FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto

12:06 21/09/15
Comeza a tempada do Fútbol Sala Feminino e faino con novidades. Por exemplo, o Fisober, xa en competición oficial, só terá un equipo dado que con 15 fichas non daba para dous. As de Fran Toba e Luís Sambad arrincaron con derrota a Liga Galega.
Na Liga Provincial Feminina teremos 4 equipos, unha vez que o Concello de Ponteceso FSF decidiu non ascender a Liga Galega (como gañaran na pista) por motivos de orzamento. Coas da vila de Pondal estarán o Atletes de Esteiro, as Roxiñas de Lira, o Vila de Cee, que ademais este curso celebra a recuperación do equipo masculino, que arrincará competindo na Liga Provincial.
Comezou con derrota o Fisober na Liga Galega
Partido correspondente á primeira xornada da Liga Autonómica disputarase na mañá do domingo no Pavillón de As Lagoas de Narón. Nun partido entre dous dos equipos que xuntan máis xuventude nos seus cadros a vitoria foi para o que mellor o fixo e esas foron as locais, ante un Fisober que estivo moi lonxe da boa imaxe dada en pretempada. As costeiras con tres debutantes en Liga co primeiro equipo e cunha inmensa maioría que nunca disputaran partidos nesta competición nunca se atoparon cómodas sobre a pista.
Xa dende o primeiro momento o dominio foi local, aínda que nos primeiros minutos non chegaron con moito perigo. Segundo foron pasando os minutos comezaron a chegar as oportunidades locais que se atopaban cunha inspirada Leti que xogou tocada. A porteira costeira sostiña o seu equipo. As visitantes só eran capaces de saír nalgunha contra.
E claro, quen perdoa adoita pagalo, a vinte segundos da fin desta primeira metade unha falta lonxana era executada por Paula Fandiño, a cadete debutaba en Liga co primeiro equipo, para sorprender a porteira local e poñer en vantaxe as súas.
Á volta dos vestiarios o guión non cambiou, pero o que si cambiou foi a efectividade local. No minuto dous desta segunda metade, Yu aproveitaba un balón o segundo pau para poñer a igualada no electrónico.
Nunha das poucas chegadas visitantes, un lanzamento das costeiras paseouse por toda a área de gol sen que Andrea Muíño chegase para poñer en vantaxe as súas.
No minuto sete desta segunda metade as locais daban a volta ao partido, de novo, coa clave do segundo pau onde aparecía Andrea Rodríguez para poñer en vantaxe as súas.
Este gol descentrou as visitantes que dous minutos despois regalaban un gol a Laura Doce que poñía o tres un e as cousas moi difíciles ás costeiras.
Leti seguía aparecendo para manter vivas as súas. E a pouco máis de dous minutos para a fin, Inés tivo a opción de reducir distancias pero non foi quen de bater a porteira local no man a man.
A dous segundos para a fin Laura Doce de dobre penalti facía o catro a un definitivo.
Foi fantástico sábado o vivido no pavillón de Cee. Unha tarde completa de fútbol sala, completada cunha noite bañada de churrasco e de música.
Comezou a Gala nun ambiente fantástico e ante uns 100 afecionados, ca celebración dun partido amigable entre ao FSF Villa de Cee Feminino contra o S.D. Atletes FSF de Esteiro, presentando as rapazas que xogaran co primeiro equipo este ano, na portería Carla e Vanesa, coma xogadoras de campo Alba, Adriana, Marta, Andrea, Paula Tinidad, Maria Dumbría, María Lijó, Serena, Paula Insua, participando tamén no partido a benxamín Carliña, e dirixidas polo entrenador do feminino Juan Jesús. As esteirás pagaron moi caro a súa xuventude e a falta de experiencia pois comezarán por primeira vez este ano na Liga Provincial.
Rematado o partido do feminino continuo a Gala ca presentación do FSF Villa de Cee masculino, presentando a súa plantilla, na porteria Rafa e Josiño, coma xogadores de pista Mario de José, Marroco, Miguelón, Hidalgo, Purti, Carlo, Tomás , José Antonio, Aitor, Juanjo Jesús, Champi e Pablo, e coma adestrador o Nejro. Xogaron contra un combinado da Costa, ofrecendo un bonito partido moi equilibrado con fases tolas de ida e volta onde calquera puido gañar, rematando cun resultado xusto de 5-5, cos goles de Hidalgo, Mario (2), Tomás e Marroco para o cadro ceense (que tiña baixas importantes) e de Pioto (2), Bruno (2) e Mané para o Combinado.
Ata A Baña viaxou o equipo do Ponteceso FSF para xogar un amistoso cun bo ambiente que servíu para que Barca vaia poñendo a punto as súas. Caeron 3-1 pero houbo boas sensacións.
Liga Autonómica, xornada 1

- Resultado: COMARCAL A FERVENZA – FISOBER F.S.F. (4-1)
- FISOBER: Leti, Inés, Paula Fandiño, Andrea Muíño, Tamara; tamén xogaron: Noe, Laura, Nuriña, Andrea Piroja, Ale.
- GOLES: 0-1 Paula Fandiño, (descanso), 1-1 Ju, 2-1 Andrea Rodríguez, 3-1 Laura Doce, 4-1 Laura Doce.

Presentación do Vila de Cee coas de Esteiro

Amistoso do Ponteceso FSF

Vindeira xornada
A vindeira fin de semana o Fisober xoga ante o Cidade das Burgas. A fin de semana do 3 de outubro comeza a Liga Provincial Feminina. O Vila de Cee estréase ata o Espartanas o sábado ás 16:00h na Coruña e teremos derbi entre o Concello de Ponteceso FSF, que debutará na casa ante ás Roxiñas de Lira. Ademais, as mozas do Atletes de Esteiro debutarán na casa ante o Grupo Work, un dos “cocos”. Tamén comeza esa fin de semana a Liga Provincial Masculina pero o Vila de Cee descansa na 1ª xornada.Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Novas relacionadas
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).