Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: BigMC

Liga da Costa: BigMC
Tres goles do canteirán e líder do ataque manteñen ao Baio líder, a pesares da resistencia dun bo Cee; a piques estivo de sestear o Corme, que remontou nuns minutos finais en forma de vida extra polo título Unha de motores requentados baixo o sol de Louro: De la Sierra e Dani de Sahorta no partido de onte - Foto: Edu Olveira Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Mazaricos 3-0 Laxe Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Ángel, Tuco (Esteban m.70), Estéfano, Matías, Martín, Pereiro, Raúl, Ricardo, Chenel, Molinos (Oreiro m.46) (MIguel m.86) e Brais (Xavi m.70) Laxe: Jacobo, Martín, Jacinto, Bras, Gora, Felipe, Borja, Pablo, Pedro (Valentín m.70), Enrique (Álvaro m.64) e Saleta Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Oreiro do Mazaricos e Felipe do Laxe Goles: 1-0 m.3 Chenel; 2-0 m.16 Brais. de penalti; 3-0 m.53 Chenel A historia de dous mundos antagónicos Mazaricos e Laxe, ambos lonxe xa dos seus obxectivos ligueiros, debuxaron un encontro no que quedou de manifesto o moi diferente estado de ánimo e a forma de enfocar o tramo final de cada un. Os locais, coa actitude como unha das súas grandes armas, case venceron por inercia a un rival que conta o paso das semanas para terminar a competición. Moi cedo abriría o marcador Chenel, ao rematar un centro ao área. Pouco despois, no primeiro cuarto de hora aínda, Brais convertía un claro penalti para facer o segundo. Non sucedería prácticamente nada máis nun primeiro acto no que os visitantes non chegaron ao área en ataque. Foi case un encontro amigable a reanudación, cun ritmo aburrido e sen demasiada intensidade. Houbo algún achegamento perigoso por parte do Mazaricos, pero non anotaría Chenel ata o cuarto de hora final. Cerqueda 1-4 Baíñas O Baíñas deu outro paso en Buño Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego, Bastón (Uru m.54), Athu, David Velo, Javi Pazos, Dani (Sergio m.54), Cholo, Míchel, Eloy, Lorenzo e Iván Baíñas: Maikel, Roly (Cristian m.57), Braulio, Canedo, Héctor (Eloy García m.61), Víctor Agulleiro (Jaime m.57), Canay, Felipe, Chento, David Blanco e Pablo Muíño (Damián m.77) Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Dani e Iván Mato do Cerqueda Goles: 0-1 m.4 David Blanco; 1-1 m.42 Cholo; 1-2 m.62 Pablo Muíño; 1-3 m.80 Pablo Muíño; 1-4 m.90 David Blanco O Imperio do gol Ter dianteiros de peso marca en ocasións o punto diferencial nun encontro de non demasiado desequilibrio da dinámica de xogo. Como mostra e botón, o encontro entre Cerqueda e Baíñas, máis importante para os visitantes, que tiveron nos seus dianteiros a base para os tres puntos. Houbo igualdade a todo nun primeiro acto que comezaba moi ben para os intereses dos de Tasky. David Blanco controlaba un balón na banda, combinaba con Víctor e o corcubionés asistía cun sutil toque por enriba da defensa para que o de Neaño resolvese a gol. Semellaba o guión perfecto para administrar e golpear, pero os cerquedenses poucas veces deixan unha tarde tranquila. Levou o primeiro susto Roly, tras unha perda na medular da que se refixo moi ben e arañou o esférico nun man a man en contra. Pasaron os minutos sen demaisados sobresaltos nin opcións, pero pouco antes do intermedio Cholo igualaba no primeiro achegamento claro do seu equipo. Xurdiría como home do encontro na reanudación o de sempre, un bigoleador e decisivo Pablo Muíño. Asinou o segundo tras un centro de Cristian, e o terceiro nun pase da morte de Jaime. Estaba sentenciado antes da media hora, aínda que aos locais, en honra á verdade, lles escamotearon un claro penalti por mans. Co tempo cumprido, David Blanco redondeou o marcador. A peor nova para o Baíñas foi que Maikel acabou mancado e tivo que poñerse Cristian baixo paus. Porteño 0-3 San Lorenzo Campo: A Grixa Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Adrián (Jorge m.55), Cousillas,, Quilmes, Marcos, Chavín (Cachi m.76), Isma (Manu m.87), Manuel (Xoel m.82), Roi (Mario m.87) e Rodri