Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FSF: As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica

FSF: As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica
Myrella co Fisober Myrella co Fisober banner-semaforo-fisterra O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB

Completa a xornada para os equipos costeiros do FSF. E comezamos o repaso pola 2ª Estatal. No Gr.I, o Fisober baixa ata a 8ª praza trala derrota en Dumbría ante o Ribamontán, mentres que o Viaxes Amarelle de Patri durme esta semana no liderato do Gr.IV.

Xa na Liga Galega, as rapazas do Vila de Cee estreaban en Santiago o taboleiro de vitorias na Liga Galega, e ascenden posicións. Os que xa se están acostumando a gañar con solvencia son os seus compañeiros do Vila de Cee masculino, que trala 3ª vitoria consecutiva xa están 4º a 2 puntos do 2º, pero lonxe dun intratable Sport Sala Culleredo.

Na Liga Provincial o Concello de Ponteceso FSF sumaba un puntiño moi válido, pois leva un complicado comezo de liga enfrontándose aos aspirantes ao título e conseguindo sumar en todos os choques. As que non sumaron aínda son as rapazas do Atletes, pero esta semana seguro que suben de nivel coas novas incorporacións e a volta das xogadoras lesionadas.

 

2ª División Femenina – Grupo I, xornada 5

Barbara cambioou o Atletes polo Fisober Bárbara cambiou este ano o Atletes polo Fisober
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – RIBAMONTÁN AL MAR (0-4).
  • Fisober: Lía, Ana, Paula Fandiño, Mai, Inés; Tamén xogaron: Bárbara, Noe, Myrella, Leti.
  • Goles: 0-1 min. 2 Miri, 0-2 min. 10 Lorena, 0-3 min. 20 Leti, (descanso), 0-4 min. 30 Isa.
Leti co Fisober Leti co Fisober

O equipo cántabro do Ribatomán puido coas costeiras nun choque con bastante público no Conco. O do sábado foi un deses días para o Fisober na que as cousas ou non saen ou se fan mal, sobre todo na faceta defensiva. Partido de moitos erros das costeiras que si se xunta cun gran rival coma o cántabro, fai que caeran de forma xusta e clara.

Non podían comezar peor as cousas para o Fisober xa que con apenas un minuto xogado, chegaba o cero un a favor das cántabras obra de Miri. Foi a sinal de cómo ía ser o partido e como finalmente foi. As visitantes controlaban o partido e tiñan as ocasións que fixeron que Lía na portería se mostrase como a xogadora máis segura das locais evitando algún que outro gol. Mediada esta primeira metade foi a visitante Lorena a que puxo o cero a dous no electrónico. Ese gol poñía moi costa arriba o partido para o Fisober.
Aos doce minutos chegou a mellor ocasión das costeiras e que quizais as puido meter no partido. Cun lanzamento de Paula Fandiño ao poste e no posterior rexeite tampouco foi quen de materializala. Pero non cambiou o rumbo do partido o dominio seguiu a ser visitante. Quen a nove segundos do fin da primeira metade fixeron o 0 a 3 obra de Leti.

Na segunda metade pareceu saír algo mellor o Fisober que polo menos non recibía tantas ocasións en contra e non sufría tanto. Chegándose ao minuto dez Isa facía o cero a catro que finalmente foi definitivo. Dende ese momento o Fisober decidiu adiantar a Leti e mesturar xogo de 5 con ataque habitual. Polo menos as costeiras acadaron cambiar o guión do partido e ter algunha que outra oportunidade. Pero o resultado xa non cambiou e os puntos viaxaron para Cantabria de forma xusta.

A vindeira xornada toca viaxar a Ordizia en terras de Euskadi, un rival que non se lles dá nada ben as costeiras xa que nas catro veces que se enfrontaron sempre resultaron gañadoras as vascas.

 

Liga Galega Feminina, xornada 4

As rapazas do Vila de Cee mercan en MaisDeporte As rapazas do Vila de Cee mercan en MaisDeporte
  • Resultado: Santiago Futsal - F.S.F. Villa de Cee (2-5)
  • FSF Vila de Cee O Semáforo: Vanesa, Tati, Adriana, María Dumbría e Paula Trinidad,. Participando tamén: Goreti, María Lijó, Andrea, Marta e Serena.

