Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para comezar o ano

FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para comezar o ano
O FSF Villa de Cee campionas de inverno da Liga Provincial O FSF Villa de Cee, campionas de inverno da Liga Provincial

Cun ollo na I Copa da Costa de FSF, que terá lugar o vindeiro domingo en Corme, os equipos de Fútbol Sala Feminino retornaron ás competicións ligueiras tralo longo parón navideño, pechando a primeira volta.

Desputaba o Fisober o último partido da primeira volta tralo parón e volveu acadar a vitoria tanto como local, coma en Liga despois dunha xeira de malos resultados, nun partido espeso ante o Leis. Queda o Fisober a só 9 do liderado, con aínda esperanzas de que na segunda volta se poidan recuperar os postos de arriba.

Na Liga Provincial, vitoria clave do Vila de Cee no último partido da primeira volta e primeiro partido do ano 2016, contra o seu inmediato seguidor na táboa, o Troula Betanzos FS. Unha vitoria (o Vila de Cee remata líder sen coñecer a derrota) que deixa ás betanceiras a 9 puntos, o que supón que o ascenso está moi de cara. "Nós imos polo ascenso e non o deixaremos pasar" asegurouno un ilusionadísimo míster Juan Jesús.

Polo demais, o Ponteceso puido ter adiantado ao Troula pero non pasou do empate ante o Ártabras, outro dos equipos que forman o nutrido grupo perseguidor do liderado, pois se Ponteceso e Troula teñen 22 puntos, outros 4 puntos están nun pano. En todo caso, quedan intactas as súas opcións de ascenso.

As que deron un paso adiante de xigante foron as do Atletes Esteiro, que nun partido épico conseguiron a súa primeira vitoria ante un rival superior. Espectacular a mellora das rapazas de Paco dende comezo de tempada.

E ademais, os mozos do Vila de Cee, con Fran Toba estreando o banco, sumaron unha contundente vitoria en Curtis, quedando 5º a 2 puntos da 2ª praza da Liga Provincial.

Liga Provincial Autonómica, xornada 15

Ana co Fisober Ana co Fisober
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – LEIS MARCÓN F.S. (5-0).
  • FISOBER: Leti, Laura, Ana, Noe e Tamara; tamén xogaron : Inés, Andrea Piroja, Ale , Nuriña.
  • Goles: 1-0 Noe, 2-0 Inés, (descanso), 3-0 Inés, 4-0 Nuriña, 5-0 Nuriña.
Ale-Andrea co Fisober Ale e Andrea co Fisober

Tanto as locais do Fisober coma as xoves xogadoras do filial do Leis-Marcón querían tentalo e desentumecerse do parón das festas de Nadal nos primeiros minutos. Primeiro pegou o conxunto local cunha ocasión para Laura. Case de seguido foi a visitante Eli quen mandou un lanzamento lonxano a trabe.
Aos tres minutos a costeira Noe poñía ó Fisober en vantaxe cun tiro cruzado. E pouco despois os seis minutos era Inés quen nunha contra facía o segundo gol local. Non se rendían as visitantes quen os once minutos nunha embarullada xogada despois dun saque de esquina vían como Elisa mandaba o pau o seu remate. A local Noe non quería ser menos e tamén se topaba co pau os trece minutos. O resultado xa non se moveu e co dous a cero chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios pouco cambiou o partido que seguiu ca mesma tónica cos dous equipos facendo o seu traballo. Aos catro minutos era Inés a que facía o tres a cero co que quizais o equipo visitante baixou un pouco os brazos. Mediada esta segunda metade puido Tamara aumentar diferenzas, primeiro cun lanzamento que atopou a maxistral intervención da porteira visitante e despois con outro que bicou o pau. A sete para o fin Nuriña facía o catro a cero e solo un minuto despois foi a mesma Nuriña a que fixo o definitivo cinco a cero.
Dende aquí o final algunha que outra ocasión para os dous conxuntos, coma un lanzamento lonxano das visitantes o trabe ou unha triple ocasión de Nuriña, Inés e Ale que tras moitos rexeites non entrou. Chegándose o fin do partido sen ningún apuntamento máis.

 

Liga Provincial feminina, xornada 13

  • Resultado: Carnota Lira - Academia Red Blue 5Coruña (1-2)
 

Liga Provincial feminina, xornada 13

  • Resultado: Ártabras Fene - Concello Ponteceso FSF (1-1)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, Carla, Carmen e Zeltia- tamén xogaron – Elsa, Chus, Noa e Martina.
  • Goles: 0-1.- Elsa (min.30); 1-1.- Cristina (min.36)

Arrincaron as locais intentando saír co balón xogado dende atrás e coas pontecesanas presionando arriba. No minuto 3 chegarían por primeira vez as de Fene á portería rival cunha xogada ó segundo pau q non rematan ben. Estaría igualado o partido en intensidade, pero co Ártabras tendo a posesión do balón. Comezaría a ter o control de xogo o Ponteceso a partir do min 8, e sería cando chegaría a primeira ocasión por parte de Noa. 
Pasarían os minutos e ningún dos dous conxuntos gozaría de ocasións claras de gol, pero as pondalianas íanche achegando cada vez máis, fallando no último pase e definición. Carla tería unha ocasión que rexeita a porteira e Ana non chega ó segundo pau e Noa, no último segundo probaría cun tiro dende a frontal que sae desviado.

Comezaba a segunda metade coa mesma dinámica, as ferrolanas chegando máis dende o principio á meta defendida por Melani, pero coas xogadoras de Curro entrando no partido co paso dos minutos. Coa mellora no xogo, chegaría tamén o primeiro tanto do partido, cun bo tiro de Elsa tras un saque de córner que entra pegada ó pau. Co gol comezaron a chegar máis ocasións, pero as pondalianas non serían capaces de facer o segundo. E nunha contra chegaría o gol do empate para as de Fene cun tiro dentro da área. Nos últimos minutos irían a pola vitoria os dous equipos, pero pese a ter varias ocasións non se movería o marcador, rematando o encontro co 1-1.

Finaliza así a primeira volta co Concello de Ponteceso FSF no terceiro posto da táboa clasificatoria, empatado a puntos co Troula FS, segundo clasificado, pero cun partido menos, o que disputarán esta fin de semana (na que hai xornada de descanso na liga) contra o Espartanas FS no Municipal de Ponteceso.

 

Liga Provincial feminina, xornada 13

  • Resultado: A Baña - AD Atletes (5-7)
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Sara; Marta; Bárbara (3); Antía (3); Ana.
  • Goles: 0-1, m.10: Antía; 1-1, m.14; 1-2, m.15: Bárbara; 2-2, m.17; 2-3, m.18: Bárbara; 2-4, m.19: Antía; (descanso); 3-4, m.23; 3-5, m.27: Bárbara; 4-5, m.30; 4-6, m.32: Bárbara; 5-6, m.35; 5-7, m.38: Bárbara.
O equipo de Atletes Esteiro Gran vitoria das esteiranas do Atletes, comandadas por unah espectacular Bárbara, de pé ao carón da porteira

A tarde infernal ficou moi positiva para o cadro esteirán, xa que, contra todo pronóstico, levou o partido, con moito mérito, a verdade, polas circunstancias que acaeceron no mesmo. Para empezar, presentouse o partido, só con seis xogadoras. Con Cris, sancionada para este partido, e con dúas restantes que, debido as inclemencias do temporal, non deron chegado o partido, por inundacións no seu traxecto o lugar do encontro, mal se lle poñía o equipo de Esteiro, para enfrentarse o encontro con un mínimo de solvencia. Pero, as esteiranas, cunha vontade de ferro, e facendo gala dunha preparación física envidiable, afrontaron o encontro con valentía, e eso lles chegou para resolvelo o partido ao seu favor.

Empezou o encontro, dominando o partido as da Baña, e co Atletes esperando as contrarias no medio campo suxetándoas con moita disciplina e moi boa disposición táctica, que impedía as da Baña lograr algún tanto o seu favor, que lles dese a confianza suficiente para levalo partido. Aos dez minutos de xogo foi o Atletes quen se adiantou no marcador, por medio do primerio gol logrado por Antía, tras una boa combinación con Bárbara (este gol foi asignado en propia meta a xogadora da Baña, Nuria).
A continuación, froito do dominio da Baña, logrou empatar o partido, tras un dos poucos erros que tuvo durante o encontro, o equipo de Esteiro. A continuación, sen dar respiro ás da Baña, consegue Bárbara o segundo gol do encontro. Sen que pasase tempo, volve a empatar a Baña. Pero a partir de aquí, as de Esteiro, facendo un encontró fantástico, xogando de maneira casi perfecta o contraataque, logra dous goles máis, sin darlle respiro o conxunto da Baña, que non era capaz de suxetar a Bárbara (a mellor do encontro, sin duda), nin a Antía. Estas dúas xogadoras levaban continuamente perigo a portería da Baña, facendo un xogo de contraataque digno de prantexamento de pizarra. E así finalizou a primeira parte, co 4 a 2 reseñado a favor das de Esteiro.

Na segunda parte do encontro, as de Esteiro, sacaron a súa garra e condición física xa citada, posto que as da Baña, volcáronse insistentemente sobre a portería das rivais, sin darlles ninguna clase de posibilidade de sacudirse do dominio que estaban exercendo. Pero, como decíamos, empezou aquí o auténtico festival de Bárbara. Esta xogadora, facendo de pivot-ala-cierre, todo o que fixera falta, fixo literalmente un barro entre as xogadoras da Baña. Estas empezaron a rozar na violencia para tratar de frenar as embestidas de Bárbara. As faltas continuadas sobre a xogadora de Esteiro contaron ca benevolencia do xuíz do encontro, que só lles ensinou unha tarxeta amarela as da Baña, cando Bárbara ía sola a portería da Baña e foi suxetada descaradamente polas xogadoras da Baña.

En esta segunda parte, o Atletes volveu a marcar de novo, poñendo o marcador en 5 a 3, que lles daba un pouco de respiro, pero as da Baña non se daban por vencidas, e facendo cambios constantes polo amplio banquillo, lograban marcar un gol que lles asomaba as de Esteiro, Sin embargo, Bárbara logrou, outra vez, poñer o marcador en un 6 a 4. Sorprendentemente, con este marcador, as da Baña, vendo que se lles ía o partido, sacan porteira xogadora para xogar un cinco para catro. Aquí, como dicíamos antes, as de Esteiro, facendo gala dunha disciplina e disposición táctica, e sen ter atopado nunca con esta disposición do equipo contrario, e por suposto, sen telo entrenado na súa vida, para una situación tal, lograron, extraordinariamente, suxetar as da Baña, que non só non lograron facer efectiva a súa táctica, senón que Bárbara, de novo, logrou o definitivo 7 a 5, que xa no puderon levantar as da Baña.

En resumo, gran partido das esteiranas, cunha liña defensiva maxistral, por parte das tres xogadoras como as irmáns Sara e Ana, e Marta, que fixo moi bo partido, tendo en conta que levaba dúas semanas sen entrenar por ausencia vacacional. Logo, e de xustiza destacar as dúas restantes, Antía, espléndida, sen descanso cun magnífico traballo, axudando nas labores defensivas, transportando o balón cara os contraataques, e Bárbara, a mellor de sobra, no campo o día de hoxe.

 

Liga Provincial feminina, xornada 13

  • Resultado: FSF Villa de Cee- Troula Betanzos FS (2-1)
  • FSF Villa de Cee: Vanesa, Alba, Adriana, María de Dumbría e Andrea. Participando tamén: Marta, María Lijo, Paula Trinidad e Serena.

Saíron ambos equipos con moito respecto na primeira parte, aínda así as Ceenses dominaron os primeiros 15 minutos, conseguindo ter o balón e creando varias ocasións , mentres o Troula defendíase e trataba de saír a contra e por algún susto o equipo local. Faltando dous minutos para finalizar a primeira parte dun tiro de falta Adriana consegue marcar o 1-0 para as Ceenses e irse co marcador a favor o descanso.
Na 2ª parte, o Troula saíu a intentar remontar o partido, as rapazas de Juan Jesús, aínda sufrindo en defensa conseguían manter o resultado a favor e trataban de matar o partido saíndo a contra, o Troula insistía no seu ataque chegando a por dos balóns os paus, mais faltando uns 8 minutos conseguen marcar o 1-1. As Ceenses volveron a intentar ir de novo a polo partido e de novo conseguiron volver crear ocasións, aínda sen facer un bo xogo si con moito corazón e gañas ata o final conseguiron o premio do gol faltando 40 Seg. por obra de María de Dumbría, e rematando o partido cun 2-1 ante un rival que deixou na vila Ceense unha moi boa imaxe e demostrou por que e un dos aspirantes o titulo.

As Estrelas nesta xornada son 3* para Alba, perfecta en defensa, un muro para as rivais, 2* para María de Dumbría, aparte do seu traballo gol da vitoria, 1* a porteira Vanesa , fundamental cas súas intervencións para resolver o partido.

 

Liga Provincial Masculina, xornada 11

  • Resultado: Pulpomóvil - Vila de Cee (0-5)
  • FSF Villa de Cee: Josiño, Tomás, Marroko, José Antonio e Juanjo. Participando tamén Purti, Carlos, Pablo e Rafa.

Estreou míster o Vila de Cee, un Fran Toba que ten tempo para todo, e ademais do Fisober tamén pasa agora a traballar co equipo masculino do Vila de Cee. Comezaron na primeira parte presionando o FSF Villa de Cee o rival, dominando o xogo e creando enseguida ocasións e conseguindo marcar José Antonio Pablo e Purti e levando un resultado a favor de 0-3 o descanso.
Xa na segunda parte o rival intentando recortar distancias intentou presionar o FSf Villa de Cee mais arriba, o cal obrigou a ter que saír e abusar de pases en largo moitas veces , aínda así o domino continuou sendo do FSF Villa de Cee, e conseguindo marcar nesta segunda parte por obra de Purti de de Carlos. Resultado final 0-5 a favor do FSF Villa de Cee .

As Estrelas nesta xornada son 3* Rafa , 2* Josiño ambos porteiros perfectos cando foi necesario, 1* José Antonio.

 

2ª División Femenina - Grupo IV. 13ª xornada

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Leis Pontevedra FSF (3-5).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Laura Tesouro, María Gómez, Lago (cinco inicial), Dolo, Sheila, Sandra (portera suplente), Xiana, Mariña, Ana, Oli.
  • Goles: 1-0 Laura Tesouro (min. 3); 1-1 Lucía (min. 9); 1-2 Mar (min. 12); 2-2 Patri (min. 20); 2-3 Ana Fragueiro (min. 24); 2-4 Lucía (min. 28); 2-5 Ana Fragueiro (min. 33); 3-5 Sheila (min. 34).

Marcou Patri pero o seu Viaxes Amarelle nunca se meteu no partido ante o Leis Pontevedra. A derrota alonxa lixeiramente ás herculinas dos postos de cabeza.

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios