Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A canteira do Deportivo fomenta a ilusión branquiazul no Pindo

A canteira do Deportivo fomenta a ilusión branquiazul no Pindo

A pasada semana a Peña Deportivista A Moa do Pindo achegaba de novo as cores branquiazuis a esta Costa tomada polo merengue e o blaugrana. Que necesaria se fai a actividade das peñas deportivistas da bisbarra co claro obxectivo de facer canteira branquiazul.

E precisamente, a canteira branquiazul foi a protagonista. Os xogadores Juan Domínguez, Rochela, Seoane e Laure visitaron o CEIP San Vicenzo do Pindo. Os pequechos carnotáns puideron preguntar como vive un futbolista triunfando dende a terra. A ilusión por vivir un encontro en Riazor dende o céspede crece así entre a mocidade da vila e da Costa da Morte.

10 anos de deportivismo na Costa

Este ano 2010 a Peña Deportivista A Moa cumple 10 anos de orgullo deportivista na Costa da Morte. Foron moitas as actividades que se desenvolveron durante este ano. O máis importante foi a organizacion da XV Asemblea da Federacion de Peñas do R.C Deportivo.

Pero ademais deso, no mes de marzo organizamos unha ou en abril chegou Lotina para deleitarnos coa sua sabedoría, non soamente aos maiores senón tamén aos nenos e nenas dos Colexios de Carnota e O Pindo. Houbo, como non,varios encontros gastronómicos ao longo do ano que tamen desfrutamos, non soamente os peñistas senon os familiares e amigos de toda a bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte e más información

Comentarios