San Lorenzo: Javi Souto, Juanjo (Ángel m.87), Pablo, Rudi, Adrián (Dani Rey m.82), Álex Taibo, Mario, Parafita, Diego Varela, Fuentefría e Kevin Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Roi e Manuel do Porteño; Adrián do San Lorenzo Goles: 0-1 m.16 Mario; 0-2 m.74 Diego Varela; 0-3 m.86 Parafita Pau do San Lorenzo á fe porteñista Cada vez máis difícil parece o obxectivo de permanencia para un Porteño que non fixo unha mala tarde na visita do San Lorenzo, pero que comprobou o potencial e a determinación do aínda candidato ao ascenso e ao título. Os locais fixeron méritos para máis na primeira metade, pero acabaron entregados a un bloque con tódalas letras, que cando funciona poucos son capace de parar. Entendeu o que lle pedía A Grixa o conxunto carballés, ben prantado, con saídas rápidas e un xogo coral. Tampouco sorprenderon os argumentos locais, con moito perigo a balón parado e segundas xogadas. Moi cedo, Mario abría o marcador, tras unha recuperación e contra rápida, con pase de Kevin ao atacante e remate axustado á cepa do pau. Chegou despois a oda ao erro ofensivo por parte dos da Ponte. Roi, nun pase de Isma e co balón botando ante o porteiro, mandou o balón alto. Chavín tampouco acertou diante de Javi Souto e mandou fóra, mentres que o arqueiro carballés tamén estivo sobresaínte ante Isma. Foi como se todas esas accións minasen a moral dun Porteño que desaparecería na reanudación. Unha boa acción entre Parafita e Diego acabou cun bo remate deste no segundo, mentres que nunha contra nos minutos finais sería Diego o que cedería para que Parafita atopase o premio. Corcubión 4-2 Ponteceso O Corcubión nunca deu por perdido o encontro - Foto: SD Ponteceso Campo: Cubaleiro Corcubión: Beto, Mario (Samu m.74), Jose, Lojo (Roi m.64), Sebas, Lema, Rama (Toja m.55), Gabri (Mario Atán m.80), Adrián, Tito (Nes m.51) e Pablo Ponteceso: Brais (Damián m.70), Ismail, Matías, Nando, Dieguito, Yago (Eloy m.46), Samuel, Martín Puente (Alberto Recarey m.64), Mendieta, Aday e Mara Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Expulsou a Nando, do Ponteceso (m.82). Amonestou a Sebas, Gabri e Pablo do Corcubión; Martín Puente e Dieguito do Ponteceso Goles: 0-1 m.35 Matías, de penalti; 1-1 m.49 Gabri; 2-1 m.61 Sebas; 3-1 m.66 Roi; 3-2 m.80 Matías; 4-2 m.83 Roi Un crédito máis A Unión Deportiva Corcubión está aínda non vida na búsqueda da permanencia, e cos resultados de onte superou a Coristanco e Porteño. Deu unha relativa sorpresa ao derrotar a un Ponteceso que viña xa sen opcións de nada e cunha convocatoria que sufriu varios matices ao longo da tarde, como o debut de cadetes ou os problemas físicos de varios futbolistas do primeiro equipo. Entroulle a cita, pola realidade clasificatoria, cun pouco máis de intensidade o cadro local, ben comandado por Tito e Luis Lojo. Faltoulle, sen embargo, un pouco máis de profundidade e descaro. Sería o Ponteceso o que se adiantaría no marcador, ao transformar Matías un penalti cometido por derribo sobre Mendieta. Luciuse Brais ata en dúas ocasións antes de pasar polo vestiario, en ambos casos a remates de Iago na execución de saque de curruncho. Darío un pasiño máis hacia diante a UD tralo intermedio, e moi cedo igualaría cunha xenialidade do escurridizo Gabri, quen atopou un balón botando na medular e superou a Brais desde lonxe. Resultou chave a entrada de Toja, Nes e Roi, que variou o debuxo asociativo e o prantexamento corcubionés. Un saque de banda rápido permitiulle a Sebas facer o segundo. A acción foi moi protestada pola expedición pontecesán, xa que nese momento Martín Puente estaba tendido no chan e tivo que ser substituído inmediatamente. Acto seguido, Roi, de volea, faría o terceiro, relativizado de novo co cañón de Matías a balón parado para o 3-2. O ex do Dumbría Roi, en estado de gracia, sentenciaría con outro tanto de golpeo notable, e a piques estivo de asinar o hat trick nun cabezazo no que o longueiro lle negaría o de levar o balón a casa. Queixouse amargamente o Ponteceso da anulación de dous tantos, un por parte: unha falta de Dieguito, por fóra de xogo, nada máis comezar, e outro a Mara de xogada polo mesmo motivo. Corme 2-1 Malpica Alejo asina o segundo gol do Corme - Foto: Fin Lema Campo: O Cairo Corme: Jose (Susiño m.46), Jesús (Dani m.46), Alejandro, Pandi, Toniño, Eloy, Diego (Martín m.65), Adrián Doldán (Josiño m.88), Alejo, Lucas e Brais Corral Malpica: Brais, Rubén (Lolo m.75), Mario Casal, Leilán (Casáis m.73), Pensado, Laye, Isma, Cololo (Alberto m.30), Iván, Álex e Brais Lado Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Mario Casal (m.88) do Malpica. Amonestou a Pandi e Eloy do Corme; Laye, Isma, Brais Lado, Marcos Pensado, Diego Casáis e Iván do Malpica Goles: 0-1 m.20 Brais Lado; 1-1 m.86 Toniño; 2-1 m.88 Alejo, de penalti Camiñar no fío Superou o Corme a un perigosísimo Malpica, e tamén unha situación que prácitcamente lle deixaba a expensas dos erros do Baio na loita polo título. Foi unha remontada express, no último suspiro, e que botou por terra un notable traballo defensivo do seu rival. Contra todo pronóstico, durante a primeira metade incluso houbo fases nas que os visitantes lle arrebataron o balón ao segundo da Liga. O vento a favor, os nervios dos locais e o feito de que se trataba dun derbi deixaron un panorama compricadísimo para os de Lentejo, especialmente despois de que o corcubionés Brais, nunha gran acción persoal, fixera o 0-1. Non sería ata a reanudación cando o Corme comezara a parecerse ao Corme, ao comezo sen demasiada presencia no área. Foron recuando pouco a pouco os malpicáns, que primeiro tiveron un estandarte na figura do meta Brais, cun par de moi boas mans. Os cinco minutos finais poden ser decisivos na loita polo título: Toniño desde fóra do área fixo a igualada, e dous minutos despois unha man de Lolo no área deu nun penalti no que Alejo non perdoaría. Metérase demasiado atrás o Malpica e pagouno. A expedición visitante pedira tamén mans nun disparo de Leilán na primeira metade. Unión Club Cee 0-3 Baio Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Aitor, Chema (Álex m.81), Jorgito (Andrés Trillo m.87), Noé (Carlos Leis m.26), Esteban, Juan Bello (Isma Márquez m.63), Martín, Carlos (Leo m.70) e Javi Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Luis (Eloy m.78), Fachal (Mario m.61), Moreno (Costiña m.80), Rubio, Bieito, Javi Suárez (Peke m.77) e Martín MC Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Nico, do Cee (m.54). Amonestou a Nico, Jorgito, Juan Bello do Cee; Fachal do Baio Goles: 0-1 m.40 MC; 0-2 m.60 MC; 0-3 m.88 MC O Señor MC, soluciono problemas Nun encontro que estaba a compricarse notablemente, o de case sempre, MC, apareceu ata en tres ocasións para darlle o triunfo ao Baio e mantelo ao frente da clasificación da Liga da Costa. O canteirán desatascou un encontro no que o Cee, xogando ao seu e aplicando moito oficio, estivo case sempre dentro e gozou de oportunidades. Non tiveron problemas os locais en sentirse dominados polos baieses, aos que defenderon con criterio. Iso si, ata en dúas oportunidades o longueiro negaríalle o premio ao líder. Primeiro, nun penalti executado por MC tras mans de Esteban, e despois nun centro chut de Isaac que sorprendeu a Paulo. Non sería ata os intres previos ao intermedio cando o Unión tamén demnostrase o seu perigo. Martín prantaríase ante DIego, e o meta carballés sacaríalle a bola nunha gran parada. Na réplica, e tras unha espectacular acción persoal, MC faría o primeiro. Aínda tería o Cee a opción de equilibrar, pero Juan Bello, en posición franca, rematou mordido. Os locais pediran penalti por un toque sobre Martín no área. Sería chave no devenir da tarde a expulsión de Nico, por un segundo cartón que os ceenses protestaron moito. Aí morrería boa parte da resistencia, xa que non tardaría moito MC en facer o segundo cun gran lanzamento lonxano, mentrres que un disparo de Rubio faría o hat trick de longueiros da tarde. O Señor 'destascador' e solucionador de problemas 'Lobo MC' compretaría o seu hat trick cun golazo de libre directo.
Coristanco 1-2 Esteirana Campo: A Rocheira Coristanco: Brais, Álex, Javi, Pazos (Samu m.54), Iván (Cristian m.76), Jorge (Gustavo m.65), Damián (Añón m.72), Samuel, Marcos Corral, Rubén e Canedo Esteirana: Ponte, Codesido, Dani Rama (Eloy Veloso m.66), Tobío, Simón, Álex (Veloso m.88), Josiño Alves, Pablo, Josiño Barreiro, Estévez (Iker m.86) e Róber Pladur Árbitro: Domínguez Manteiga (A Coruña). Amonestou a Pazos e Marcos Corral do Coristanco; Róber Pladur da Esteirana Goles: 0-1 m.23 Pablo Rama; 1-1 m.25 Marcos Corral; 1-2 m.34 Estévez Partido de 3+1 A un rival directísimo noqueou a Esteirana, quen empezou a contabilizar en puntos o retorno de Róber Pladur. Non semellaba a visita ao Coristanco o mellor lugar para acadar un reforzo moral de cara ás cinco últimas semanas, pero o conxunto azulgrana apretou os machos e sacou tres puntos que ademais deixan moi tocada á súa víctima. Non foi o maior espectáculo do mundo, e si a consecuencia evidente da situación clasificatoria de ambos, con moito mediocampismo, nervios e intensidade. Probou a sorprender Josiño Alves desde a medular, e case saca o gol do an, pero o balón marchou alto por moi pouco. Si acertaría Pablo Rama, ao aproveitar unha xogada por banda de Róber Pladur, que centrou atrás na línea de fondo. Polo libro foi o case inmediato empate local: acción a balón parado, prolongación e remate a gol de Marcos Corral no segundo pau. Entre Ponte e o longueiro negaríanlle a remontada ao Coristanco, quen en troques lamentou o segundo de Estévez, nunha contra ben lanzada na que o atacante superou por arriba a Brais. Sería a reanudación unha contrarreloxo para os locais, que foron gañando metros, pero non tino de cara a gol. Tivo a sentencia nas súas botas Josiño, pero aos esteiráns tocoulles sufrir ata o final. Monte Louro 1-1 Camariñas Nazo repele coa cara un libre indirecto no área camariñán - Foto: Edu Olveira Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Fernando, Pablo, Manolo Chouza, César, David, Gelo (Yeray m.61), Riki, Dani de Sahorta (Adrián m.66), Geiko, Gabriel (Jose Ángel m.90) e Miguel Camariñas: Pablo Novo, Gabri, Morilño, De la Sierra, David, Sergi (Javi Antelo m.46), Brais (Kevin m.61), Pablo Mouzo (Joseba m.71), Maikel (Rodrigo m.90), Nazo e Luigi Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou a Manolo Chouza, do Monte Louro (m.83). Amonestou a Manolo Chouza, Riki, Geiko, Dani de Sahorta e Miguel do Monte Louro; Maikel, Luigi e Kevin do Camariñas Goles: 1-0 m.80 Gabri; 1-1 m.90 Javi Antelo Igualada de tranquilidade Cos deberes feitos ou case para Monte Louro e Camariñas, o punto de Agra de Filgueira non deixa insatisfeito a ningún dos dous equipos, que ademais deixaron un bonito espectáculo con intriga final. Os remozados palilleiros tentaron controlar e dominar o balón durante unha primeira metade aberto e con achegamentos dos dous conxuntos. Dous mans a mans salvados por Pablo evitaron o premio loureán, mentres que a ofensiva visitante esta vez non contou coa clariviidencia de Nazo, quizais cegado polo intenso sol sobre a bahía de Muros. Decreceu notablemente o partido nunha reanudación algo bronca e na que os goles non chegarían ata o final. Unha falta de entendemento entre Pablo e a defensa deixoulle o balón morto a Gabriel, que só tivo que cabecear ao fondo da porterían. Unha contra a piques estivo de deixar o segundo dos locais, pero nunha acción por banda entre Luigi e Javi Antelo este igualou. Castriz 0-3 Buño Campo: San Pedro Castriz: David, Balsa (Martín m.55), Álex, Carlos, Steven (Kevin m.65), Nakata (Mata m.46), Rubén (Chinda m.46), Matías, Adrián, Roberto e Sebas Buño: Toni, Dimitri, Mario, Eloy, Jorge Calvete (Manuel m.85), Dani Calvete, Juan Antelo (Martín m.46), Richard (Adrián m.66), Emilio, Alexander e Aitor Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Steven, Alberto Mata e Alejandro do Castriz; Dani Calvete, Eloy, Aitor, Jorge Calvete e Martín do Buño Goles: 0-1 m.20 Dimitri; 0-2 m.55 Aitor; 0-3 m.83 Emilio Fundamental Un triunfo chave para seguir optando á salvación levou o Buño de San Pedro de Castriz, ante un equipo local que conta as semanas para que finalice a tempada. Presentou unha defensa de cinco homes o cadro oleiro, ante un rival que non atopou o punto para facerlle dano. Os xalleiros quedaban sen ideas en línea de tres cuartos. Os seus maiores perigos na primeira metade foron un bo remate e un posible penalti. Un rexeite dunha falta lateral, sen embargo, permitiríalle a Dimitri poñer en vantaxe aos visitantes. Aínda cederían máis terreo os oleiros nunha reanudación na que aínda así atoparon máis espacios á contra, e os locais menos claridade aínda en ataque. Aos dez minutos un balonazo á escuadra de Aitor serían o segundo, mentres que nunha cesión de Martín para Emilio caería o terceiro.

Comentarios