Venres. 17.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: Ceremonia de coronación

Liga da Costa: Ceremonia de coronación
O aplauso unánime e o recoñecemento dos seus rivais é a mellor expresión do que significou o triunfo incontestable do Baio sobre o Corme, que deixa aos de Pedro Gómez preto do título, protagonistas do revolcón clasificatorio e fillos simbólicos do triunfo de Iván Drago ante Rocky; a zona da permanencia comprímese cada vez máis Parecía toda unha final de Copa Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com

Baio 3-0 Corme

Campo: Platas Reinoso Baio: Diego (Recarey m.88), Isaac, Norberto, Yago, Luis, Fachal, Moreno (Santi Díaz m.80), Rubio, Bieito (Mario m.76), Javi Suárez (Peke m.85) e Martín MC (Martín m.88) Corme: Susiño, Uru (Dani m.54), Alejandro, Pandi, Eloy, Brais (Samuel m.86), Sergio (Jesús m.54), Adrián Doldán (Manu Bermúdez m.86), Toniño, Lucas (Brais Torrado m.80) e Alejo Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Toniño do Corme (m.64). Amonestou a Fachal do Baio; Jesús e Alejandro do Corme Goles: 1-0 m.40 Javi Suárez; 2-0 m.74 MC; 3-0 m.84 MC A parroquia local volcouse cos seus Como para pedir algo na cantina... O Platas Reinoso lembrou ao antigo Balsiño [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155050399667177/" width="850" height="500" onlyvideo="1"] Unha desas tardes para contarlle aos netos A final da Copa da Costa que non tiña trofeo e si tres puntos deixou o unánime recoñecemento ao Club Deportivo Baio como xusto vencedor, e tamén como merecedor dunha Liga da Costa que xa toca cos dedos. Foi unha tarde desas que de vez en cando recuperan o sabor pretérito de fútbol costeiro, un día no que o Platas Reinoso disfrazouse do antigo Balsiño, encheu os graderíos ao modo das imaxes en branco e negro e, sobre todo, tinguiu todo dun exquisito regusto de deportividade digno de saír nos xornais nacionais como resposta aos actos 'trogloditas' no balompé base. O final do encontro, cos protagonistas derrotados co pulgar en alto en sinal de bo perder e aplauso ao gañador lembra á nobreza dun encontro de rugby, á camaradería dos boxeadores que despois de molerse a paus son cómplices e compañeiros, aos códigos de honra que reinaban nas guerras pre nucleares. O Baio foi Iván Drago derrotando a Rocky, un revolucionario que despois de estar toda a Liga a rebufo foi quen de esperar o seu momento. Como toda batalla de postín o inicio, que para iso non son profesionais, estivo marcado por uns excesivos nervios e máis espectáculo na grada que no campo. Quixo ser sempre protagonista o Corme que asumiu a posesión do esférico, pero algo non ía segundo o guión habitual: a profundidade. Era máis un dominio de impresión que de ameaza, e pouco a pouco o Baio iría desperezándose ata contrarrestalo. Susiño salvou un par de accións ailladas e MC a piques estivo de abrir o marcador nunha contra. A partires de aí, a concatenación de feitos psicolóxicamente determinantes: primeiro, o gol de Javi Suárez previo ao intermedio, nunha acción típica do atacante. Segundo, a variante táctica post descanso dos cormeláns, con defensa de tres e uns riscos mortais ante un Baio letal con espazos. Terceiro, o cartón vermello a Toniño (dobre amonestación), no ecuador dunha reanudación na que non estaba a suceder demasiado, e cuarto e decisivo, o segundo tanto, obra de MC nunha acción xa con autoestrada. O punta e ídolo local compretou a case goleada cun golazo que lle fai xustiza a unha tempada como para retirarlle a camiseta e colgala do teito do Platas Reinoso. Só a actuación de Susiño acabaría por evitar que o partidazo do ano acabase en sangría goleadora, ante un Corme, que iso si, caeu coa cabeza alta e unha afección para aplaudirlle durante un partido enteiro.
O Baio, celebrando Así o viron os protagonistas: - Pedro Gómez (adestrador do CD Baio): "Gran partido e gran vitoria, nun ambiente único e ante un Corme que amosou de novo ser un luxo nesta Liga da COsta, cun equipo de xente da casa e apostando sempre por un fútbol ofensivo" - Alejo Cambón (dianteiro do Corme CF): "Non hai nada que dicir, foron superiores e xustos vencedores, notouse a diferencia entre un equipo que adestra e outro que non"  

