Rivais para os nosos 5 equipos das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas


Xa se celebrou o sorteo das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas que quedarán sempre actualizadas en www.copadacosta.com. Os 5 equipos costeiros terán que superar 2 eliminatorias. A primeira, ante o campión da Coruña, sería xa esta fin de semana, en horario oficial, o venres 15 ás 18:00 domingo 17 ás 11:00h.
Se pasa as dúas primeiras eliminatorias xa ascenderían, se fallan na primeira poden ir á repesca. Mentres que os segundos, Os Miúdos xuvenís e o Cabana Cadete, non arrincan ata ao 23 de maio, e terán que superar varias eliminatorias.
En Xuvenís, o Dumbría, como campión, terá que superar ao Cerceda, o venres ás 18:00 en Cerceda, e a volta no Conco. Se pasa o Dumbría xoga co Unión de Asados, a semana vindeira. E se non pasa o Dumbría toca co Bastabales e tería que superar dúas eliminatorias.
Os Miúdos, como segundo, terá que enfrontarse ao Betanzos, e se pasa, ao vencedor do Ciudad Jardín - Calasanz.
En Cadetes, ao Corme tocoulle o Rayo Sadense. Se gaña tocaría contra o Racing de Ferrol B, e se perde co Abanqueiro.
Pola súa banda, o Cabana, segundo, terán que superar ao Palas e despois ao gañador do Ordes-Cabana.
Xa en Infantís, só temos unha baza, a do XSC que terá que xogar co Montañeros, 15 e 17. Se gañan ao Montañeros, toca Eume, e se perde, tocaría co Fátima.
Moita sorte aos nosos, esperemos que ascendan alomenos un par de equipos para equilibrar os dous descensos que sufrimos este curso, do Dumbría Infantil e do XSC cadete.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).