![]()
O plantel do campión. Torreira é o cuarto arriba pola esquerda.
Acompáñanos na vida a dor e o placer, a veces entremezclados ata non saber distinguir cal e cal. O fútbol é disfrute, paixón, amizade, campos verdes co resío da mañán. Pero tamén é pérdida,
amigos que nunca volven, xente que se vai, sobre todo cando nos imos facendo maiores.
![]()
Borgonovo, autor de goles inolvidables, víctima da ELA
Stefano Borgonovo foi un xogador de élite italiano, no Milán e Fiorentina entre outros nos anos 80 e 90. Faleceu ós 49 anos víctima da esclerosis lateral amiotrófica, a temida ELA. O drama deste rapaz conmocionou a toda Italia e ensinounos o que esta terrible enfermidade fai, a destrucción paulatina das células nerviosas que acaba cunha persoa en pouco tempo, deixando un cerebro dentro dun corpo inservible, esperando o final. As bagoas de xente como Ancelotti ou Roberto Baggio fixéronnos estremecer e aprender esta terrible plaga.
Pero á xente do fútbol costeiro non nos fixo falta Borgonovo. Xa tíñamos a
Torreira. Resulta difícil escribir estas liñas sin tremer, contar como un volcán de paixón futbolística se foi apagando pouco a pouco. Pero o que si vou a decir, é que nos dou a toda a xente cercana unha lección vital impagable: a do eterno sorriso na traxedia. Nunca o vin deixar de ser optimista, e sobre todo de disfrutar co fútbol da Costa, e co seu Atlético de Madrid. Acordámonos moito de ti, amigo.
Torreira foi campión da liga da Costa. Un gran campión na vida, pero tamén levantou a copa no campo. Saboreou a gloria. Esa gloria que será o noso único recordo, ó lado das persoas queridas, nos últimos intres. Foi nunha inesperada competición, na que un sorprendente Mazaricos se levou o título arrebatándollo ó todopoderoso Baio.
Era o Baio dos fisterráns Isidro, Bareta ou Velay, estrelas costeiras naqueles tempos, sobre todo o goleador Isidro, todavía home record entre os pichichis da Costa.
![]()
En Coristanco, todo Mazaricos celebrou o título.
As catro últimas xornadas foron emocionantísimas. Ambos equipos estiveron
igualados a puntos prácticamente ata a última data. O partido clave foi en Buño. Visitou o Baio a terra oleira, e non foi quen de vencer: igualada a 1 tanto con un Buño con 5 xogadores xuvenís. Ó Mazaricos chegáballe un empate na última xornada en Coristanco para ser campión.
A última data foi un clásico costeiro:
festa en Coristanco, e decepción en Baio, nun encontro contra o Xallas que os xogadores do Baio se tomaron a broma, indo xogar un maratón de fútbol sala o día anterior, e sendo sancionados pola directiva do clube por tal feito. O Mazaricos tería sido campión ainda perdendo, pero venceu 2-0 con goles de Lema e Toja, e a festa foi inenarrable. O gardameta Victor incluso detivo un penalti co 0-0 no marcador. Dous anos despois da súa fundación o Mazaricos era campión da Costa. O cava correu polos vestiarios. A festa na Picota, con queimada incluida, foi das que fan época.
Era aquel Mazaricos un equipo rocoso, non exento de calidade. O gardameta Víctor, presidente do Outes posteriormente, era unha garantía baixo paos. Un clásico, Nito, ocupaba o lateral dereito. Raúl Periscal, actual adestrador do Cerqueda, xa mostraba as cualidades que o levaron a divisións superiores sendo ainda xuvenil. Moro mandaba no mediocampo, co seu despliegue e calidade, e Lema poñía a clase, dando recitales de fútbol ali onde ía. O gol era cousa de Moreno, acompañado do capitán Sanchiño, que dando os seus últimos coletazos era unha peza clave.
Moreno con 18 tantos, 4 de falta directa e Moro con 15 foron os goleadores do equipo.
![]()
O adestrador era Celso Villar, que declaraba ó ser campión que ...
a constancia da plantilla para acudir ós entrenos, a ilusión e a disciplina foron as claves..., e tamén que ...as victorias en Muros e en Baio fixéronnos creer no título... Éxito total, cunha soa derrota en todo o ano, no derbi co Xallas.
![]()
O equipo quería tamén a Copa da Costa, pero foi apeado en cuartos de final polo Laxe, posterior subcampión, nunha eliminatoria agónica, onde o Laxe remontou un 2-0 da ida gañando 4-1 na volta. Era o Laxe dos Tinolos, que tantas boas tardes tivo na Copa da Costa.
Que equipazos había daquela¡¡¡
Días de gloria en Mazaricos, de amizades interminables ainda nos momentos mais tristes. O fútbol axúdanos a levar cun sorriso a traxedia que é a vida. O día da entrega do trofeo,
Torreira levantou a copa, mirando ó ceo, no que está agora contándolle a todos que unha vez foi campión da Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de Fútbol da Costa.
- Hemeroteca de La Voz de Galicia.