Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: Unha liga interesante e dúas Copas mortas

Fases Xuvenís: Unha liga interesante e dúas Copas mortas

Tremendamente interesante está Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. E sen embargo, a Copa da Costa Xuvenil parece algo morta. Os equipos non acaban de esforzarse e hai unha aparente deixadez e unhas sorprentes gañas de que remate xa a Liga.

Sen embargo, como dicimos a Liguilla de Ascenso está tremendamente igualada. 4 equipos en 2 puntos e un Santa Comba que non tira a toalla como demostrou esta xornada ante o Cee. Líderes seguen o Dumbría B e o Baio, cun punto de vantaxe sobre o Malpica e 2 sobre o Cee. O Santa Comba queda a 7 puntos dos primeiros e seguro que aínda dá guerra.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Soneira - Baio (0-2)

  • SONEIRA: Víctor, Rubén, Manuel Cadete (Toja, min.65), Héctor, Fabian, Cachi, Borja (Efrain, min.80), Cristian Canosa, Picachu, Curra e Capote.
  • BAIO: Poyo, Maikel, David (David), Pablo, José Manuel, Lucas (Cristian), Fachal, Rafa, Silvariño (Marcos), Iván, Martín (Pardo).
  • Goles: 0-1, min.25: José Manuel; 0-2, min.75: Iván.
  • Expulsión: Mikael min.30.

Partido marcado polas numerosas e importantes baixas de ámbolos equipos no que o Baio aproveitou ben os erros defensivos dos locais para levarse 3 puntos que o manteñen igualado no liderado co Dumbría B e na loita polos dous postos de dan lugar ao playoff de ascenso.

Así e todo, foi un partido bastante bonito, cun Baio que segue a practicar bo fútbol e mesmo, malia estar con 10 homes durante máis dunha hora seguiu combinando. Na segunda baixou algo fisicamente o Soneira.

Dumbría B - Camariñas (7-1)

  • DUMBRÍA B: Brais, Rober, Isma, Denís, Andy, Martín Toja, Pereira, Alcaina, Rodrigo, José, Nano. Tamén xogaron: Jose Castro, Bruno, Abel, Kevin.
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Santi, Manuel, Diango, Ismael, Martín, Gatusso, Carliños (Martín Camelle, min.55), Saviola, Javi e Nené.
  • Goles: 1-0: José. 2-0: Rodrigo. (descanso). 3-0: José. 4-0: Rodrigo. 5-1: Martín. 6-1: José. 7-1: José.

Chegaba un decaído Camariñas con innumerables baixas ao Conco, con tan só doce xogadores e entre eles catro cadetes, e iso ante un rival que aspira a todo como o Dumbría B fixo que o resultado acabase así de desigualado. Aínda así deron a cara os camariñáns ante, eso sí, un superior Dumbría B.
Así pois, quedaron claras as aspiracións de ámbolos dous conxuntos, cun conxunto de Ángel Canosa que segue no alto da táboa, e un conxunto camariñán que intentará dar a mellor imaxe posible no que queda de campaña.

Cómpre destacar os 5 goles de José para os dumbrieses.

Santa Comba - Cee (2-2)

  • SANTA COMBA: Pablo, Landeira (Franco, min.75), Cesar, Javi, Recarey, Dani, Marcos, Diego (Pazos, min.70), Steven, Pastoriza, Suárez (Fabio, min.66).
  • CEE: Iván, José Ramón, Martin, Aitor, Rubén, Tebo, Lamela, Uri (Jesús, min.84), Pablo, Sergio, Chiru (Carlos, min.62).
  • Goles: 1-0, min.50: Marcos á saída dun córner; 1-1, min.55: Lamela: 1-2, min.65: Pablo; 2-2, min.85: Diego.
  • Expulsión: Landeira nos intres finais.

Partido tenso o disputado en Castriz entre un Cee que segue arriba de todo e un Santa Comba que non se dá por eliminado da fase de ascenso. Comezaba o choque con máis intensidade que xogo, e apenas houbo chegadas de perigo. O Santa Comba estaba moi ben prantado, controlando ben as armas ceenses, e o Cee non podía pasar a liña defensiva, que se empregaba con forza.

Co 0-0 acabou a primeira metade. A segunda comezou co tanto dos de Huelvis a balón parado. Adiantou liñas José Carlos e foi definitivamente polo partido. Lamela conseguía rápido o empate e sen tempo a dixerilo e aproveitando a voráxine, Pablo facía o segundo tras unha boa xogada trenzada dos ceense.

Pero tivo capacidade de reacción o Santa Comba e sacouse a presión para intentar acadar o empate. Antes de conseguilo o Cee protestaría unha xogada na que Rubén recibe un susposto cobadazo dentro da área, pero o colexiado non pitou, e de contado Diego faría o definitivo empate que deixa ao Cee a 2 puntos do liderato, e ao Santa Comba aínda con posibilidades de meterse entre os dous primeiros.

Malpica - Corcubión (8-0)

  • MALPICA: Jesús; (Victor Martinez, min.73), Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Joro, Luisma (Diego, min.67), Juny (Víctor Novo, min.71), Quintas, Martín Maradona (Almeida, min.65), Adra, Camilo (Miguel Ángel, min. 83)
  • CORCUBIÓN: Yago; Adrian, Ivan, Pichín, Pablo, Piri, Mario, Abe, Manu, Lema, Adri.
  • Goles: 1-0, min.30: Quintas tras un tiro de M. Maradona ao longueiro; 2-0, min.35: Adra dende 55 metros. 3-0, min.40: M. Maradona tras unha bonita xogada entre Adra e Juny. 4-0, min.50: Juny de tiro raso tras un bo pase de Adra; 5-0, min.65: Camilo a pase de M. Uruguaio. 6-0, min.65: Almeida tras un corner. 7-0, min.77: Quintas dende 30 metros. 8-0, min.87: Víctor Novo a pase de Adra.
  • Lesión: o corcubionés Adri cun problema nun xeonllo.

Demasiada diferencia entre este potente Malpica e un Corcubión tremendamente mermado, con 11 xogadores, entre eles un porteiro facendo de mediocampista, e ademais quedaron con 10 no min.65 trala lesión de Adri.

Os malpicáns non tiveron piedade e demostraron, unha vez máis a súa pegada. Os Quintas, Adra, M. Maradona, Juny, Camilo, Víctor Novo ou M. Uruaguaio asinaron tantos de calidade, destacando o de 55 metros de Adra sorprendendo ao meta corcubionés.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 5

Dumbría - Outes (2-0)

  • DUMBRÍA A: Chupi, Fabián (Cristian, min.70), Samuel, Adrián Ozón, Dito, Jose, Javi (Blanco, min.62), Marco (Martín, min.50), Rafa (Lucas, min.62), Israel e Alex Siaba (Rubén, min.80).
  • OUTES: Jona, Jurado (Pedrosa, min.77), Rafa, Pablo, Pablo, Alex, Piti, Maduro (Mosto, min.69), Pesi (Juan, min.46), Elías, Babu e Edu.
  • Goles: 1-0, min.60: Alex; 2-0, min.72: Alex.

Partido sen demasiada intensidade, que non se decidiu ata o ecuador do segundo tempo cando un arreón local, con Álex á cabeza, permitiu aos locais levar o partido e igualar a parte baixa do grupo.

Coristanco - Fisterra (3-2)

  • CORISTANCO: Nacho, Corral (Adrián), Varela (Manuel), Martínez, Pichel, Fede, Damián, Dani (Iván), Gonzalo, Magovi, Rubén (Cristian).
  • FISTERRA: Ángel, Miguel, Juan, Javi, Roberto, Hidalgo, Rubén (José Manuel, min.80), Champi, Manuel, Cristian (Iski, min.80), Gonzalo (Cartamil, min.40).
  • Goles: 1-0, min.25: Gonzalo; 2-0, min.30: Gonzalo; 2-1, min.40: Manuel; 3-1, min.55: Magovi; 3-2, min.80: Manuel nunha xogada individual.

Partido bastante cómodo para os de Lorenzo que se aproveitaron do peor partido dos fisterrán en toda a tempada, con 3 erros flagrantes atrás que permitiron aos de Lorenzo asinar os dous primeiros tantos. A partir de aí os locais controlaron o partido, presionaron moi ben e recuperaron moitos balóns, puidendo marcar máis goles. Fallaron ocasións os Magovi (un gol anulado por un suposto fóra de xogo tras un tiro rexeitado polo poste), Gonzalo e Damián que tamén enviou ao longueiro. Pola contra, o porteiro local Nacho fixo só unha parada destacable.

Os coristanqueses deron a despedida a Varela, que fichou polo Ural. O cadro coruñés leva ademais ao infantil Cristian.

Zas - Esteirana (8-2)

  • ZAS: Tivoli, Josito, Amado, Ramon (Rony, min.46), Oliver (Tomás), Ismael, Quintáns, Adrián, Víctor (Gonchi, min.65), Ismael, Pastor (Iago, min.65),
  • ESTEIRANA: Matías (Marcos, min.65), Pedro, Racha, Abel, Chus, Meco, Jose (Ruso, min.46), Bruno, Adrián (Eloy, min.55), Mitri (Fojete, min.75), David.
  • Goles: 1-0, min.1: Adrián; 1-1, min.5: Mitri de falta directa; 2-1, min.30: Víctor de penalti; 3-1, min.40: Ismael; 4-1: Víctor; 5-1: Rony; 6-1: Pastor; 7-1: Amado; 7-2: Mitri dende o borde; 8-2: Josito.

Aguantou a Esteirana a primeira metade, que foi bastante igualada. O gol inicial de Adrián foi respondido rápido polo cadete Mitri, que leva xa 47 goles nos cadetes, e onte foi do pouco destacable dos esteiráns.

Pero os dous goles antes do descanso do Zas fixeron que os visitantes baixaran os brazos e se deixaran levar na segunda, para disfrute dos de Corredoira e Luís Castro.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 5

Corme - Cabana (1-2)

  • CORME: Javi, Sergio (Iván, min.60), Alejo, Koeman, Alberto, Antonio, Jorge, Eloy Vidal (Fran, min.20), Brais, Dani, Juanma (Eloy Castro, min.80).
  • CABANA: Sergio Fariña, Valiña (Miki, min.70), Iván Castro, Alex Mato, Dani Mato, Pablo, Aless, Diego, Eliseo, Cristian (Alex García, min.5), Iván Mato.
  • Goles: 0-1, min.55: Valiña; 1-1, min.75: Fran; 1-2, min.80: Miki.
  • Lesión: Eloy Vidal rompeu a clavícula e xa foi operado esta mañá de martes con normalidade.

Apretou o Corme ao potente Cabana ata o final. Acabou con 0-0 a primeira metade cun lixeiro dominio do cadro cabanés. Adiantouse de feito o equipo visitante pero Fran respondeu no ecuador da segunda igualando o partido. Foi clave a volta de Miki aos terreos de xogo despois dun par de meses, e asinou o tanto da vitoria cabanesa.

Ponteceso - Muros (11-0)

  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle (Dani Cotelo, min.60), Guille (Diego de Tallo, min.50), Joseph (Alberto Recarey, min.65), Cristian (Puente, min.50), Jorge, Jonhatan (Fabián, min.55), Lorenzo, Iago, Eloy, Borja.
  • MUROS: Trozo, Santi de Pura (Iván, min.46), Malaca, Javi Pacola, Diego, Alberto, Adrián, Santi Berberecho (Dieguiño, min.30), Marcos, Moncho, Sergio (Damián, min.46).
  • Goles: Cristian (5), Puente (2), Borja, Eloy (2), Iago.

Partido sen historia no Pinguel entreun Ponteceso que practicou un bo fútbol combinando e combinando ante un mermado Muros. Un Muros que ademais viviu novas faltas de disciplina no campo e Nieto tivo que substituir a Santi Berberecho á media hora.

Cómpre destacar a actuación de Iago, cadete pontecesán, que foi o mellor do partido e asinou un tanto.

Mazaricos - Descansa

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios