Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: Cara e cruz na 2ª Nacional

FSF: Cara e cruz na 2ª Nacional

Xa co Fútbol 11 Feminino en marcha, as mozas do Fisober, Villa de Cee e Viaxes Amarelle seguen en competición. O Fisober non está comezando na ben a campaña en 2ª División Nacional, todo o contrario que o Viaxes, líder do grupo.

Mentres, as Centolas do Semáforo descansaban na Liga Galega mentres que os do Villa de Cee caían na casa e baixan na táboa.

Ademais, a 1ª Galicia, a antiga Liga Provicial, na que competirán Fisober B, Atletes de Esteiro e Ponteceso FSF xa ten calendario na web da FGF. A 1ª xornada será a fin de semana do 14 de outubro, e o Fisober medirase ao Culleredo, mentres que Atletes e Ponteceso celebrarán o primeiro derbi en Esteiro.

2ª División Nacional, Gr.IV, xornada 4

  • Resultado: MORA F.S.F. – FISOBER F.S.F. (4-1).
  • Fisober: Lía, Carla, Ana, Laura, Mai; tamén xogaron: Taibo, Ainho, Noe, Bárbara, Andrea M.
  • Goles: 0-1 Taibo, 1-1 Cuervo, 2-1 Ana, (descanso), 3-1 Ici, 4-1 Ici.
Fisober segue sen ganar O Fisober segue sen ganar

Tampouco foi á cuarta. O Fisober segue sen sumar a primeira vitoria a pesar de comezar moi metidas no partido e mesmo adiantarse no marcador segoviano. Lía aguantaba as embestidas das locais, que pouco a pouco ían subindo liñas, pero á contra Noe avisaba e Taibo abría o marcador para as dumbriesas.

Pouco lle durou a alegría ás de Fran e Luís pois o Mora empataba de contado e pouco despois un balón que pegaba no longueiro, rebotaba en Lía e se colaba no fondo das mallas.

Na segunda metade Carla tivo a ocasión para nivelar novamente o partido pero a porteira sacouna en última instancia. Tralo tres a un anotado por Ici o Fisober vense abaixo e xa non opuxo resistencia. O catro a un definitivo foi obra de Ici tamén.

A vindeira semana visita o Pavillón de O Conco un grande, o filial do Atlético no que será un novo reto para as costeiras.

 

3ª División Nacional Masculina, xornada 4

  • Resultado: FSF Villa de Cee - Pazos de Borbén (2-5)
  • Villa de Cee: Bruno , Aitor, Juanjo, Perce e Marroco. Tamén: Hidalgo, Mixi, Angel, Santi e Pepe.

Gran equipo o que se presentou en Cee para vencer ao Villa de Cee, que baixa posicións na táboa. Saíron de inicio. Comenzou moi forte a primeira parte cun rimo moi alto onde dominaba o Pazos de Borben, cunha presión axfisiante arriba e levando o peso do partido. Conseguía marcar xa nos primeiros minutos 2 goles. Intentábano os locais pero non eran capaces de facer o seu xogo, rematando a primeira parte cun 1-4.

A segunda parte os ceeses melloraron no seu xogo e o partido ficou máis igualado, conseguindo meterse cun 2-4 e creando algunha ocasión, pero os de Pazos de Borben defendianse moi ben. Xa nos instantes finais os vermellos saíron de 5 a fin de intentar, pero nunha contra sufren o 2-5, resultado definitivo, e unha derrota onde o rival mostrouse coma un dos mellores equipos cos que nos tocou xogar.
As Estrelas desta xornada son 3* Perce, asumindo galóns; 2* Aitor, coma sempre aportando o seu gol; 1* Angelito.

A vindeira semana toca viaxar e xogar contra Sport Sala Culleredo, o actual líder da Liga, outro oso duro de roer.

 

2ª División Nacional, Gr.IV, xornada 4

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Colmenarejo FSF (1-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Sheila, Patri, María Gómez (cinco inicial), Mónica, Tati, Inés, Mariña, Carmen.
  • Goles: 1-0 María Gómez (min. 38).
Inés co Viaxes Amarelle-Foto-DiarioDeportivo Inés co Viaxes Amarelle-Foto-DiarioDeportivo

Ao ingual que a semana pasada, pero desta volta con tanto de María Gómez, o Viaxes Amarelle sumaba unha nova e apretada vitoria. Foi nun choque con dominio territorial, pero no que o balón non entraba. Percutiron as das costeiras Patri e Inés unha e outra vez, pero só María a falta de 2 minutos para o final conseguía marcar á media volta.

O potente Colmenarejo intentouno con 5 xogadoras, pero as herculinas mantiveron a vantaxa e seguen no máis alto da táboa.

A vindeira xornada, a Alcorcón.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios