Félix non seguirá no Baio para a próxima tempada

A xunta directiva do CD Baio vén de comunicar que o adestrador Félix García Raposo e o preparador físico Efrén Rodríguez non seguirán no C.D. Baio a próxima temporada, e despediranse deste club unha vez remate a presente Copa da Costa, que afronta esta fin de semana a ida dos Oitavos, onde o cadro baiés se enfronta a todo un XSC.

Ambas partes consideran que despois de tres temporadas se cumpre un ciclo no que o club tivo unha enorme progresión a nivel deportivo, co ascenso desde a 2ª Autonómica á 1ª, e logo dúas magníficas campañas nesta categoría, acadando uns sorprendentes 6º e 4º posto.

Deixa Félix deixando claro de que se poden facer as cousas ben nos bancos do Fútbol da Costa, dando conta da nova fornada de adestradores que están reafirmando as nosas ligas como referencia. Ademais do señorío por bandeira, o equipo asombou pola súa aposta polo fútbol combinativo e as oportunidades á xente nova e comprometida, xente da casa, un dos valores que permanecerá no equipo moitos anos, que peremitíu unir o club e o equipo ca afección branquiazul.

Desde o C.D. Baio queren agradecerlles o traballo realizado nestas tres temporadas que estiveron con eles e desexarlles toda a sorte do mundo na súa carreira, que ha de ser exitosa sen lugar a ningunha dúbida.

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).