sábado. 15.03.2025
El tiempo

Laconada branquiazul no Pindo

Laconada branquiazul no Pindo
A Peña Deportivista A Moa do Pindo, unha das agrupacións máis activas da Costa da Morte, organiza unha laconada popular o vindeiro sábado 19 de febreiro ás 15.00 horas no Restaurante A Revolta do Pindo. "Son tempos duros para o deportivismo, pero que mellor que xuntarnos arredor dunha mesa chea de lacon e de filloas para reflexionar sobre ou presente, pasado e futuro do noso Dépor. Todo baixo as bandeiras azuis e brancas", apunta Juanjo Sendón, Secretario da Pena Deportivista A Moa. Para os socios da pena, o prato é gratuíto. Os acompañantes teñen que pagar 20 euros. Poden inscribirse no teléfono: 981 764 864.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios