Iván Rojo, esperanza goleadora en Baio
22:43 13/03/18
Iván Rojo, carballés, talento de ataque para un Baio necesitado de gol. Dende que chegou xa iniciada a tempada o habilidoso dianteiro leva 3 tantos en 13 partidos. Os seus rexistros de outros anos fan pensar que de aquí a final de campionato pode anotar goles decisivos para a permanencia do Baio. Así o esperamos.
Criado na canteira do Bergantiños, cun paso fugaz por aquel Cabana xuvenil de Liga Galega, xogou 3 tempadas no Sofán, co que ascendeu a 1ª Galicia, e 1 no Paiosaco en Preferente, para volver ó Sofán despois do ascenso destes a Preferente. Este ano problemas de índole laboral fixeron que tomara rumbo a Baio para axudar no posible ó equipo do Platas Reinoso.
QPC - O domingo pasado sacastes un bo punto en Lalín, nun campo moi complicado. Pode ser un inicio para unha boa xeira que leve á salvación?
Si, conseguimos sacar un punto nun campo dos mais difíciles da categoría ante un gran equipo. O partido foi moi igualado, conseguimos tapar ben o seu poderío ofensivo e faltounos algo de chispa arriba. Calquera dos dous equipos puido levar a victoria.
QPC - O equipo leva varios partidos sen anotar tantos. Cres que romperedes pronto esta dinámica?
Si, é certo que nos esta a costar anotar goles. Hay xogadores que veñen de lesións, e non estamos no noso mellor momento, pero coa calidade que hay non creo que tarden en chegar.
QPC - Como foi a túa integración na plantilla?
Estou moi contento de como me recibiron dende o primero día, o Baio ten un vestiario dez.
QPC - Que che pide que aportes ó equipo o adestrador Diego Díaz?
Estou a xogar de dianteiro, non e a miña posición ideal pero intento axudar ó equipo con traballo, e os goles espero que cheguen pronto.
O Baio está a sufrir para manter a categoría
QPC - Iniciaches a tempada en Sofán. Qué te levou a aceptar a oferta do Baio?
O traballo non me permitía adestrar e competir como eu quería en Sofán, e o Baio doume a opción de poder compaxinar traballo e fútbol, e ademais polo estilo de xogo que ten o Baio creía que me podía beneficiar fichar aquí.
QPC - A vosa situación clasificatoria é complicada, agora mesmo en postos de descenso por arrastres. Como o estades a levar dentro do vestiario?
É unha situación que non gusta, sempre se vai adestrar doutra maneira cando as cousas saen ben, pero entre todos se seguimos traballando estou seguro de que sairemos de ahí.
QPC - Onde está a chave para salvarse?
A salvación depende de nos mesmos, xa que temos que enfrentarnos contra rivais directos.
QPC - En algún momento o equipo acusou o nerviosismo de ver que as cousas non saen como esperábades?
Nerviosismo non, porque depende de nos e estamos a traballar ben, e seguro que pronto chegan as victorias, pero si que non gusta verte ahí abaixo.
QPC - O que parece que queda claro xornada a xornada é que a afección apoia ó equipo ó máximo. O outro día en Lalín desplazáronse bastantes seareiros a animarvos.
Este día en Lalín, parecía que xogabamos na casa. Eu animo a que sigan apoiando ó equipo así, que entre todos sacaremos isto adiante.
QPC - Como ves ós teus ex equipos? O Paiosaco está a un paso de ascender a 3ª división, toda unha fazaña.
Son dous equipos que levan anos traballando moi ben, o Paiosaco seguro que vai ser equipo de 3, e o Sofán seguirá outro ano en Preferente, alégrome moito por eles!
En Sofán deixou unha fonda pegada