Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Jorge Quintáns gaña a medalla de prata na copa de España de Slalom

Jorge Quintáns gaña a medalla de prata na copa de España de Slalom
  Lorena-Costa-Slalom-Mondariz Lorena Costa foi unha das deportistas do CDM Piragüismo Dumbría que participou na Copa de España de Slalom 2017 A pasada fin de semana celebrouse en Mondariz Balneario a primeira competición da Copa de España de Slalom 2017 na que Jorge Quintáns, do CDM Piragüismo Dumbría, se fixo coa medalla de prata. Na proba participaron dous finalistas olímpicos e a dobre medallista e campiona olímpica Maialen Chourraut. Tamén competiron membros da delegación dumbriesa que se viu mermada por unha infección gastroinstestinal que afectou a varios dos seus membros. Polo que Jorge Quitáns, Marcos Sánchez e Lorena Costa chegaban a esta cita bastante mermados fisicamente e con poucas horas de descanso. A xornada do sábado arrancou bastante ben para os costeiros, con Jorge Quintáns colandose nas finais de C1 e K1 Cadete, así coma Iago Canosa no K1 Senior e Lorena Costa no K1 Cadete femenino. Marco Oreiro rozaba a final, non entrando por segundos tras facer unha boa manga con cero penalizacións, e Marcos Sanchez pifiaba na primeira porta e xa non era quen de remontar o tempo perdido para colarse na final. jorge-quintans-slalom-mondariz Jorge Quintáns quedou de segundo na competición nacional Xa o domingo, a competición non foi tan boa para os de Dumbría. Debido as chuvias da noite o caudal cambiara totalmente, subindo durante toda a competición, e facendo as contras moi inestables, algo ó que os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría sufriron para adaptarse. Lorena Costa era a primeira dumbriesa en sair, e tras facer ata a porta 17 a súa mellor manga dende que está en competición, volcaba quedando fora apenas a tres portas da meta. Iago Canosa a conta das penalizacións xa non foi quen de meterse na final do domingo e Marco Oreiro xa quedou mais lonxe dos dez mellores. A cara foi a categoría cadete masculina con Jorge Quintáns e Marcos Sánchez metendose na final de K1 Cadete, logrando finalmente o vimiancés a medalla de plata nunha competición moi seria durante toda a fin de semana, na que ademais tamén foi finalista entre os canoistas cadetes. Ademais a delegación dumbriesa a completaban o xuvenil Cristian Gonzalez, e os cadetes Brais Perez e Francisco Romar, que a pesar de facer boas mangas debido a lesións e a atoparse ainda no inicio da tempada, aínda están lonxe de poder meterse nunha final de Copa de España. A delegación dumbriesa completabaa a infantil Alexia Canosa, que exerceu de abridora na competición. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios