Gran ambiente na estrea oficial da "Amarela", a Selección da Costa Sub-15


O gran ambiente da expedición foi a mellor nota da estrea oficial da Selección da Costa sub-15. Foi no marco da Primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15, que se celebrou nuns campos do Pombal, en Cambados. A familia costeira chegaba con 18 xogadores e unha manchea de pais e nais (e varios afeccionados de Coristanco ou Cabana) con gañas de ver aos seus nenos coa “Amarela”, o cor das novas equipacións que levan o nome da “Costa da Morte” por Galicia adiante.
O debut da selección da Costa da Morte foi a gran novidade deste campionato, nunha boa aposta da Federación Galega de Fútbol, e da delegación costeira, polo Fútbol base da Costa. Unha Selección que partía con clara desvantaxe por varios motivos. Apenas leva a href="https://quepasanacosta.gal/malpica-acolleu-a-segunda-participacion-da-seleccion-da-costa-sub-15/">un par de partidos amigables durante este verán e este mes celebrou apenas un par de adestramentos. Ademais, os nosos equipos están case todos (agás o Dumbría), en Ligas comarcais e os combinados que equipos en categorías autonómicas notan a diferencia.
Así, o choque inicial dábase contra A Coruña, e o equipo pagou a diferencia. O cadro herculino, vixente campión da competición, foi superior e vencía con claridade por 0-4 a uns costeiros tremendamente nerviosos co balón e que sufrían moito a balón parado. Ademais, pequenos erros, nestas competicións, páganse moi caros.
No segundo partido, contra Ourense, os costeiros deron un paso adiante, máis conscientes do nivel competitivo, e melloraron moito e prantaron cara durante moitos minutos ao cadro ouresán. Foi un partido moi igualado, pero pagaron a inexperiencia e acabaron de novo caendo polo mesmo resultado, sen poder estrear a marca goleadora, cun resultado demasiado abultado para o visto no campo.
A pesar das derrotas, a cousa máis negativa foi a lesión de Lucas Toba, xogador do Dumbría, no quecemento do primeiro partido, e xa non puido xogar.

Ao mando da expedición costeira atopábase Manolo Corredoira, Delegado da FGF na Costa, sendo os adestradores os zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante e Alberto Pose como delegado.
Os xogadores da “Amarela” foron:
- OUTES: Álvaro Sanchiño González.
- CEE: Iago Trillo Túñez.
- SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
- DUMBRÍA: Rubén Carnero, Dani González Chao, Lucas Toba e Alex Castro.
- CABANA: Roberto Rodríguez.
- MALPICA: Raúl Reigía.
- ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
- ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
- MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
- CAMARIÑAS: Mario Suárez.
- CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil).




Novas relacionadas
- A Selección da Costa sub-15 estreará o seu amarelo “Dortmund” o 1 de novembro.
- Outubro 2017: Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15:
- Xuño 17: Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- Maio 17: A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- FGF.