes pois no seu grupo atopouse con Sofía Couce (subcampioa) e Candela Montero (6ª) e no partido para clasificarse, no grupo, contra Irene Sanchez (8ª, e que ía nº1 de grupo por ranking nacional)) perdiu por 3-2, que de gañalo pasaria ao cadro final. Laura mostra un gran nivel pero está empezando e coa competición mellorará. Gañas non lle faltan. Ana García non foi capaz de gañar un partido no seu grupo, mostrouse moi ansiosa e precipitada por gañar puntos, pero é o seu primeiro ano na categoría e terá tempo para coller pausa e tranquilidade ao momento de xogar. No seu grupo tivo a Ana García (Cataluña) que foi a campioa. Miriam Domínguez si gañou un partido que ao ser tamén neste primeiro ano na categoría pódese considerar satisfeita. No seu grupo estaba Belen Calvo, semifinalista, e co resto estivo cerca ata os puntos finais de cada set. Tanto Ana coma Miriam mostraron gran nivel de xogo pero é que as súas rivais xogan en ligas máis altas (división de honra e superdivisión e iso nótase nos momentos de xogar puntos clave durante os partidos, de momento a diferencia coas que subiron ao podium é moi ampla según viu o entrenador Miguel Rey, temos dous anos para chegar a ese nivel e cos entrenos pode facerse. Este tipo de experiencias sempre son positivas e transmitense ao resto de compañeiros que así aumentan a súa bagaxe no tenis de mesa propio e da comarca. Vindeira xornada Despois do descanso, para algúns, debido ao torneo Estatal, volve a competición ligueira e con verdadeiros platos fortes pois o AD Zas Ponciano NIeto medirase ao lider Arteal e tamén as de 1ª nacional femenina teñen outra concentración no pavillón de Bastiagueiro donde esperan seguir coa súa boa marcha nesta liga. Xa se adiantou algún encontro e adiantase outro para encadrar mellor as numerosas competicións que disputan os nosos deportistas. Despois veremos os resultados de todos eles, que esperamos sexan bos. Estes son os compromisos a disputar- Día 24 de febreiro, sábado 2ª división nacional Arteal – AD Zas Ponciano Nieto, as 17’00 h. en San Lázaro, Santiago 1ª nacional femenina Club Narón – AD Zas Aluminios Xeal, as 11 h. en Oleiros En Boas Mans Fisioterapia – AD Zas Aluminios Xeal, as 16 h. en Oleiros CTM Cidade de Narón – AD Zas Ponciano Nieto, as 18’30 h. en Oleiros   2ª división galega VTM Pinturas Figueiras – Concello de Santa Comba, as 17 h. en Vimianzo Día 25 de febreiro, domingo Oroso TM Hotel Santa Cruz – Concello de Mazaricos, as 10’30 h. en Sigüeiro 2ª división galega As 16'00 h Hípica Coruña - AD Zas Dimobel Bazar Baio, As 18'00 h Hípica Coruña - AD Zas O Pinar. ambos encontros disputaranse nas instalacóns da SD Hípica de A Coruña

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios