xoves. 01.05.2025
El tiempo

Gol on the dancefloor

Gol on the dancefloor
Oito goles en seis partidos, con participación decisiva nas dúas últimas vitorias do seu equipo, convirten ao DJ e dianteiro Álex Flores na chave do Sporting Zas e o home do momento no fútbol da Costa Álex Flores, referente ofensivo do Sporting Zas Álex Flores, referente ofensivo do Sporting Zas Bucólicamente falando, o Sporting Zas vive unha primavera deportiva, despois de ter atravesado un duro inverno en forma de retorno a Primeira Autonómica, pero en pleno comezo do outono parece ter atopado o seu particular mes das flores, ou mellor dito, mes de Flores. Onde antes pintaban bastos agora triunfan ouros, e onde se asentaba o pesimismo agora, como di a frase viral, todo son risas. Boa parte, ou o cen por cen da culpa, a ten Alejandro Flores Vallejo (Montevideo, Uruguay, 1983), un dianteiro que se converteu en verán na grande aposta da directiva para o salto de categoría, e que está a dar más réditos que Codere, Luckia e bet365 xuntas. Non é que sexan oito goles en seis partidos, senón que nos dous últimos, triunfos ambos do seu equipo, apareceu na recta final para desequilibrar o marcador. A súa última víctima ten sido o Fisterra. DJ a tempo parcial (por hobby di el, de tal forma que se considera mellor futbolista que músico) e a depredador do área as fins de semana, Álex é sobre todo un home de xeiras. O ano pasado do Castriz tivo dous picos de rendemento que lle destacaron por momentos na táboa de máximos goleadores, e parece que volve a vivir un deses momentos 'frecha vermella no Pro Evolution'. Sen embargo, o atacante o achaca máis ben a unha cuestión colectiva. "As miñas xeiras van sempre ligadas ao equipo, eu son rematador; non acostumo a coller o balón en noso campo e irme de tódolos rivais; se o equipo crea ocasións, acaban entrando", advirte. E se de algo pode presumir Flores é que o seu estilo resiste o paso das categorías, e parece que este incluso lle beneficia. Foi o heroe absoluto do Cerqueda en Terceira, xogou co Zas e o Castriz na Liga da Costa, e agora está a probarse en Primeira co Sporting. E sempre superando o seu anterior rexistro. "Desexaría que sempre fose igual, pero cada ano e cada categoría é máis difícil, pero igualmente creo que tiven a sorte de xogar en equipos que crean moitas ocasións; onde máis tiven sufrido, e sempre von ter unha espiña cravada, é coa Preferente; nas dúas ocasións nas que tiven a oportunidade de xogar ou pasei por lesións ou por problemas físicos", lamenta. E non é nin moito menos o único punto amargo dunha carreira plena no persoal e algo marcada pola mala sorte no colectivo. "Teño tres boas espiñas enriba; co Cerqueda, non ter ascendido; co Zas, non ter gañado a Liga da Costa; e co Castriz tiñamos moi bo equipo, e por algunha razón non cumprimos as expectativas", confesa. Flores, acostumado a que cada curso se convirta nunha sorte de oposición de cara a un traballo mellor para o ano, repite por primeira vez equipo, e nunha circunstancia algo distinta. "En Zas teño atopado un equipo similar á miña anterior etapa, cun adestrador de estilo distinto, tanto para adestramentos como para o xeito de ver os partidos; me ten sorprendido para ben, pero aínda estamos a adaptarnos uns a outros", explica un home ao que quizais o seu xen extracompetitivo lle axuda a dar eses pasos de saída e tamén nesa capacidade de superación. "Non me gusta nada definirme, porque me gustaría coincidir co que os demais ven no meu xogo, pero son moi competitivo, dame igual o equipo no que xogue e máis aínda os rivais; quero vencer; durante un encontro, dentro do campo, os meus rivais non son meus amigos, e unha vez acabe o encontro, seremos os mellores compañeiros, pero debe pitar o árbitro", subraia. Así de frío, así de pasional. Como un gol seu, a diferencia entre o éxito e o fracaso nun partido. Ese momento.

Comentarios