Viaxaron as rapazas de Juan Jesús a Santiago, a fin de xogar contra o Santigao Futsal, un dos equipos necesitados do triunfo, que igual que as ceenses aínda non se estrearan nesta nova categoría, un choque que permitiu a Primeira vitoria das ceenses na competición autonómica.

Comenzaron bastante nerviosas as costeiras, que non conseguían dominar o xogo, aínda así cas boas intervencións de Vanesa e cunha Tati espectacular conseguiron adiantarse no marcador cun 2-0, ambos goles obra de Tati, que estaba impresionante. Xa na segunda parte repítese o guión da primeira parte, sen facer un bo xogo as Ceenses conseguín marcar de novo, obra de Tati o terceiro gol e o cuarto de Adriana, xa cara os últimos minutos as Santiaguesas saíndo de 5 conseguen marcar por dúas veces quedando definitivo o 2-4.

As Estrelas nesta ocasión son: 3* Tati, partidazo cunha triplete de goles, 2* Vanesa un muro na portería, 1* Serena.

O sábado 29 de outubro volve o FS completo a Cee, con choque ás 17:00h do cadro feminino contra o Poio Pescamar e ás 19:00h do masculino contra o Multiópticas Fagin F.S. de Brion.

 

Liga Galega Masculina, xornada 6

  • Resultado: Lasso CD - Vila de Cee FSF (2-9)
  • FSF Villa de Cee: Bruno , Perce, Rober, Miguelon, Jose Antonio. Oarticipando tamén Marroco, Pablo, Mario, Santi e Aitor.

Seguen sumando os de Llopis, xa acostumados a gañar. Despois da longa viaxea ata Sarria os ceenses comenzaron o partido motivadisimos, sen dar opción algunha ó Lasso, chegando a finalizar a primeira parte cun contendente 1-6, marcando Rober e Pablo 2 goles cada un, Mario e Miguelón. Xa na 2º parte os Ceenses baixaron o ritmo e aínda asi marcaron Miguelón, Mario e Aitor, finalizando o partido cun 2-9. As estrelas esta semana son 3* Rober, 2* Pablo e 1* Miguelón.

O sábado 29 de outubro volve o FS completo a Cee, con choque ás 17:00h do cadro feminino contra o Poio Pescamar e ás 19:00h do masculino contra o Multiópticas Fagin F.S. de Brion.

 

Liga Provincial Feminina, xornada 4

  • Resultado: A.D. Atletes FSF - Ventorrillo Bodega O Rincón (1-5)
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Julia; Martina (1); Alba; Antía; Ana; Sara.

Aínda que o resultado non o indica, vai mellorando este Atletes, ao que segue arroupando unha entregada afección, e que esta semana incorporará dúas xogadoras que, sen dúbida van a facer mellorar un pouco o equipo.

O choque do pasado sábado disputado no Pavillón Municipal de Esteiro, comezaba cunha gran acción entre Ana e Martina que abría o marcador. Boa estrea de Martina no Atletes, que ademais foi a súa mellor xogadora neste partido no seu debut.

Pero Ventorrillo, mellor equipo, facíase pronto dono do partido, e no minuto cinco, empata o partido Yésica, dun forte disparo. Dominaban as da Coruña, e no minuto 16 a súa mellor xogadora, Isabel adianta o Ventorrillo, poñendo o 2 a 1 no marcador. As coruñesas apretan e o Atletes non e capaz de conter os avances das contrarias. No minuto 19 marca o 3 a 1 de novo Isabel. Con este marcador vaise o descanso.

Na segunda foi foi un dominio constante do Ventorrillo. Algunhas intentonas de Alba logran chegar por dúas veces a portería das coruñesas, pero sen moito perigo Terminando o partido, no minuto 18 marca de novo Isabel e no último minuto, esta misma xogadora pon o definitivo 5 a 1 no casilleiro.
A mellor do partido, a herculina Isabel. E polo o Atletes, sobre todas, Martina, con sacrificio clase e control, e tamén hai que destacar o traballo de Alba, moi loitadora, e de Ana.

 

Liga Provincial Feminina, xornada 4

  • Resultado: Ponteceso FSF - SD A Baña (3-3)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, María, Verónica e Sandra - tamén xogaron - Nuria e Martina.
  • Goles: Martina, María, Verónica no Ponteceso. Ana (p.p), Elsa e María no A Baña.

Bonito e intenso o encontro vivido a tarde do sábado en Ponteceso. Comezarían o partido con ganas as visitantes e Nuria xa probaba cun tiro lonxano no primeiro minuto. A intensidade nos primeiros intres fixeron que conseguisen o primeiro tanto do encontro tras un saque de banda no minuto 3. As pontecesanas intentaban saír co balón xogado de atrás, pero a presión arriba das de A Baña complicáballes o xogo.
Co paso dos minutos comezaba a chegar o Ponteceso, tanto con xogadas combinadas como con individuais, pero sen conseguir o gol. Ana tiña a primeira ocasión clara tras unha boa xogada do equipo, pero o balón sairía desviado. Chegaría o gol do empate un minuto despois, cando Martina tira desde lonxe tras un roubo de balón no medio campo, conseguindo batir á porteira rival.

Tralo gol virían os mellores minutos das pondalianas na primeira metade, chegando máis á portería. Ana, cun roubo no medio campo, avanza con xogada individual e consigue levar á defensa e pasarlla a Martina, que remata contra a porteira.
Nos últimos dous minutos gozarían dun par de ocasións as visitantes, pero sen perigo para Melani. María probaba para as locais tras unha xogada individual, pero o balón sería desviado pola meta bañense, co que chegarían ó descanso co 1-1 no marcador.

Saían dos vestiarios xa enchufadas as xogadoras de Curro e María probaba xa no primeiro minuto cun tiro de fóra da área. Sería ela a que poñería o segundo no luminoso para o Ponteceso tras un pase de Sandra ó medio da área. Estaba ben en defensa o Ponteceso e probaban de lonxe as da Baña, pero nun erro de marcas chegou o segundo das visitantes. A pesar do gol en contra, seguían saíndo ben en ataque as pontecesanas e, tras dúas xogadas individuais de María, que consegue atravesar o campo índose de toda a defensa rival, Verónica logra batir á porteira, que sae tarde e o balón entra por debaixo das pernas.
Quedaban 4 minutos para o remate e chegarìa a polémica do partido, cando nun saque de banda directo do S.D A Baña o colexiado sinala gol a favor das visitantes, con todo o equipo pondaliano protestando a decisión pois cren que o balón non tocara en ninguén antes de entrar. Os últimos minutos serían de infarto, cos dous equipos tendo ocasións e dándoo todo na pista, pero non se movería o marcador e remataría o encontro co 3-3.

 

2ª División Femenina – Grupo IV, xornada 5

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CD Segovia (3-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Dolo, Patri, Lago, María Gómez (cinco inicial), Sheila, Martita, Alba, Laura Tesouro, Carmen (portera suplente).
  • Goles: 0-1 Dolo (min. 1); 0-2 Lago (min. 8); 0-3 Lago (min. 9); 0-4 Lago (min. 9); 1-4 Carmen (min. 28); 2-4 Leire (min. 32); 3-4 Leire (min. 38).

O Viaxes Amarelle FSF durme líder esta semana do Grupo IV da Segunda División (empatadas co Colmenarejo e Soto del Real) logo de impoñerse por un axustado 3-4 sobre o CD Segovia Futsal, nun partido que foi de máis a menos para as herculinas, que tras poñer un parcial de 0-4 nos primeiros dez minutos de partido, acabaron o partido sufrindo por non perder os tres puntos.

A nota negativa do partido foi a lesión de Laura Tesouro, que nun lance do partido ao saltar a por un balón dividido chocou coa contraria, sendo o seu primeiro diagnóstico unha posible fractura de nariz.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios