Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Liga da Costa: Aquí paz e despois guerra

Liga da Costa: Aquí paz e despois guerra
Como se da Guerra Fría se tratase, non chegaron a conflicto os dous grandes bloques que dominan a competición, pero queda por diante tres cuartas partes dun curso no que de seguro miraranse e xogaranse a vida en cada fin de semana; os rivais directos no aproveitaron a 'humanización' de ambos MC, un dos destacados no Baio - Foto: Santi Díaz MC, un dos destacados no Baio - Foto: Santi Díaz Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Corme 1-1 Baio
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Illote, Jesús, Dani, Pandi, Sergio (Diego m.65), Eloy, Alejandro (Martín m.65), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral
  • Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Pedro, Fachal, Moreno (Ramón m.89), Martín (Mario m.72), Rubio (Fredi m.92), Javi Suárez (Luis m.85) e Martín MC
  • Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña). Expulsou a Norberto (m.75) do Baio Amonestou a Brais, Sergio e Jesús do Corme; Rodrigo, Javi Suárez e Norberto do Baio
  • Goles: 0-1 m.58 Martín; 1-1 m.76 Alejo, de penalti
Sodes grandes! Lucas e MC, capitáns, xoves e canteiráns Lucas e MC, capitáns, xoves e canteiráns Un partidazo con pedigrí e pinta de loita polo título foi o que protagonizaron os líderes da Liga da Costa, Corme e Baio, coa aquiescencia e complicidade de dúas afeccións que así o interpretaron e que encheron o campo do Cairo. Como soe ser habitual, os de Lentejo na casa e en encontros importantes entraron cun punto altísimo de motivación e cunha intensidade que lle deu o control da cita. Alejo, tras roubarlle a bola a Norberto, estrelaba o balón no longueiro. Ben parado no pasto, o equipo de Pedro Gómez chegaba moi contadas veces ó área rival. A máis clara sería pouco antes do descanso, nunha acción na que o colexiado pitara penalti en primeira instancia e despois mudou a decisión. Eses síntomas de melloría baiesa confirmaríanse nun segundo acto con madrugador golazo de falta de Martín, quen facía o 2.500 do seu clube na Liga da Costa. A acción cegou ao Corme (igual que ao seu porteiro Illote, condicionado polo sol). E non sería ata o último cuarto de hora cando de novo habería partido. Lucas provocaba un penalti, a expulsión de Norberto e con elo o empate grazas á execución de Alejo. De aí ao final sería asfixiante o acoso cormelán, con dúas opcións clarísimas para Lucas e un balón estrelado na madeira. Houbo unha gran batalla na medular - Foto: Santi Díaz Houbo unha gran batalla na medular - Foto: Santi Díaz   Porteño 1-1 Ponteceso Houbo igualada na Grixa - Foto: CF Porteño Houbo igualada na Grixa - Foto: CF Porteño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Cousillas, Quilmes, Marcos (Wii m.68), Jorge, Roi, Cachi (Jorgito m.59) e Rodri
  • Ponteceso: Xurxo, Martín Puente (Juanma m.65), Matías, Nando (Gurita m.61), Baba, Charro (Dieguito m.70), Javi, Ismail, Mendieta, Mara e Charly
  • Árbitro: Pérez Pol (A Coruña). Amonestou a Piti, Roi, Pejo e Wii do Porteño; Mendieta, Charro, Charly, Matías e Dieguito do Ponteceso
  • Goles: 0-1 m.71 Dieguito; 1-1 m.83 Jorge
Non aporta demasiado Un punto que non leva moi lonxe sacaron Porteño e Ponteceso do seu enfrontamento na Grixa. Foron os últimos vinte minutos a chave dun encontro sempre de distancias curtas. Unha frouxa primeira metade, na que os visitantes tiveron máis control e opcións, deu paso a unha reanudación de alternativas e vistosa. Dieguito abriu o marcador, tras un centro de Baba que pasou por diante de toda a zaga porteñista e remate final do mediapunta. Parecía que os brancos tiñan os tres puntos no peto, pero un mal despexe nunha falta a prol do Porteño deixou a bola franca para que Jorge, desde a frontal do área, definise con clase ao fondo da portería. Houbo queixas dos dous equipos por unha arbitraxe que os desesperou.   Monte Louro 3-2 Buño Riki, dianteiro do Louro e goleador unha vez máis Riki, dianteiro do Louro e goleador unha vez máis
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Iago, Abel, David, Pablo, Manolo Chouza, Gelo (Miguel m.66), Yeray, Riki (Cris m.83), Raúl (Gabriel m.77), Geiko e Juan de Selia (Pedro m.74)
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Aitor, Eloy, Pablo (Juan Antelo m.70), Emilio, Fran, Adrián (Mario m.70), Dani Calvete (Kevin m.80), Jorge Calvete e Martín (Jordan m.58)
  • Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Expulsou a Fran do Buño (m.57). Amonestou a Pablo e Martín do Buño
  • Goles: 0-1 m.5 Jorge Calvete; 1-1 m.34 Manolo Chouza; 2-1 m.40 Riki; 2-2 m.60 Jorge Calvete; 3-2 m.70 Juan de Selia de penalti
O gol que todos querían celebrar Quince días despois do incidente que sobrecolleu e asustou a todo o fútbol da Costa, Juan de Selia regresou aos terreos de xogo, e o fixo para ser de novo o faro que guía o retorno do Monte Louro a Segunda. O Xuvenil foi titular, líder e autor do gol decisivo ante un Buño que durante moitos minutos mandou no marcador e no xogo. Só cinco minutos de fútbol necesitou Jorge Calvete para tirar do seu guante e firmar desde a frontal o primeiro para os oleiros, que durante a seguinte media hora tiveron contra as cordas a un aturdido rival. Non o mandaron á lona e antes do descanso xa tiña volteado o marcador dos puntos. Primeiro Manolo Chouza, de cabeza, e pouco despois Riki, tras unha gran acción por banda de Gelo, remontaron o que parecía partido para o Buño . Pudo sentenciar Geiko sen porteiro tralo intermedio, pero a pesares de quedar con dez por unha entrada por detrás a Riki, o equipo de Mauro igualou novamente, con outra acción de Calvete. Foi entón cando o home que máis cariño ten recibido este ano devolveu todos esos bos actos cunha acción de clase que deu en penalti a prol dos seus. E para que a película fose cun final made in Hollywood el mesmo converteu.   Unión Club Cee 1-4 Esteirana
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Unión Club Cee: Paulo, Nico, Rubén (Xabi m.82), Aitor, Esteban, Noé, Martín (Trillo m.74), Carlos (Álex m.67), Leo, Juan Bello e Chiru (Álex m.55)
  • Esteirana: Roberto, Eloy, Martín, Adrián, Manuel (Iker m.82), Eloy, Codesido (Samu m.85), Jaime (Xián m.89), Simón (Rafa m.77), Tobío e Damián Suizo
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Carlos, Aitor, Jose do Cee; Adrián, Damián Suizo e Eloy da Esteirana
  • Goles: 0-1 m.28 Jaime; 0-2 m.76 Eloy; 0-3 m.80 Manu; 0-4 m.90 Xian; 1-4 m.92 Álex
A Esteirana activa o sistema de alerta Orde, velocidade e un pouco de acerto. Foi todo o que necesitou unha notable Esteirana para destrozar ao Unión Club Cee, un equipo que precisamente acostumaba a facer da veteranía e o oficio dúas das súas grandes virtudes. Os muradáns, moito máis enchufados e vencedores na maioría das dsputas, marcharon con vantaxe ao descanso tras un bo gol de Jaime. Foi de libro o manual para a segunda metade: un Cee previsible e incapaz de atopar vías de entrada no debuxo esteirán foi destrozado cando o seu rival recuperou o conseguiu meterlle un punto de velocidade ao xogo.   Cerqueda 1-4 San Lorenzo
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Cerqueda: Diego Dourado, Moha, Dani (Bastón m.81), Athu, Javi Pazos, Míchel, Cholo (Juanjo m.76), Lorenzo, Méndez (Jonás m.67), Pablo e Martín (Eloy m.65)
  • San Lorenzo: Javi Souto, Puñal (Samuel m.76), Kevin, Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Rubén Varela, Parafita (Jorge Pichel m.80), Juni (Diego m.73), Fuentefría e Dani Pena
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.26 Juni; 1-1 m.29 Méndez, de penalti; 1-2 m.65 Fuentefría; 1-3 m.68 Álex Taibo; 1-4 m.80 Rubén Varela
Non foi tal repaso cerqueda-san-lorenzo Aínda que para a oficialidade quedará un marcador de goleada, o certo é que o San Lorenzo tivo que traballar e moito para superar a un Cerqueda que recuperou parte das boas sensacións perdidas. Os de Periscal realizaron unha moi meritoria primeira metade, aínda que pagaron a execución perfecta dunha contra por parte carballesa, con balón final para Juni e remate a gol deste. A réplica foi case causa-efecto instatáneo, cun penalti convertido por Méndez. Desatouse o libertinaxe táctico nunha segunda metade de ir e vir nas áreas, e na que o efecto final no tanteador é unha sorte de resumo da diferencia de poderío ofensivo entre os dous equipos. Os brancos marraron as que tiveron e os de Verdillo amosaron por que unha vez máis son candidatos ao título, cunha execución do plan case mecanizada e perfecta.   Mazaricos 0-0 Castriz
  • Campo: Peá do Outo
  • Mazaricos: Miguel, Matías (Dani Martínez m.55), Martín, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Oreiro m.62), Estéfano, Diego Maneiro, Pereiro e Esteban
  • Castriz: David, Chinda, Martín (Luis m.55), Álex, Nakata, Steven (Carlos m.77), Iván, Pablo, Adrián (Marcos m.68), Matías (Kevin m.46)
  • Árbitro: De Vega Domínguez (A Coruña).
Un derbi con todas as palabras Con tódolos coñecidos nun e outro bando, a igualdade clasificatoria e o bo momento dos dous era previsible o equilibrio case máximo nun derbi entre Mazaricos e Castriz no que faltaron os goles. Foron os xalleiros máis protagonistas nunha primeira metade na que a mellor opción da que dispuxeron chegou precedida dun erro na circulación por parte da zaga local. Miguel tirou de cualidades para sacar o balón, e acto seguido Matías non foi quen de resolver desde a frontal. Variou case por completo a historia despois do paso por vestiarios. Os locais asumiron máis riscos e os visitantes pareceron olvidar a fórmula para manter a bola. A bola de partido que non foi dentro a tivo Matías, nun remate de cabeza que marchou fóra por pouco. O derbi do oficio, a intensidade e o ritmo non defraudou nin enganou a ninguén, aínda que con goles tería sido de notable alto.   Laxe 1-1 Baíñas
  • Campo: Cabo D'Area
  • Laxe: Noé, Martín, Bras, Saleta, Aarón, Borja, Gora, Smón, Álex Trigo (Pablo Fuentes m.66), Felipe e Omar (Zúrich m.46)
  • Baíñas: Carlos, Iván, Eloy (Damián m.78), Braulio, Héctor, Esteban, David Blanco, Canay (Oreiro m.85), Pablo Muíño (Jaime m.62), Felipe e Cristian
  • Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Felipe, Saleta, Martí, Gora e Zúrich do Laxe; Iván, Felipe e Eloy do Baíñas
  • Goles: 0-1 m.23 Pablo Muíño; 1-1 m.90 Zúrich
Todos miran a González Rey No único que quedaron igual Laxe e Baíñas despois do seu enfrontamento é en sinalar ao colexiado como perxudicial para os seus intereses, e no resultado final. A estrea de Lilo como adestrador local tiña a visita trampa dun equipo vimiancés que vai a máis desde a reaparición de Pablo Muíño, protagonista por certo ao ter que ser trasladado a un centro médico despois dun encontronazo. A nota predominante foi a igualdade en canto a dominio, oportunidades e erros. Protestaron os locais fóra de xogo no tanto de Pablo Muíño, mentres que indignados acabaron os visitantes co penalti transformado por Zúrich nos compases finais. Non sirve de demasiado para ningún o punto.   Corcubión 0-5 Malpica Brais retornou a casa Brais retornou a casa
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Abe, Pablo, Tito (Mario Atán m.63), Adrián (Nes m.51), Gabi, Toja, Samuel, Lema, Sebas, Mario Suárez e Roi
  • Malpica: Rubén (Brais Carballo m.72), Moscoso, Marcos, Alberto, Pablo, Mario, Eloy (Casáis m.59), Brais, Petís, Cololo e Brais Ortíz
  • Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Sebas, Adrián, Roi, Pablo, Toja e Mario do Corcubión; Cololo e Mario do Malpica
  • Goles: 0-1 m.11 Alberto; 0-2 m.19 Brais; 0-3 m.40 Cololo; 0-4 m.58 Alberto; 0-5 m.65 Petís
Estratéxicamente feito Catro goles a balón parado fíxolle o Malpica a unha Unión Deportiva Corcubión que foi de máis a menos. Os dous equipos presentaron alineacións pouco semellantes ao que ven sendo o resto do curso, especialmente no caso dos locais. Iso si, o certo é que xogar, polo menos no plano ofensivo, non xogaron mal. Outra cousa foi a resistencia en faltas laterais ou córners. Dun saque de curruncho chegaría o tanto de Alberto, e a partires de aí a ferida non pararía de sangrar. A producción ofensiva da UD xerou dúas situacións chave no primeiro acto, con resposta notable de Rubén. Houbo momentos nos que o Malpica máis incisivo do curso tivo problemas para defender os movementos entre líneas de Roi, aínda que o resultado deixara ese particular en anécdota.   Coristanco 2-6 Camariñas coristanco-camarinas-foto-camarinas Foto-Camariñas
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Jonathan m.46), Javi, Toni (Damián m.46), Iván (Villajos m.60), Jorge, Marcos Corral, Rubén, Fabio e Magovi
  • Camariñas: Pablo, Gabri, Sergi, Kevin, Soule, David (Brais m.72), Yuyo, Javi Antelo (Pablo Mouzo m.75), Brandon, Pablo Suárez (Maikel m.62) e Moriño (Rodri m.84)
  • Árbitro Guerra Domínguez (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.15 Yuyo; 1-1 m.23 Fabio; 1-2 m.30 Soule; 1-3 m.43 Soule; 1-4 m.50 Yuyo; 2-4 m.66 Magovi; 2-5 m.72 Brandon; 2-6 m.76 Yuyo
Repaso insospeitado e adicado a Edelmiro Yuyo celebra un gol do camarinas en Coristanco-Foto-Camarinas Yuyo celebra un gol do Camariñas en Coristanco-Foto-Camariñas Seis goles marcou o equipo máis bipolar da Costa, o Camariñas, que todavía non igualou ningún encontro e que ten tanta facilidade de cara a gol como tendencia a desconectar dos encontros. A pesares das dimensións da Rocheira, o cadro azul supo correr, golpear e castigar a inferioridade física (en canto a dinamismo) do rival bergantiñán. O clube fixo público que o triunfo vai adicado para Edelmiro Campaña, socio e amigo do clube que está a loitar contra una enfermedade.

Comentarios