Fases Xuvenís: Descólgase o Baio e a Copa mira aos cuartos
Continúan en marcha as Fases Previas da Fase de Ascenso e da Copa da Costa Xuvenil, e a cousa segue aberta. Na Liguilla de Ascenso, aínda quedan 5 semanas, pero a clasificación segue apretada. Foi o Baio o único dos 4 de arriba que perdeu, e permite que o Corcubión, capaz do mellor e do peor, siga soñando con meterse arriba. O Malpica non cede e mantén o liderato, mentres que o Dumbría B e o Cee mantéñense a 2 puntos.
A falta unha xornada para o remate das Previas da Copa, a cousa case está decidida. No Gr.1, Outes e Esteirana quedan fóra dos cuartos, unha vez que o Fisterra leva 3 puntos e ten mellor golaverage que os esteiráns. No Gr.2 é o Muros o que queda fóra, aínda sen puntuar. A última xornada dilucidará as posicións para os cruces.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
Dumbría B - Soneira (3-0)
- DUMBRÍA B: Brais, Yerai (Yerai Cadete, min.55), Denís (Adrián, min.46), Andi, José, Toja, Pereira (Cristian, min.55), Jano, Rodrigo, Mario, Josiño.
- SONEIRA: Víctor, Figueroa, Porto, Pichón, Curra, Robi, Rodri, Canosa, Capote, Richi, Efrein.
- Goles: 1-0, min.10: Rodrigo; 2-0, min.30: Josiño; 3-0, min.60: Mario.
Chegaba xusto o Soneira, con 11 xustos 4 cadetes, ao Conco, e pagouno ante o potente Dumbría B. O comezo foi igualado, e ao golpe inicial de Rodrigo respondeu o Soneira cun balón ao longueiro de Capote. Pero o Soneira non acertaba, e o segundo gol, de Josiño á media hora, case que sentenciou o choque.
Na segunda, o Dumbría tivo numerosas ocasións, mentres o Soneira o intentou cun un par de chegadas máis na estratexia pero Brais salvou cun par de fermosas palomitas. Mario puxo o definitivo 3-0.
Corcubión - Baio (4-2)
- CORCUBIÓN: Abe, Toni, Pablo, Adrián, Iván, Lagoa, Sergio (Javi min.52), Gabi (David min.56), Lema, Manu, Adri (Mario min.83)
- BAIO: Guillermo, Maikel (Pardo, min.50), David, Pablo Jose Manuel (Edgar, min.65), Fachal, Lucas (Marcos, min.65), Silvariño (Martín, min.60), Bieito, Iván.
- Goles: 1-0, min.4: Adri; 1-1, min.23: Bieito; 1-2, min.35: Rafa (descanso); 2-2, min.46: Lema; 3-2, min.86: Toni; 4-2, min.90: Manu.
- Expulsións: o local David (min.77) por encararse cun contrario.
Sorprendía moi pronto o Corcubion a un Baio favorito para lograr as 2 prazas para a fase de ascenso. I é que o Baio, malia desplegar un gran fútbol, non competiu con toda a intensidade necesaria para superar a un Corcubión que cando quere, pode.
O primeiro gol chegaba tras un bo pase de Lema as costas da defensa que Adri manda de vaselina sobre o porteior. Pouco lle ía durar a alegría o Corcubión xa que os goles de Bieito de tiro cruzado e de Rafael puxeron por diante desta vez ao Baio ata chegar o descanso. Tivo aí o partido o Baio, pero os Lucas e Bieito non acertaron diante do meta Abelleira.
Xa na segunda metade o Corcubión nada mais comezar volvía marcar pero desta vez Lema que tras quedar so contra o porteiro, golpea ante a saída deste. Tivo un par de ocasións tanto o Baio como o Corcubión para poñerse por diante, a mais clara un magnífico centro de Manu pola dereita de primeiras que Adri remata de cabeza pero este pega no longueiro e bota na linea de cal. O Corcubión ía quedar cun home menos pola expulsión de David tras encararse e insultar a un rival ao ser empurrado contra as barandas. Seguía intenso o partido con boas ocasións pero non chegarian os goles ate os minutos finais, un corner, que viña dun remate de Javi que foi sacado baixo paus, sacado a unha zona onde Toni completamente só, rematou perfectamente para mandala ao segundo pau onde non podía chegar o porteiro. Co tempo xa rematado, Manu aprobeitou para facelo 4º nunha falta na frontal que foi por fora da barreira pegadiña ao pau. Aínda terían outra os de Alfonso grazas a unha contra de Manu que deixa a Lagoa para que remate e este manda fora cando encaraba ao porteiro.
Camariñas - Cee (1-3)
- CAMARIÑAS: Álvaro (José Luis, min.20), Martín (Carlos, min.65), Diango, Manuel, Santi; Saviola, David, Javi; José Carlos, Nené e Yuyo.
- CEE: Iván, José Ramón, Iago, Tonecho, Martín (Pablo, min.65), Sergiño (Tebo, min.60), Aitor (Rubén, min.55), Carlos (Abraham, min.85), Uri (Jesús, min.80), Lamela, Chiru.
- Goles: 0-1, min.21: José Ramón; 1-1, min.30: Yuyo; 1-2, min.75: Rubén; 1-3, min.91: Pablo.
Bonito encontro entre un Camariñas que demostrou que se quere pode loitar con calquera e un Cee moi serio, traballado e sobre todo, moi eficaz. A primeira metade foi moi igualada e con escasas ocasións de gol. Adiantáronse os ceenses cun gol a saída dunha falta lateral, e empataría máis tarde Yuyo tras unha boa xogada de Nené por banda esquerda.
A segunda metade foi máis aberta e os dous conxuntos buscaron a vitoria, o Cee por necesidade e o Camariñas porque non tiña nada que perder. Tiveron as máis claras os locais por medio de Yuyo, que ata en tres ocasións non foi quen de bater a Iván e que parecía que gardaba os goles para o seguinte día cos maiores. Si acertaría Rubén nos minutos finais, que no man a man con José Luis, que fixo un partidazo, puña por diante aos seus (como curiosidade, foi o mesmo xogador que anotou no partido de ida o 2-1 que daba a vitoria ao Cee e tamén nos minutos finais). Anotaría máis tarde o Cee nunha contra cando o Camariñas buscaba o empate a desesperada.
Malpica - Santa Comba (1-0)
- MALPICA: Víctor Martínez; Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, Martín Maradona, (Almeida, min.78), Eme, Víctor Novo, (Luísma, min.61), Adra, (Quintas, min.87), Camilo.
- SANTA COMBA: Pablo, Cristian, Josito, César, (Fran, min.79), Alberto, Dani, Miguel, Diego Maneiro, Stiven, Iván, Yurdi, (Luís, min.68).
- Gol: 1-0, min.65: Eme tras unha gran xogada de M. Uruguaio.
Tarde tensa en Pedra Queimada cun Santa Comba que prantou cara en todo momento a este potente Malpica. Os xalleiros saíron conscientes da artillería local, e maniataron durante moitos minutos a súa liña atacante. Durante o primeiro tempo os malpicáns levaron o peso pero non tiveron demasiadas ocasións. Tan só un cabezado de Víctor Novo que salvou baixo paos e un remate de Jorge a un córner.
Na segunda o Santa Comba, co vento a favor, tomou o medio campo e a base de xogo e de fortaleza puxo en verdadeiros apretos aos de Piña. pero cando mellor estaban chegou o gol local, tras unha gran contra de M. Uruguaio que cedeu para que Eme certificase o gol da vitoria.
Así, como vén sendo habitual, a eficacia deste Malpica determinante para levar un novo partido e colocarse líderes.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9
Dumbría A - Esteirana (4-2)
- DUMBRÍA A: Chupi (Victor, min.55), Fabián, Samuél, Adrián Ozón, Cristian, Jose, Martín, Javi, Rafa (Ruben, min.80), Israel e Alex Siaba (Blanco, min.65).
- ESTEIRANA: Matías, Diego, Abel, Chus, Pedro, Meco, Codesido, Jacobo, David, Bruno, Eloy.
- Goles: 1-0: Alex Siaba; 2-0: Martín; 2-1: Bruno (descanso); 2-2: David; 3-2 Rafa de penalti; 4-2 Israel.
Con 11 xustos presentábase o cadro esteirán, que non puido contar con cadetes que se xogaron a Fase de Ascenso á Liga Galega de FS. Foi así e todo un partido moi disputado. Na primeira parte parte estivo algo mellor o cadro local, pero a Esteirana espertou a tempo para recurtar antes do descanso. Marcaba David o empate á volta pero o cansanzo fixo mella nos de Diego e o cadro de Pablo Conde tirou de potencia para levar o partido.
A Esteirana xa pensa no ano que vén, no que ademais dos cadetes que pasan de categoría, conta con varias fichaxes, para preparar un completo proxecto a tres anos.
Coristanco - Outes (1-0)
- CORISTANCO: Nacho, Suárez, Corral, Martínez, Pichel, Damián, Daniel, Rubén, Magovi, Federico, Gonzalo. Non xogaron: Fondo, Manuel, Mosquera.
- OUTES: Jona, Jurado, Pablo (Mosto, min.73), Juan, Piti, Maduro (Pedrosa, min.69), Sergi (Alex, min.81), Edu, Babu e Elías (Abraham, min.59)
- Gol: 1-0, min.51: Federico tras rexeite dentro da área e o balón acaba tocando nas costa de Pablo e entra.
Traballada vitoria do Coristanco nun partido de poder a poder, con moita pelexa por ambos bandos, nun choque que puido perfectamente rematar en empate.
O Outes estivo mellor no primeiro tempo, pero non estivo acertado arriba. Tralo descanso, igualouse a contenda cun par de cambios de posición dos de Julio. E aos 5 minutos Federico asinou un tanto tras varios rexeites á saída dun córner. A partir de aí o Coristanco aguantou como puido o resultado, e no último cuarto de hora puido caer tanto o segundo dos locais coma o empate.
Zas - Fisterra (3-6)
- ZAS: Miki (Tívoli), Josito (Alberto), Quintáns, Amado, Gonchi (Busto), Ismael, Pablo, Pastor, Víctor, Oliver, Kevin.
- FISTERRA: Angel, Roberto, Juan, Rubén, Javi, Hidalgo, Noé, Champi, Gonzalo, Bruno, Manuel. Tamén xogaron: Chiki, Jose Manuel, Gabriel, Miguel.
- Goles: 0-1: Manuel; 0-2: Champi; 0-3: Manuel (descanso); 1-3: Amado; 2-3: Pablo; 2-4: Noé; 2-5: Manuel; 2-6: Champi de penalti; 3-6: Pastor.
- Expulsión: o zaense Tívoli por un penalti nada máis saír.
Sorprendente derrota do Zas ante un Fisterra que ofreceu a súa mellor cara. Pola conta, o Zas, con 7 xogadores (Ismael, Oliver, Pablo, Pastor, Kevin, Quintáns, Amado) aguantando o tipo nos maiores, estivo moi mal na primeira metade, permitindo un claro dominio dos fisterráns, que marcharon ao descanso con 3-0.
Sen embargo entraron os locais durmindo na segunda e dous balons colgados a área puxeron o 2-3 en 10 minutos. O Zas ía a por todas pero nun par de contras o Fisterra sentenciou o partido. A partir de aí, o partido baixou en intensidade e deixouse levar.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9
Ponteceso - Cabana (1-0)
- PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Lorenzo, Jorge, Joseph, Dani Cotelo, Recarey, Puente,Iago, Cristian, Fabián. Tamén xogou, Jonathan, Eloy Campo, Mendieta, Diego.
- CABANA: Sergio Aranzubía, Alex García (Ismael, min.65), Duda, Mato, Dani, Samuel (Alex Castro, min.50), Alessandro (Francés, min.60), Pablo, Baliña (Redondo, min.55), Moreno, Iván Mato.
- Gol: 1-0, min.60: Dani Valle.
Derbi intenso, reñido pero limpo, con sino de empate, o vivido no Pinguel entre dous equipos que teñen un pique continuo. E desta volta foi o Ponteceso quen levou a vitoria ao estar máis acertado cara gol. O Ponteceso prantexou, por unha vez, o partido dende abaixo, pero aos 15 minutos xa cambiou e subíu liñas pois non conseguía controlar o medio campo.
O Cabana, un equipo máis forte, non se amilanou e tivo boas ocasións, e ademais protestou un gol anulado por suposto fóra de xogo. Continuaba o partido de ida e volta, con ocasións para os dous, un pao para cada bando, Alessandro polo bando cabanés, pero era Dani Valle o que metía aos locais por diante.
Os últimos 15 minutos foron de continuo acoso cabanés que fixeron sufrir aos pontecesáns. Dúas ou tres contras no final puido significar o empate pero non estiveron finos os Iván Mato ou Moreno.
Mazaricos - Muros (5-1)
- MAZARICOS: Rubén (Iván, min.60), Fran, Javier, Mipadre (Carballo, min.80), José Ángel, José, Oreiro, Ferreiro, Sandelo, Alberto (Carreira, min.70), Molinos.
- MUROS:
- Goles: 1-0, min.30: Oreiro; 2-0, min.50: Oreiro; 3-0, min.55: Molinos; 4-0, min.57: José Ángel; 4-1, min.65: ; 5-1, min.80: Oreiro.
- Expulsión: o mazaricán Molinos no min.70.
Partido sen historia, controlado dende o primeiro momento, pero ao descanso só marchaba cunha diferncia de 1-0, pois mentres lle duran as forzas, os novos xogadores de Nieto o intentan a base de garra e con algún que outro balón colgado.
O Mazaricos mantiña a posesión e non tivo nin permitiu ocasións no primeiro tempo. Pero varios erros defensivos ao comezo da segunda macharon ao Muros.
Corme Descansou
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Seguen vivas as loitas polo liderato e pola 6ª praza.
- 2ª Autonómica: O Nantón afunde.
- 1ª Autonómica: O Cee di adeus á categoría.
- Preferente: Só o Santa Comba supera unha xornada complexa.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta e no fútbol sala.
Nova relacionadas
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Barrido de Torneos futboleiros na Costa da Morte.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez, De la Sierra, blog do Malpica e Luís E. Porto, Roco, Pablo Conde.