FSF: Xornada para esquecer
Xornada para esquecer a para toda a familia do Fútbol Sala Feminino costeiro. 4 partidos e 4 derrotas para as nosas. Agás o Ponteceso, ao que lle tocaba descansar, Fisober, Vila de Cee (mascuino e feminino) e Atletes, colleitaron sendas derrotas.
2ª División Femenina – Grupo I, xornada 6
- Resultado: ORDIZIA K.E. – FISOBER F.S.F. (2-0).
- Fisober: Leti, Ana, Mai, Inés, Noe; tamén xogaron: Paula Fandiño, Bárbara, Lía (p.s.)
- Goles: 1-0 min 1 Ainara, (descanso), 2-0 min. 26 María.
Ata Ordizia, Euskadi, saiu a furgo do Fisober, un lugar onde suma xa 7 derrotas en 7 partidos. E nada máis comezar, como pasara a semana pasada, un gol en contra condicionaba o partido poñendo as cousas moi difíciles. De novo tocaba remar a contracorrente algo que non sentou moi ben a un Fisober que non se adaptou ben o partido nos primeiros minutos. O dominio era local pero sen demasiadas ocasións tampouco e o Fisober non era quen de crear moito. E nas chegadas das vascas aparecía con solvencia Leti. Pouco máis que contar tivo a primeira metade ca que se chegou co un a cero.
A segunda metade xa entrou mellor o Fisober, pero as cousas non cambiaron demasiado. Ata que María facía o dous a cero no minuto 26. Poñíase aínda máis complicado. Pero co dous a cero empezou a combinar máis o conxunto costeiro e a aparecer algunha oportunidade. Coma un man a man de Noe que puido supoñer o dous a un. A falla de catro minutos o Fisober adiantou a Leti para o xogo de 5. E Inés tivo un lanzamento o trabe. As costeiras pasaron a controlar o partido pero sen conseguir gol. Rematando o encontro co 2 a 0. E continuando tamén a maldición vasca do Fisober.
Liga Gallega Feminina, xornada 5
- Resultado: FSF Villa de Cee O Semáforo - E.D. Poio Pescamar F.S (0-4)
- FSF Villa de Cee: Vanesa, Adriana, Paula Trinidad, Marta e Tati. Participando tamén Carla, María Lijó, Maria Dumbría Serena e Lucía.
Reibian as ceenses a un dos equipos máis veteranos no futbol sala en Galicia, o Poio Pescamar, e das mellores escolas do futbol sala femenino. Comenzaron moi ben plantadas as ceenses na pista e sen sufrir en defensa, nun partido bastante igualado por ambos equipos, aínda así un disparo afastado colleu por sorpresa o equipo e conseguiu o 0-1 a favor do Poio. As ceenses dispuxeron incluso de varias ocasións para empatar, pero unhas veces os paus e outras a boa labor da porteira contraria parecía non querer entrar a pelota, rematando a primeira parte cun inxusto 0-1.
Xa na segunda parte todo parecía igual, ben controlado o partido pero cun Poio que demostrou sempre que saber que facer, sen precipitarse, supo esperar o rival que que ansiedade de querer dar volta o marcador cometeu dous erros seguidos o que lles custou o 0-2 e 0-3 case de forma seguida . Xa á desesperada as Ceenses intentaron pero mais co corazón que ca cabeza, caendo o definitivo 0-4 a contra e finalizando o partido.
As estrelas nesta ocasión son 3* Vanesa, segue a estar impresionante na portería, 2* Paula Trinidad, 1* Tati.
Liga Galega Masculina, xornada 7
Mario do Vila de Cee- Resultado: FSF Villa de Cee Clínica A Xunqueira - Multiópticas Fagin F.S (5-5)
- Villa de Cee: Pose, Perce, Aitor e Rober. Participando tamén Bruno, Pablo, Marroco, Miguelon, Mario, Juanjo e Hidalgo.
Tocoulle nesta xornada os rapaces do FSF Villa de Cee recibir o equipo de Brión, vellos amigos e coñecidos da anterior tempada, cos cales disputamos a liga e a final de Copa. Mereceron algo máis os Ceenses, nun partido onde se lle escaparon 2 puntos nos últimos segundos do encontro. Comenzaron cun ritmo altísimo e nos primeiros 5 minutos tanto Aitor coma Santio subían un 2-0 , aínda así, nunha xogada desafortunada recibiron o 2-1 nun rechace de Juanjo que marca en propia porta. Os locais seguían a facer bo o seu traballo e de novo Aitor marca o 3-1, para así rematar a primeira matade.
A segunda metade, pois moi parecido a primeira, Aitor que estaba en racha volve marcar de novo o 4-1 , infinidade de ocasións para os Ceenses e que en dúas xogadas illadas do contrario recibe o 4-3, aínda así Santi de novo abre brecha no marcador conseguindo o 5-3. A partires de os minutos finais, os rapaces de LLoplis erran un dobre penalti e dúas ocasións claras a porta baleira, e coma di o dito dos vellos, quen perdoa paga, o Brión tirou de oficio e conseguiu o empate e levarse un puntiño que lles supo a ouro.
As estrelas nesta semana son: 3* Aitor espectacular con tres goles, 2*Santi, 2 goles unha asistencia, 1* Juanjo segue a ser un espectáculo os seus regates.
Liga Provincial Feminina, xornada 5
- Resultado: S.D. A Baña - A.D. Atletes (8-1)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Julia; Sara C; Marta; Martina; Alba; Antía (1); Ana; Sara.
Como era de esperar, ían catro minutos do encontro, e marca A Baña nun rebumbio sen xeit, diante da porta das de Esteiro. As esteiranas todas entrenladas entre elas, é a máis lista da Baña, chuza o balón para dentro da porta do Atletes. Un a cero. A partires de aquí, as de Esteiro conseguían recompoñerse, e empezan a suxetar ordenadamente as da Baña. Moi ben ordenadas no campo de xogo, conteñen as da Baña, e lanzan algún ataques a porta das da Baña que fan lucir a súa porteira Eva. Fanse ilusións a esteiranas, pero… faltando 1 minuto, xusto para terminar a primeira metade, marcan o segundo gol as da Baña, e, inmediatamente, marcan o terceiro; e, sin solución de continuidade, marcan o cuarto. Fin da primera parte: 4 a 0 no marcador.
Os equipos van o descanso, cas da Baña disfrutando, e as de Esteiro, sufrindo os males que acompañan a este equipo permanentemente. Falta de concentración, falta de competitividade…, demasiada xunventude que ocasiona inexperiencia.
Na segunda metade, a pesares de que Antía puxo, nada máis salir, o primero e único gol para as de Esteiro, as da Baña dominaron sin maior dificultade o partido. Aunque as esteiranas chegaban a portería das da Baña, era sin moito perigo. As da Baña foron incrementando o seu marcador, sin grandes dificultades, hasta conseguir catro goles máis, deixando o resultado final en un 8 a 0 que non ofrece ninguna dúbeda.
Destacou pola Baña, a mellor xogadora do partido, Nuria, que tamén marcou 4 goles. Polas de Esteiro, todas a moi baixo nivel, siguen sin ver melloría en relación a outros encontros que xa se veñen disputando.
Liga Provincial Feminina, xornada 5
- Resultado:
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).