Baíñas 6-2 Laxe

Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Braulio (Samuel m.77), Cristian, Canedo, Eloy García (Damián m.63), Víctor Agulleiro (Oreiro m.63), Chento, Felipe (Roly m.63), David Blanco, Canay e Pablo Muíño Laxe: Jacobo, Bras, Martín, Gora, Saleta, Manuel, Carrabete (Kike m.86), Borja, Jacinto, Santi (Rafa m.57) e Aless (Pedro m.65) Árbitro: López Fernández (A Coruña). Amonestou a Canay do Baíñas; Jacinto do Laxe Goles: 0-1 m.2 Braulio, en propia meta; 1-1 m.8 Pablo Muíño; 2-1 m.17 David Blanco; 3-1 m.42 David Blanco; 3-2 m.50 Saleta; 4-2 m.60 Pablo Muíño; 5-2 m.68 Pablo Muíño; 6-2 m.74 Pablo Muíño Tetramuíño Catro goles de Pablo Muíño e dous de David Blanco son a metáfora perfecta da diferencia entre o Baíñas e moitos dos seus rivais directos: o factor asasino. Os vimianceses pasaron finalmente por enriba dun colista que conta as datas para acabar o curso e que xa ten baixado os brazos. Competiu durante moitos minutos, pero acabou goleado. E iso que sorpresa madrugaba cando, nada máis comezar, Braulio introducía na súa propia portería un remate visitante. Volcáronse os verdes e antes do descanso xa parecían ter resolta. Pouco tardou en igualar Pablo Muíño, tras un pase entre líneas de Pablo que lle deixaba diante do porteiro. David Blanco, despois dun centro de Braulio e mal remate de Canedo, aproveitaba para facer o segundo. O de Neaño facía tamén o terceiro no rexeite dunha falta botada por Canaty. Ao igual que sucedera na primeira metade, o Laxe sorprendía de inicio na reanudación ao acurtar distancias por medio de Saleta. Pero faltaba o festival Muíño, que en asociación con David Blanco fixo os tres seguintes tantos. Un tras un centro preciso e os outros dous en boca de gol, con asistencias en bandexa so seu socio favorito.  

San Lorenzo 1-0 Cerqueda

Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Juanjo (Diego Varela m.64), Pablo Díaz, Rudi, Adrián, Álex Taibo, Mario (Ángel m.88), Parafita, Juni, Fuentefría e Kevin (Rubén Varela m.64) Cerqueda: Diego Dourado , Bastón, Athu, David, Uru, Javi Pazos, Michel, Cholo, Eloy (Dani Mato m.54), Lorenzo e Méndez Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Méndez do Cerqueda (m.90). Amonestou a Juni, Mario, Parafita e Fuentefría do San Lorenzo Gol: 1-0 m.18 Mario Un trámite moi necesario Moita calor e pouco fútbol nas Pedreiras, entre un San Lorenzo que se xogaba seguir mirando á promoción de ascenso e un Cerqueda que aínda que competiu dignamente evidenciou que xa non se xoga absolutamente nada. Os carballeses dominaron, pero non crearon oportunidades claras de perigo, ao igual que os visitantes. O único tanto da tarde chegou antes dos vinte minutos, nun libre directo que Mario convertiría cunha clase que xa non sorprende a case ninguén. Voltouse tedioso e monótono o que quedou por diante, cunha posesión algo estéril do San Lorenzo e unha orde sen máis no caso dos de Raúl Periscal. De feito, Javi Souto, protagonista ata agora, pasou inadvertido. Son doce vitorias e un empate nos trece últimos encontros para o conxunto verdillés.  

Ponteceso 2-1 Porteño

Campo: O Pinguel Ponteceso: Brais, Ismail, Matías, Aarón (Aday m.49), Luca (Xurxo m.86), Iván, Charly, Jose, Mendieta (Lucas m.84), Mara e Carlos (Brais m.49) Porteño: Jonathan, Pejo (Manu m.78), Piti, Jorge (Wii m.55), Quilmes, Mario Toja, Marcos, Chavín, Isma (Mario m.90), Manuel (Xoel m.54) e Rodri Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Ismail e Brais do Ponteceso Goles: 1-0 m.33 Matías; 2-0 m.39 Mara; 2-1 m.46 Mario Toja Baby pau Un Ponteceso repleto de canteiráns e que non se xogaba absolutamente nada compricoulle aínda máis a vida ao Porteño, a quen cada vez lle queda menos tempo para facer a súa habitual remontada de final de curso. A necesidade visitante igualou e moito as forzas durante unha primeira media hora na que novamente os erros ofensivos penalizaron aos da Ponte do Porto, Brais respondeu perfectamente a dúas accións francas, mentres que Mario Toja estrelaría un balón no longueiro. Na primeira clara dos pontecesáns, Matías cabeceou a gol un saque de curruncho. Pouco despois, un disparo do Xuvenil Iván acabou nun rexeite que Mara convertiría no segundo tanto. Foi un mazazo para un Porteño que aínda así á saída de vestiarios acurtaría distancias cun gran disparo de Mario Toja desde a frontal do área. Resultaría unha carreira contra o reloxo para polo menos tentar salvar un punto. Wii, de cabeza, e Pejo, para empurrar, tampouco acertaron. O balón seguía sendo dun Ponteceso que con moita xuventude e baixas deixou unha moi notable sensación.  

Malpica 4-1 Corcubión

Campo: A Pedra Queimada Malpica: Brais (Lamas m.80), Rubén (Lolo m.87), Pensado, Leilán, Alberto, Laye, Isma, Álex (Pablo Rey m.65), Iván (Lolo m.83), Brais Lado e Eloy Corcubión: Bruno, Mario, Adrián, Gabri (David m.80), Lojo (Mario Atán m.72), Sebas, Roi (Tito m.58), Lema, Rama (Nes m.56), Toja e Samu Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Amonestou a Toja e Sebas do Corcubión Goles: 1-0 m.43 Eloy Cabeza; 2-0 m.55 Brais Lado; 3-0 m.65 Alberto; 4-0 m.81 Iván; 4-1 m.91 Nes A xeira e a plaga Un Malpica que cada vez parece dar mellor nivel mandou un pouco máis ao pozo a unha Unión Deportiva Corcubión que parece fiel a unha máxima que quen non vexa os encontros podería tildar de excusa: competitivo e digno sempre, pero sen gol e débil en momentos chave. O inicio da tarde na Pedra Queimada falaba dunha batalla de paridad, sen demasiadas oportunidades de perigo, e cun corcubionés en bando contrario, Brais Lado, asumindo a maioría do protagonismo. Empezou a desmontar a resistencia visitante Eloy cun bo remate, previo ao intermedio e directo á moral. Tamén psicolóxico foi o tanto de Brais nada máis regresar de vestiarios, e que xa mandou fóra do contexto do encontro aos seus paisanos. De novo o extremo foi executor, esta vez dun saque de curruncho, para que Alberto fixera o terceira. Sobrou a máis de media hora que levou a cita ata o remate, que deixou polo menos dous goles: un de Iván tras gran xogada de Leilán e o dos visitantes, obra do ingresado no segundo tempo Nes.  

Esteirana 4-2 Unión Club Cee

Pladur revolucionou á Esteirana - Foto: Conchy Campo: José Luis Vara Esteirana: Roberto, Codesido, Dani Rama (Veloso m.71), Tobío, Simón, Álex, (Eloy Serrano m.86), Josiño Alves, Pablo (Suizo m.70), Josiño Barreiro (Campos m.78), Estévez e Róber Pladur Unión Club Cee: Paulo, Carlos Castiñeira, Jorgito, Chema, Martín, Esteban, Javi, Uri (Isma Márquez m.33), Álex (Samu Filgueiras (m.67), Juan Bello e Leo Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Jose e Pablo Rama da Esteirana; Álex e Paulo do Unión Club Cee Goles: 1-0 m.25 Róber Pladur; 1-1 m.41 Javi; 2-1 m.53 Tobío; 3-1 m.57 Róber Pladur; 4-1 m.73 Estévez; 4-2 m.88 Juan Bello Creo en Pladur todopoderoso, creador da esperanza e da fe Se Maradona ten unha Igrexa en Argentina, non sería descabellado pensar nunha sorte de 'confesión pladuriana' a medio prazo en Esteiro. O regreso do fillo pródigo ten coincidido cunha remontada rumbo á permanencia, con pleno de puntos e sobre todo moito poderío realizador. A incidencia do ex do Xallas vai máis alá da súa faceta realizadora: el crea, acapara e sentencia. O Cee, a súa víctima máis recente, presentouse no José Luis Vara con só trece efectivos, pero cunha versión moi notable que durante os primeiros compases respondeu ben: organizado e con saída perigosas con espazos. Josiño avisou na antesala do primeiro de Pladur. Ambas xeradas desde a banda, pero no caso do segundo con remate certeiro a porta. Dani Rama salvaba baixou paus a igualada, mentres que na outra portería Álex e Pladur tamén perdoaban. Xusto antes do intermedio, Uri tirou de clase para superar a Roberto cunha vaselina perfecta e poñer o 1-1. Púxolle unha marcha máis o cadro local na reanudación, na que rachou o encontro. Tobío, á saída dun córner, facía o segundo, mentres que pouco despois Pladur tiraba de potencia para superar ao seu par e facer o terceiro. Estaba ferido de morte o Unión, que concedería unha contra para o cuarto de Estévez. Só Juan Bello, contra o final, maquillaría o resultado.  

Camariñas 2-2 Coristanco

Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo, Gabri, Moriño, David (Joseba m.80), Brais (Javi Antelo m.50), De la Sierra, Pablo Mouzo (Rodri m.71), Maikol, Maikel (Yuyo m.53), Nazo e Luigi Coristanco: Brais, Alejandro, Gus, Iván, Jorge, Damián, Samuel, Álvaro (Añón m.56), Rubén, Cristian e Álex (Adrián m.64) Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Maikel do Camariñas; Rubén do Coristanco Goles: 0-1 m.46 Cristian; 1-1 m.52 Nazo; 2-1 m.58 Luigi; 2-2 m.88 Samuel Punto de tregua Non teñen queixa no que a intereses maiores se refire Camariñas e Coristanco, despois dunha semana máis sumando. Con dous estilos notablemente diferentes, houbo alternativas no marcador, emoción e boas accións. Pouco de relevante tivo unha primeira metade dominada polos locais e cun cadro pataqueiro buscando as saídas ás costas da defensa, con balóns longos e diagonais que non acabaron de fructificar. Serían os dous homes máis talentosos dos azuis os protagonistas para ben na reanudación e para lamento antes. Nazo atopaba a resposta perfecta de Brais nun tiro axustado, mentres que o mesmo recibiría Luigi na execución dun libre directo. Nada máis retornar de vestiarios sería o Coristanco o primeiro en atopar o camiño do gol, nunha acción persoal de Cristian que atopou a colaboración da defensa. Respondeu moi cedo Nazo, nunha triangulación ofensiva resolta por entre as pernas do porteiro. Un cabezazo de Luigi compretaría unha remontada que parecía non correr perigo, e que mismo puderon asegurar os palilleiros con varias opcións claras. Sen embargo, cando morría o encontro Samuel igualaría tras un balón longo ben controlado e resolto como home de área.  

Buño 3-0 Monte Louro

O Buño foi superior na segunda metade - Foto: Edu Olveira Campo: Xaviña Buño: Toni, Miguel Dourado, Manuel (Aitor m.83), Dimitri, Eloy, Jorge Calvete, Dani Calvete, Adrián (Richard m.70), Alexander (Fran m.80), Emilio e Martín (Mario m.77) Monte Louro: Xandre, Pablo (Pesi m.69), César, Jose Ángel (Borja m.63), Pedro, Gelo, Yeray (Sergio m.76), Miguel (Cristian m.83), David, Gabri e Geiko Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amonestou a Richard do Buño e Yeray do Monte Louro Goles: 1-0 m.47 Jorge Calvete; 2-0 m.61 Dani Calvete; 3-0 m.76 Alexander Cando a táboa apreta… Moveuse ben sobre presión o Buño, que ante o Monte Louro evidenciou a diferencia de necesidades duns e outros. Iso si, os muradáns están agora de novo coa luz amarela posta e deberán sumar un triunfo máis para non mirar aos arrastres. Non se intuía o que acabaría por suceder, despois dunha primeira metade igualada e na que incluso foron os muradáns os que dispuxeron de máis situacións de perigo. Aínda sen dominar o balón ou monopolizar o encontro, Geiko, David e Gabriel tiveron nas súas botas variar compretamente o panorama da loita pola permanencia. Tamén Gelo tentaría desde fóra do área. O debutante meta Xuvenil Xandre sacou dous balóns francos que o Buño non acertou a finalizar. Mudou todo tralo paso polos vestiarios, onde os oleiros pareceron atopar a ecuación perfecta. Nada máis comezar, Jorge Calvete facía o primeiro nun bo cabezazo. E para enmarcar foi o segundo, nunha acción na que case todo o Buño tocou o esférico e acabou resolvendo Dani Calvete por enriba do porteiro. Alenxander sentenciaría e só o bo facer de Xandre evitaría unha goleada maior.  

Castriz 0-5 Mazaricos

Campo: San Pedro Castriz: Herrera, Luis (Roberto m.55), Steven, Nakata, Carlos, Matías, Adrián, Martín, Rubén (Pablo m.80), Sebas e Kevin Mazaricos: Miguel, Esteban Gemelo (Raúl m.70), Estéfano, Martín (Maneiro m.55), Matías, Pereiro, Xabi (Manuel Luis m.67), Ricardo, Chenel, Brais (Oreiro m.67) e Molinos Árbitro: García Novo (A Coruña). Goles: 0-1 m.1 Chenel; 0-2 m.44 Ricardo; 0-3 m.50 Chenel; 0-4 m.60 Manuel Luis; 0-5 m.81 Molinos Unha man… ao cuello Sigue con opcións de ascenso un Mazaricos que goleou de forma case escandalosa a un Castriz que se sentía salvado e que agora deberá facer algún punto máis para evitar calquera susto, sobre todo tendo en conta o ritmo sumatorio dos de abaixo nas últimas semanas. Chenel pareceu impoñer, cun tiro desde a frontal, unha especie de regra de que o Mazaricos empezaba gañando 0-1 antes case de comezar. Despertou ese pau un conxunto local que durante case toda primeira metade dominou e dispuxo de opcións incluso para remontar, pero xa fora por acerto de Miguel ou falta de puntería a negación do gol foi absoluta. Non así para os visitantes, que case matarían a cita antes do descanso. Un exceso de confianza na saída do balón derivou en perda xalleira e recuperación de Molinos con case para RIcardo e resolución deste. Nada máis comezar a segunda metade outro golpe de Chenel que xa definitivamente deixaba ao Castriz sen resposta e con nervios a curto prazo.

Comentarios