Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Liga da Costa: Carreira... de sacos

Liga da Costa: Carreira... de sacos
Co freno de man botado, a maioría dos favoritos pincharon e só Baio e Mazaricos foron quen de sacar adiante os seus compromisos; sube tamén o nivel sumatorio dos conxuntos que loitan por non baixar Alejandro fala co árbitro nun lance do Baíñas-Corme - Foto: Fin Lema Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Cerqueda 3-3 Porteño Campo: Xaviña Cerqueda: Richard, Landeira (Sergio m.83), Dani, Uru, Javi Pazos, David Velo, Michel, Lorenzo, Eloy (Athu m.63), Méndez e Iván Porteño: Jimmy do Caro, Pejo, Adrián, Piti, Cousillas, Quilmes, Mario Toja (Jorge m.57), Marcos, Jorgito (Wii m.68), Isma e Roi Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amonestou a Miguel, Méndez e Sergio do Cerqueda; Quilmes, Isma e Adrián do Porteño Goles: 1-0 m.9 Dani; 2-0 m.18 Eloy; 2-1 m.23 Uru, en propia meta; 2-2 m.31 Pejo; 2-3 m.65 Piti, de penalti; 3-3 m.70 Méndez Vaia oportunidade perdida… Cerqueda e Porteño asinaron un vibrante encontro - Foto: UD Cerqueda Non foi quen o Porteño de manter a vantaxe que lle dera a remontada en Xaviña ante un Cerqueda prácticamente salvado. Unha vez máis, e como soe suceder nos encontros dos da Ponte, as áreas pequenas foron determinantes, con moito balón colgado e búsqueda de segundas xogadas (iso si, houbo grandes momentos de fútbol combinativo por parte porteñista). Non facía intuir tal desenlace un inicio que era como para quitarlle calquera esperanza aos visitantes. Non se chegara ao minuto vinte cando Dani e Eloy, en accións moi parecidas e rematando no segundo pau pases da morte tras xogada veloz, puxeran dous goles de por medio. Contra o que se podería pensar, non toleou o Porteño e empezou a combinar apelando á paciencia, e o premio non tardaría en chegar. Isma puxo un centro e Uru, ao intentar despexar, introduxo o balón na súa portería. Só oito minutos despois, un rexeite do meta Richard foi aproveitado por Pejo para, sen oposición, igualar. O factor necesidade estaba a desequilibrar a cita, e sería na segunda metade cando, tras máis de media hora de dominio incontestable, o equipo do Concello de Camariñas acadaría a remontada. Un agarrón sobre Roi deu nun penalti aproveitado e convertido a gol por Piti. Xa non lle valía o plan de saída á contra a un Cerqueda que de novo tiña que asumir iniciativa. E a réplica sería cedo e en forma de pau para o seu rival. Un balón solto fóra do área valeulle a Méndez para poñer o 3-3 decisivo. Os visitantes reclamaron falta sobre Roi na acción previa. Jimmy salvaría o 4-3 e Quilmes aínda tería o 3-4. Laxe 1-2 Corcubión Campo: Cabo D'Area Laxe: Jacobo, Bras, Pablo, Jacinto, Aarón, Borja (Aless m.75), Gora, Casas, Santi (Miguel m.16), Saleta e Carrabete Corcubión: Abe, Mario, Jesús (Tito m.54), Alan, Lojo (Nes m.76), Sebas, Rama (Samuel m.65), Lema, Toja (Mario m.80), Senra (Antón Lestón m.47) e Pablo Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Borja, Carrabete e Gora do Laxe; Toja e Sebas do Corcubión Goles: 1-0 m.74 Casas; 1-1 m.79 Tito; 1-2 m.86 Nes Ar… Nes pola permanencia Fundamental remontada do Corcubión nun directísimo partido pola permanencia, que deixa tocado clasificatoriamente ao Laxe. Os elementos pareceron querer unha invitación á festa, e a choiva e o vento convertiron a tarde nunha odisea por sobrevivir. Non houbo demasiado fútbol e si intensidade, cunha primeira metade resolta con dous achegamentos perigosos por bando. Toja e Rama tiveron as visitantes, mentres que dúas faltas laterais levaron o 'ui' á bancada local (nunha delas cun provindencial Abe). A piques de chegar o intermedio, os seareiros visitantes reclamaron un posible penalti sobre Toja. Foi mellor no inicio do segundo acto un Laxe que apretou, buscou o gol e atopouno cumprida a media hora, nunha contra finalizada por Santi Casas. Necesitaba unha axuda case divina a UD para non deixarse media salvación en terras do Norte da Costa, e pareceu chegar nunha carreira antolóxica por banda de Tito con resolución perfecta que significou o empate. Case acto seguido, Lema controlou un balón ao espacio, chocou co arqueiro e Nes apareceu para meter un tanto que pode marcar un antes e un despois na carreira pola permanencia. Baíñas 2-2 Corme Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Cristian, Canedo, Héctor, Eloy García (Damián m.63), Esteban (Roly m.86), Chento, Samuel (Jaime m.46), Felipe (Iván m.86), David Blanco e Pablo Muíño (Javi m.80) Corme: Susiño, Dani (Martín m.77), Alejandro, Pandi, Toniño, Eloy, Diego (Sergio m.64), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Goles: 0-1 m.44 Toniño; 1-1 m.68 David Blanco; 2-1 m.76 Cristian; 2-2 m.82 Alejo, de penalti Unha insospeitada influencia relativa Parecía abrir máis que nunca a loita polo título o pinchazo (que pudo ser peor) do Corme en Vimianzo, pero sen embargo só dous dos catro perseguidores foron quen de recurtarlle puntos. Sabía o líder que era o Baíñas un rival con trampa, e comprobouno de primeira man. E iso que de comezo os de Lentejo foron novamente unha máquina de xenerar xogo e oportunidades. Nada máis comezar, Maikel tiña que lucirse a lanzamento de Alejo, e intres despois Héctor sacaba baixo paus unha vaselina de Toniño, que rematara con moita clase. Foise desperezando pouco a pouco un Baíñas consciente de que o seu poderío pasa pola pegada. Susiño atallaba un cabezazo de Canedo, e pouco despois tiraría de cualidades para negarlle o empate a Pablo Muíño. Cos futbolistas pedindo xa o paso por vestiarios, un remate de Toniño nun córner poñía en vantaxe ao dominador da Liga. De novo os primeiros minutos resultarían caldo de cultivo para Alejo, que tiro demasiado cruzado no seu segundo remate certeiro. Foi un acoso cormelán como querendo sentenciar de inicio. Lucas probaría de falta directa, Alejo chocaría de novo con Maikel e Toniño co pau, no que era un cuarto de hora en forma de monólogo. A pouco habitual misericordia ofensiva do Corme tería castigo na igualada de David Blanco, a centro de Esteban e cun vinte minutos por xogarse. Só dez despois, o que era a sorpresa do que vai de ano, cun golazo de Cristian pola escuadra que lle deixaba un suspiro aos visitantes para evitar a primeira derrota do ano. E aparecería Alejo, esta vez para convertir un penalti a falta de sete minutos. Os locais reclamaron que disparo previo lle dera na cara a Canedo e non na man. San Lorenzo 1-1 Unión Club Cee Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Sergio, Kevin (Dani Rey m.83), Pablo, Rudi, Adrián, Álex Taibo, Mario, Parafita, Juni, Dani Fuentefría (Diego Varela m.68) e Dani Pena Unión Club Cee: Paulo, Nico (Andrés Trillo m.83), Esteban, Aitor, Chema, Noe, Martín, Carlos Leis (Borja m.57), Carlos (Leo m.46), Juan Bello (Álex m.82) e Jon (Isma m.64) Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Parafita, Mario e Rudi do San Lorenzo; Nico, Carlos Leis, Leo, Álex, Borja e Juan Bello do Unión Club Cee Goles: 1-0 m.40 Fuentefría; 1-1 m.71 Juan Bello Cortocircuito e resistencia Xusto cando os outros resultados lle brindaran unha gran oportunidade, o San Lorenzo non se atopou a si mesmo e non deu superado a un notable Unión Club Cee, mentalizado e preparado na carreira pola permanencia. Foi dominador da posesión o cadro carballés durante unha primeira metade na que, por outra banda, non tivo a alegría habitual no xogo. Houbo moita presencia no área rival pero pouca claridade e profundidade. O único tanto do acto inicial chegaría tras unha gran acción de Parafita, con pase da morte de Juni e remate en posición franca de Fuentefría. Esitraría filas na reanudación un Cee que ademais estaba a defender á perfección. Igualou Juan Bello cun cabezazo de tipo listo do área. Nervioso e coa necesidade de atacar, o San Lorenzo descubreuse de máis no cuarto de hora final, e a piques estivo o Cee de levar os tres puntos grazas a varias contras perigosas. Aínda así, tería a penúltima o equipo bergantiñán, nun penalti detido por Paulo a Parafita. O susto dun epílogo de infarto daríallo Martín á parroquia local, cun remate que se estrelaría no longueiro. Ponteceso 0-5 Coristanco Campo: O Pinguel Ponteceso: Xurxo (Brais m.55), Martín Puente, Youssef, Cotelo (Iván m.46) (Nando m.70), Matías, Alberto Recarey, Yago (Luca m.75), Baba, Mendieta, Mara e Charly Coristanco: Brais, Samu, Iván (Sergio m.67), Rial, Mato, Jorge, Damián (Álvaro m.81), Pazos (Toni m.72), Javi, Gustavo (Gonzalo m.51) e Macos Corral Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Yago, Baba, Xurxo Matías, Mendieta e Youssef do Ponteceso; Pazos e Marcos Corral do Coristanco Goles: 0-1 m.28 Marcos Corral; 0-2 m.43 Pazos, de penalti; 0-3 m.55 Jorge; 0-4 m.60 Marcos Corral; 0-5 m.78 Javi Para apostar e forrarse Nin o máis paixoal seareiro do Coristanco tería imaxinado o sucedido na visita ao Pinguel de Ponteceso, onde o cadro pataqueiro non só pegou un pase importantísimo na loita por salvarse, senón que tamén influenciou e moito a do título. Os de Pensado tiñan claro que a estratexia pasaba por converter O Pinguel nunha versión improvisada da Rocheira, facendo o campo moi pequeno e reducir ao mínimo os espazos para a clase dos futbolistas determinantes dos pontecesáns. E funcionou á perfección. Iso non estivo contrastado coa valentía ofensiva, xa que cada vez que intuía sangue, atacaba o Coristanc. Marcos Corral adiantou aos seus, ao coller unha bola no área, revolverse e marcar de xeito inapelable. O segundo mazazo sería ademais psicolóxico, cun penalti convertido por Pazos a dous minutos do intermedio. Con só dez minutos xogados desde o paso pola 'refrixeradora', Jorge aproveitaba un rexeite para facer o terceiro, e de xeito moi similar Marcos Corral remachaba para o cuarto pouco despois. Con media hora por diante, estaba máis preto unha goleada de escándalo visitante que unha remontada na que nin o propio Ponteceso creu. Un disparo de Javi desde fóra do área púxolle a guindilla a un partido moi picante e que escuece no que era o equipo máis en frma, xunto co Ponteceso, da Liga da Costa. Malpica 4-3 Monte Louro Manolo Chouza, á esqueda, marcou o golazo da tarde - Foto: Edu Olveira O Malpica está a amosar o seu mellor nivel - Foto: Edu Olveira Campo: A Pedra Queimada Malpica: Lamas, Pablo (Casáis m.63), Marcos Pensado, Leilán, Alberto, Mario (Lolo m.75), Isma, Eloy Cabeza, Iván, Cololo e Álex Monte Louro: Fernando, Miguel, David, Manolo Chouza, César, Gelo (Adrián m.60), Yeray, Raúl (Cris m.85), Geiko, Gabriel (Joaquín m.73( e Pesi (Pedro m46) Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Álex Márquez e Iván do Malpica; Manolo Chouza do Monte Louro Goles: 0-1 m.6 Manolo Chouza; 1-1 m.29 Eloy Cabeza; 2-1 m.37 Eloy Cabeza; 3-1 m.53 Cololo; 4-1 m.66 Eloy Cabeza; 4-2 m.81 Geiko; 4-3 m.90 Manolo Chouza Festival da tranquilidade A calma clasificatoria que viven Malpica e Monte Louro repercutiu positivamente no espectáculo do seu enfrontamento, cheo de alternativas e alegrías ofensivas. Comezaron espectaculares os muradáns, cun golazo de Manolo Chouza desde máis de trinta metros e un remate de Geiko que se estrelou na madeira. Medrou pouco a pouco un Malpica sostido pola onte abusiva presencia de Eloy Cabeza. Seus foron os dous tantos cos que os locais voltearon o marcador antes do intermedio. Cololo faría o terceiro, o seu undécimo do curso, aos dez minutos da reanudación, mentres que o hat trick do carballés Eloy parecía poñerlle o punto fiinal á cita, con algo menos de media hora por xogarse. Pero na semana das remontadas Geiko e Manolo Chouza acurtaron distancias de tal forma que invitaron a crer, pero xa non quedaba tempo para máis. Baio 2-1 Castriz Sufriu e moito o segundo da táboa Campo: Platas Reinoso Baio: Diego, Isaac, Yago (Eloy m.68), Porto, Rubio, Fachal, Martín (Costiña m.86), Moreno (Fredi m.90), Bieito Javi Suárez (Ramón m.86) e Martín MC Castriz: Herrera, Rubén, Nakata (Martín m.85), Álex, Chinda, Adrián, Matías, Iván, Sebas, Mata e Steven (Roberto m.70) Ärbitro: Miño Rojas (A Coruña). Amonestou a Yago, Javi Suárez e Porto do Baio; Nakata e Mata do Castriz Goles: 1-0 m.38 MC, de penalti; 1-1 m.57 Sebas; 2-1 m.73 MC O de sempre, con máis apuros Custoulle e moito ao Club Deportivo Baio recurtar ata poñerse a un punto da primeira praza. Unha das mellores versións do curso do Castriz púxolle as cousas extremadamente difíciles, cunha presión alta para evitar o inicio de xogada. Pegou o primeiro aviso Steven, cun disparo de fóra do área que petaría no longueiro pola parte de arriba. Nun partido de distancias curtas, os achegamentos ao área eran selectivos nas dúas partes. Bieito, cun bo disparo, asinou a primeira dun Baio que se adiantaría a falta de sete minutos para o intermedio, ao transformar MC un penalti cometido por Nakata e moi protestado desde terras xalleiras, onde reclamaron que o ex do Mazaricos leva o balón na súa entrada. Non variou demasiado o panorama na reanudación, e moi cedo igualaría Sebas cunha vaselina marca da casa que poñía unha situación tola na cabeza da táboa. Comezaba de cero un novo partido de media hora onde ao Baio non lle quedaba outra que apretar, pero con recelo ás costas. Foi a conexión de todo o curso a que desequilibrou a cita en favor dos de Pedro Gómez. Un balón en velocidade por banda esquerda para Javi Suárez acabou con asistencia deste ao segundo pau, onde apareceu en carreira MC para achegar o liderato. Herrera resultaría chave para evitar máis goles de aí ao final.
Camariñas 0-3 Mazaricos Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo, Sergi (Eloy m.71), Kevin, Moriño, Rodri, De la Sierra, Yuyo (Martín m.46) (Álex m.53), Javi Antelo (Facundo m.76), Kevin Martínez, Brais e Nazo Mazaricos: Miguel, Xabi, Estéfano, Matías, Martín (Ramón m.65), Pereiro, David, Manuel Luis (Raúl m.75), Chenel, Molinos e Brais Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Nazo (m.42). Amonestou a Sergi e Antelo Goles: 0-1 m.58 Molinos; 0-2 m.85 Molinos; 0-3 m.86 David O mellor Camariñas non estivo sorte ante o martelo pilón Mellorou notablemente o Camariñas respecto aos dous últimos meses, para prantexarlle resistencia e moita a un Mazaricos que sigue vivo na loita polo título (e visto o visto esta semana cos seus rivais xa é bastante). Igualouse insospeitadamente o nivel durante unha primeira metade na que os locais entraron moi intensos e con presencia no centro do campo, sen renunciar a esa alegría ofensiva que castiga os espacios e os desequilibrios do rival. Estivo notable o meta Miguel, que lle sacaría un man a man a Nazo. Protestouse e moito a expulsión do menudo extremo, que recibiu dúas faltas que na NBA rozarían a 'flagrante', e sen embargo acabou expulsado na protesta. Tamén tivo as súas o aspirante a campión, pero nunha ocasión Pablo e noutra un defensa baixo paus pedíronlle paciencia para abrir o marcador. Co novo panorama, o cadro amarelo dominou case a pracer, con Brais e Molinos perdoando de anteman o primeiro. Foi precisamente o punta, tras coller unha boa asistencia no área, o que faría o primeiro con algo máis de media hora por xogarse. Estirou líneas de forma estéril un Camariñas que xa nos minutos finais viu como se compretaba unha goleada demasiado abrupta. Esteirana 1-1 Buño Campo: Jose Luis Vara Esteirana: Ponte, Code, Veloso, Dani Rama, Tobío, Josiño Alves, David Pais, Jaime (Pachín m.86), Álex, Estévez (Campos m.63) e Josiño Buño: Toni, Miguel Dourado (Dimitri m.46), Canedo (Varela m.57), Mario, Eloy, Adrián (Fran m.80), Dani Calvete, Juan Antelo (Richard m.68), Alexander, Emilio e Martín Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Jaime, Codesido, Tobío, Dani Rama e Josiño da Esteirana; Adrián, Canedo, Mario, Richard, do Buño Goles: 1-0 m.42 Jaime; 1-1 m.87 Richard A importancia de non perder e o adeus de Javier Lodeiro Igualaron nun duelo directísimo pola permanencia Esteirana e Buño, con salvada de papeis por parte visitante cando o partido agonizaba. No que era ademais a batalla entre a xuventude case condicionante e unhas táboas notables houbo igualada a case todo. Precisamente, a todo un veterano como Javier Lodeiro, adestrador dos azulgrana, o resultado acabaría por custarlle o posto. Quixeron os esteiráns levar o control de inicio, no que daría nun primeiro acto con reparto de case todo. Foi o meta local Ponte o que fixo a primeira gran intervención da tarde, na execución dun libre directo. Tamén Toni reclamaría a súa cuota de protagonismo, ao sacarlle a Josiño un man a man. O atacante resarciríase pouco antes do intermedio, ao asistir a Jaime para que este firmara o primeiro da tarde. O tanto mandou coa adrenalina a tope para o vestiario a unha Esteirana que na reanudación controlou e tentou pechar o resultado. Álex e Codesido resultaron lanzadeiras para un dos equipos máis rápidos da competición. Foron de auténtica locura os minutos finais. Richard, a tres para a conclusión, igualaba nun balón morto tras un saque de curruncho. O local Álex tería aínda así o segundo, pero o longueiro negoulle os tres puntos… e o cargo a Javier Lodeiro.

Comentarios