Lariño aposta polo Cross


Se o domingo 20 teremos cita cas dúas rodas en Camariñas, para o sábado 19 de outubro iremos ata Lariño para correr no I Cross de Lariño. A saída será da Casa da Cultura de Lariño ás 15:00h e se ben os maiores terán que facer os 11 km de percorrido, haberá diferentes categorías, dende Pitufos a SuperVeteranos, para que todos poidan participar.
Unha carreira que chega dentro do programa da Asociación de Veciños Insua "avivaLariño".
Máis información e inscrisión
As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico AAVVINSUA@gmail.com, ate ás 14:00 horas do mércores día 6 de outbro do 2013. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento(en ningún caso se inscribirá ningún corredor que omita este dato), sexo, localidade, clube (se procede) e teléfono de contacto. Aínda que se admitirán inscricións ata media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non poideran facelo antes, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).