Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FSF: Os mozos de Cee comezan gañando

FSF: Os mozos de Cee comezan gañando

Agora si. Temos xa os 5 equipos do Fútbol Sal Feminino e o novo equipo do FS masculino en competición. Os mozos do novo Vila de Cee arrincaban a tempada na Liga Provincial dando conta do que poden dar, cun 0-4 en Monfero e con dominio aplastante de principio a fin que puido deixar un marcador máis abultado.

En categoría feminina, o Fisober non puido manter o ritmo das dúas primeiras xornadas na Liga Galega. Mentres, na Liga Provincial, o Vila de Cee mantense no trío de cabeza con dúas vitorais en dous partidos, con dous puntos máis que as pontecesás, os que se deixaron na Baña. Ademais, as Roxiñas de Lira estrearon o taboleiro de vitorias, algo que non puideron facer aínda as novas do AD Atletes de Esteiro, que por certo, teñen derbi a vindeira semana ante o Vila de Cee FSF.

Comezamos polos mozos, que son novidade

Liga Provincial masculina, xornada 7 (adiantado)

O Vila de Cee masculino xa en competicion O Vila de Cee masculino xa en competicion
  • Resultado: Monfero - Vila de Cee FSF (0-4)
  • Villa de Cee: Josiño, Mario, Juanjo, Miguelón, Marroco, Hidalgo, Aitor, Furti, Tomas, Estrella, Pablo e Rafa.
  • Goles: 0-1: Miguelón; 0-2: Marroco; 0-3: Miguelón; 0-4: Miguelón.

Tocoulle o Senior Masculino FSF Villa de Cee o seu estreno coma partido oficial e tocoulle viaxar a Monfero, adiantando a 7ª Xornada da liga e xogando contra o C.D. Concello de Monfero.
Comezaron un pouco nerviosos os ceenses, moi pendentes de non cometer ningún erro, conseguindo dominar o partido de principio a fin. Xa na primeira parte conseguían ir o descanso cun 0-2. Na 2ª parte repetíase o guión da primeira, dominio dos Ceenses, xa mais tranquilos, aínda así o rival non se rendía e amosou un mellor xogo, pero nas poucas ocasións que disputaron topáronse con un Josiño que estivo sensacional na porteira. Lograron marcar de novo os Ceenses nesta 2ª parte dúas veces mais quedando un resultado final de 0-4.

As Estrelas neste primeiro partido son 3*para Miguelón, autor de tres goles, 2* para Juanjo actúo coma o director do equipo e 1* para Josiño o cal estivo xenial nas poucas ocasións onde tivo que actuar.
A vindeira semana tócalles o Senior masculino visitar Ferrol e disputar contra un dos chamados cocos da Liga o Parrulo F.S.


Liga Autonomica, xornada 3

Partido do Fisober Partido do Fisober
  • Resultado: OLIVO – FISOBER F.S.F. (4-2)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Noe e Paula Fandiño; tamén xogaron: Nuriña, Andrea Muíño, Laura, Tamara e Ale.
  • Goles: 1-0 Melisa, (descanso), 2-0 Sara, 3-0 Adri, 4-0 Tina, 4-1 propia porta Sofía, 4-2 Nuriña.

Partido correspondente a cuarta xornada da Liga Autonómica Galega disputado na tarde do sábado na pista central do Pavillón das Travesas de Vigo. O Fisober visitaba a pista do actual subcampión, un conxunto cheo de xuventude pero non exento de bo xogo e que solo caera na visita o líder A Fervenza o igual cas costeiras. E non foi a mellor tarde para as costeiras.
As visitantes sabían que debían estar moi concentradas se querían sacar algo de proveito de Vigo. Saíron a pista os dous equipos algo temerosos e sen un dominador claro, con moitas imprecisións no pase e con liñas de presión altas.
Así foron pasando os minutos , ata que no oito cando as costeiras lanzaban unha perigosa contra perdían un balón para que as olívicas responderan con outra contra que deixou a dúas xogadoras locais ante Leti que non puido facer nada para que Melisa marcase o primeiro gol local.

O guión do partido pouco cambiou aínda que as locais comezaban a sentirse máis cómodas sobre a pista. Con ese resultado de un a cero a prol das olívicas, chegouse o tempo de lecer.
A saída da segunda metade pouco cambiou, iso si as locais cada vez atopábanse máis cómodas sobre a pista. Pero pasaban os minutos e o electrónico non se movía cara ningún dos dous lados. Aos sete minutos da segunda metade aparecía Sara para facer o segundo gol local. Ese gol descentrou as visitantes e tranquilizou as locais. Así os once minutos Adri marcaba o tres a cero que caía coma unha lousa sobre as costeiras.
E a seis para o fin Tina poñía un desesperanzador catro a cero no electrónico. Pero unha falta de entendemento local a cinco para o fin remataba cun gol de Sofía en propia porta que deu vida as visitantes cando peor o estaban a pasar. Máis aínda cando se chegaba a tres minutos para o fin, marcaba Nuriña o segundo gol costeiro. Era o primeiro gol en Autonómica para a infantil do Fisober, a máis noviña do equipo e a bo seguro unha das benxaminas da competición. E tras ese gol cos mellores minutos visitantes , as costeiras rozaron o terceiro en varias ocasións, algo que non chegou deixando no catro a dous definitivo o resultado.


Liga Provincial, xornada 2

O equipo de Atletes Esteiro O equipo de Atletes Esteiro
  • Resultado: Santiago Futsal A Gaiola FSF - A.D. Atletes FSF (6-1).
  • Atletes: Mariña; Cris; Sara; Marta; Bárbara (1); Alba; Antía; Ana.

Empezou o partido no Pabellón Municipal de Restollal (Santiago de Compostela) con ataques constantes por parte do Santiago. O Atletes defendeuse con marcaxes intensos e gran presión a medio campo que dificultaba as chegadas a portería por parte do Santiago. As chegadas do Santiago estaban dificultadas polo xoven equipo do Atletes, que presionaba as xogadoras do Santiago con moito orden e disciplina, así como a afortunada actuación da porteira do Atletes. No ecuador da primeira parte, una falta no centro do campo, muy ben sacada por Ana, xogadora do Atletes, foi rematada na área do Santiago por Bárbara, que leva o primerio gol do partido a favor do Atletes. O Santiago incrementa a sua presión sobre a portería do Atletes, e faltando 2 minutos para o descanso, nun despiste da defensa do Atletes logra empatar o partido, chegando o descanso con empate a un no marcador.

Na segunda parte, una vez que o Santiago logrou o seu terceiro gol no marcador, o partido solo tuvo un color, éste foi a favor do Santiago. Esto ocurreu a partir do minuto 10 desta segunda parte. Avalado pola súa veteranía, calidade e, sobre todo, o amplio banquillo, o Santiago foi o dono desta segunda parte, con muy pouca oposición polo Atletes, que se mostraba cansado e sin resposta, principalmente polo seu reducido banquillo, que non pudo facer ninguna clase de oposición o Santiago, que marcou tres goles mais, deixando o marcador nun 6 a 1, marcador reflexa como xusto vencedor o Santiago.


Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: Villa de Cee FSF - Cruces FS (2-1)
  • Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María de Dumbría. Tamén: Marta, Serena Laura, Maria Lijo, Paula Leo e Vanesa.

Comezaron as Ceenses moi nerviosas dende o principio e aínda dominando o partido estaban as rapazas de Juan Jesús moi imprecisas co balón, mais o rival non creaba perigo e tan so esperaba atrás para saír a contra. No ecuador da primeira parte, nunha bonita xogada individual de Alba conseguiu marcar o primeiro gol, resultado co cal chegariamos 0 final da 1ª parte.

Xa na segunda parte o rival intentou algo mais, e mediados 5 minutos conseguiron marcar o empate a 1-1; as Ceenses aínda sen seguir a xogar ben dominaron o partido e nunha das poucas xogadas combinadas Andrea consegue marcar o 2-1 definitivo.

As estrelas nesta ocasión son 3* para Alba, gol e moi ben situada en defensa sobre todo na 2ª parte, 2* para María de Dumbría, moi voluntariosa e participativa, e 1* estrela para María Lijó, que aportou claridade no xogo das Ceenses, sobre todo na primeira parte.

A familia completa do Vila de Cee FSF A familia completa do Vila de Cee FSF

Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: A Baña - Ponteceso FSF (1-1)

Un gol de Carla conseguía sumar un punto agridoce para o equipo de Barca. As pontecesás seguen aspirando a todo e este punto sóubolles a pouco a pesar de comezar por debaixo no marcador.

O Ponteceso FSF na Baña O Ponteceso FSF na Bana

Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: Lira - Pontedeume (7-0)
  • As Roxiñas de Lira: Lía, Isa, Inés, Alba e María. Tamén xogaron: Eva, Uxía e Martina.
  • Goles: 1-0 María 2-0 Uxía. 3-0 Alba. 4-0 María. 5-0 Martina. 6-0 Inés (capi de penalti). 7-0 María.

Estrearon o taboleiro de puntos as Roxiñas de Lira cunha contundente vitoria ante as de Valdetires no choque disputado no Pavillón de Lamas do Castelo.

Partido algo pobre en xogo porque o equipo de pontedeume viña mermado con baixas na portería e dúas xogadoras, e tivo que ser unha xogadora de campo a que se colocase baixo paus. Ademais sufriron outra lesionada aos 5 minutos, xa deixando o marcador 4-0 ao descanso. Na segunda parte ritmo moi baixo de xogo. As visitantes só tiraron 3 veces a portería de Lía, que respondeu ben.


2ª División Estatal, xornada 2

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF 1 – 0 CFSF San Fernando.
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, María Gómez, Dolo, Lago (cinco inicial), Laura Tesouro, Sheila, Uxía, Ana, Xiana.
  • Goles: 1-0 Lago (min. 31).

O Viaxes Amarelle FSF dirixido por Pili Costa continúa con bo pé na súa competición tras impoñerse no seu primeiro partido como locais por 1-0 sobre o CFS Feminino San Fernando. Un partido onde houbo que traballar moito para conseguir o gol e defender o potencial ofensivo das madrileñas, pero ao final as herculinas vírono recompensado con tres puntos máis ao taboleiro, facendo 6 puntos de seis posibles.

Patri co Viaxes Patri co Viaxes

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios