Liga da Costa: Continuará...

11:23 06/02/17
Miroulle aos ollos o Mazaricos a un Corme que tirou de espírito de campión e cualidades para manter a condición de invicto: non errou ningunha das alternartivas, aínda que o Baio aguantou grazas a 'El Santo' Diego
Brais (Mazaricos) é amonestado nunha acción do partidazo da xornada - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Mazaricos 2-2 Corme
O balón parado foi un aliado do Mazaricos - Foto: Fin Lema
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel, Esteban Gemelo, Estéfano, Martín, Matías, Pereiro, David, Ricardo, Chenel (Manuel Luis m.80), Molinos (Oreiro m.70) e Brais (Dani m.30)
Corme: Susiño, Jesús, Martín (Dani m.83), Pandi, Alejandro, Eloy, Toniño, Diego (Brais Torrado m.69), Lucas, Brais e Alejo
Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña). Expulsou a Ricardo (m.22) do Mazaricos, así coma no banco a Ángel (m.75). Amonestou a Brais, Dani Martínez, Chenel, Oreiro e David do Mazaricos; Lucas do Corme
Goles: 1-0 m.14 Martín; 2-0 m.16 Martín; 2-1 m.31 Alejo; 2-2 m.72 Alejo
Isto non acaba aquí
Mantivo o Corme a súa condición de invicto nesta Liga da Costa, e o fixo ante un Mazaricos que lle lanzou un claro e contundente mensaxe: "aquí estou eu, e vou pelexar este título ata o final". Os amarelos fixéronlle pasar unha tarde moi dura ao dominador da competición, ata o punto de telo contra as cordas no primeiro cuarto de hora. Unha das asignaturas troncais da resistencia en Pino do Val pasa polo balón parado, e aí suspendeu o Corme nese tramo inicial, encaixando dous goles e facendo voar a ilusión do aspirante. Martín, de cabeza nunha falta primeiro e nun córner despois, poñía terra de por medio. Pero non tardaría e comezar un guión tamén duro para os locais. A expulsión de Ricardo aos vinte minutos, na típica acción onde uns reclaman provocación ao capitán e outros apuntan a agresión, abriría un novo horizonte, acentuado polo tanto de Alejo a pase de Lucas, nunha versión máis recoñecible dos cormeláns. Aguantou ben ordeado o Mazaricos nunha reanudación na que tocaba resistencia, e aínda que o balón foi netamente visitante tampouco houbo unha xeración exacerbada de accións francas de gol. Precisamente, un dos poucos erros defensivos locais, ao tentar despexar un balón, foi aproveitado por Alejo para equilibrar. Quedaban vinte minutos nos que o líder foi a polo partido, e nos que o Mazaricos tirou de oficio para aguantar. Pero isto non foi máis que a confirmación de que por diante veñen tres meses sen paz para ningún dos dous.
Unión Club Cee 1-0 Corcubión
Campo: San Paio de Refoxos
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Aitor, Esteban, Martín, Uri (Noé m.80), Leo (Andrés Trillo m.58) Juan Bello (Rubén m.86) e Javi (Álex m.67)
Corcubión: Abe, Mario, Pablo, Adrián (Nes m.67), Gabi, Sevas, Antón Lestón (Tito m.64), Lema, Rama (Toja m.52), Lojo (Roi m.52) e Senra (Alan m.82)
Árbitro: Matínez Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Antón Lestón (m.76) do Corcubión. Amonestou a Uri e Martín do Cee; Mario, Pablo, Toja e Roi do Corcubión
Gol: 1-0 m.22 Nico
Aire no derbi da supervivencia
Un dos derbis máis históricos do fútbol da Costa, reinventado para a xeración 'millenial' en forma de duelo directo pola permanencia, saldouse co triunfo do Unión Club Cee sobre un Corcubión que seguramente non mereceu marchar sen rédito do feudo do veciño. Pudo ter mudado todo nada máis comezar, se Rama non tivera perdido a batalla con Paulo. A estratexia da UD pasou por un ordeado repliegue e cesión de iniciativa a un Unión que non toleou, e que marcaría cedo, tras unha execución de pelota parada a cargo de Juan Bello e bo remate do carnotán Nico. Sería decisivo, a pesares das tentativas de ambos. De novo Rama, a piques de chegar o intermedio, marraría a do empate, cunha miragreira chegada de Julito. Emerxería xigantesca a figura do meta Abe na reanudación, na que mantivo vivas as esperanzas corcubionesas con tres paradas notables. Sería o pau, a tiro de Roi así como Paulo, ante Lema, os que frearían o que pudo ter sido unha sinatura de táboas comprometedora para ambos veciños.
Coristanco 3-1 Porteño
Campo: A Rocheira
Coristanco: Brais, Samuel, Rubio, Iván, Mato, Javi, Pazos, Gus (Gonzalo m.60), Damián (Toni m.75), Andrés, Jorge e Marcos Corral (Sergio m.85)
Porteño: Martín, Pejo, Adrián (Manu m.85), Cousillas (Xoel m.75), Mario Toja, Marcos, Jorgito, Isma, Manu, Roi e Rodri (Wii m.46)
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Pazos (m.77) do Coristanco
Goles: 1-0 m.28 Iván; 1-1 m.65 Marcos; 2-1 m.73 Marcos Corral; 3-1 m.74 Damián
Deberes feitos
Acadou o Coristanco tres puntos deses chave na loita pola permanencia, a costa dun Porteño que sempre compite e deixa sensación de ter argumentos, pero que por unha cousa o outra acaba por suceder algo negativo. Se un conxunto pode adaptarse ao fútbol da Rocheira ese é o conxunto da Ponte, perigoso a balón parado e acostumado a moverse en distancias curtas. A pesares diso, nunha primeira metade sen demaisado fútbol e con moito temor, Iván lograría adiantar aos locais precisamente en estratexia. Xa no segundo acto, e nun saque de banda deses que os porteñistas manexan á perfección, igualaría Marcos. Buscou con valentía o triunfo o cadro da Ponte do Porto, e acabaría por pagalo excesivamente caro. Marcos Corral, nunha contra, e Damián, de disparo lonxano, selaron unha vitoria fundamental para os pataqueiros e unha dolora derrota para un Porteño ao que se lle vai minando a moral pouco a pouco.
Monte Louro 2-0 Cerqueda
O Louro tivo máis tino que o Cerqueda - Foto: Edu Olveira
Riki foi dos destacados - Foto: Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Iago, Abel, David, Manolo Chouza, César, Yeray (Jose Ángel m.80), Raúl (Dani de Sahorta m.66(, Riki, Miguel, Gabri (Juan de Selia m.70) e Geiko
Cerqueda: Diego, Bastón (Moha m.75), Dani, Uru, Javi Pazos, Cholo (Jonás m.81), Míchel, Lorenzo, Adrián, Méndez e Martín
Árbitro: Pérez Pol (A Coruña). Amonestou a César, Abel, Gabi, Geiko e Yeray do Monte Louro; Martín, Míchel e Méndez do Cerqueda
Goles: 1-0 m.42 Miguel; 2-0 m.88 Geiko
Louro de moda
Foi a Unión Deportiva Monte Louro a que levou o cruce entre dúas das revelacións do curso na Liga da Costa, nunha tarde na que ambos deixaron detalles do por que do seu bo facer. Nunha primeiro acto igualado, sen demasiadas ocasións de perigo e na que só Riki polos locais e algún balón parado illado por parte visitante inquedaron, desequilibraría Miguel pouco antes do intermedio. O muradán finalizou unha bonita acción por banda entre David e Gabri, con centro do primeiro para a entrada, libre de marca, no segundo pau. Deu paso adiante o Cerqueda nunha segunda parte na que tivo un dominio algo traicioeiro, pois abríronse espazos onde o Louro síntese á perfección. Riki e Geiko tiveron nas súas botas case a sentencia. Perdoaría a súa o Cerqueda, nun dous para un, e nunha contra Geiko sentenciaría, tras un gran desequilibrio en acción persoal de Juan de Selia.
Castriz 3-0 Laxe
Campo: San Pedro
Castriz: David, Luis, Chinda, Raúl, Álex, Nakata, Iván, Adrián, Pablo (Martín m.60), Matías (Mata m.60) e Roberto (Kevin m.79)
Laxe: Iígo, Bras, Gora, Pablo (Felipe m.24), Manuel (Martín m.61), Borja, Saleta, Javi, Áles, Bieito (Carrabete m.46) e Santi Casas (Simón m.46)
Árbitro: García Vázquez (A Coruña).
Goles: 1-0 m.67 Pastoriza; 2-0 m.72 Mata; 3-0 m.88 Kevin
Castigo excesivo a un bo Laxe
Fíxoselle demasiado longa a tarde en San Pedro de Castriz a un Laxe que de todos modos segue a deixar boas sensacións nas últimas semanas. Prácticamente condeado hai algo máis dun mes, o equipo bergantiñán apretou e moito nun primeiro acto no que sorprendeu ao equipo local. Só unha gran intervención de David impediu que o intermedio arribase con sorpresa. Pola súa parte, o Castriz non era capaz nin de frear o ímpetu visitante nin de chegar con perigo a portería rival. Todo mellorou exponencialmente para os xalleiros á volta dos vestiarios, cando prácticamente se invertiron as tendencias duns minutos antes. Iván fixo o primeiro ao rematar a pracer unha acción que el mismo comezara por banda dereita, mentres que pouco despois Mata, tras un despexe da súa propia defensa, sentenciaba a tarde. Un rexeite dunha falta executada por Adrián permitiulle a Kevin facer o terceiro. Era un castigo demasiado duro para un Laxe notable durante unha hora.
Buño 0-3 Baíñas
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Jordán, Pablo Canedo (Aitor m.76), Mario (Dimitri m.85), Eloy, Jorge Calvete, Juan Antelo, Dani Calvete, Fran (Richard m.68), Martín (Emilio m.83) e Adrián
Baíñas: Iván, Cristian, Braulo, Canedo, Héctor, Esteban (Roly m,54), Chento, Canay (Eloy m.80), Felipe, Víctor (Damián m.75) e Pablo Muíño (Samuel m.57)
Árbitro: García Gómez (A Coruña).
Goles: 0-1 m.1 Pablo Muíño; 0-2 m.80 Braulio; 0-3 m.90 Samuel
Asoma a testa
Pouco a pouco mellora, en boa parte sostido por individualidades de nivel superior a unha loita pola promoción, un Baíñas que ademais ten mellorado sustancialmente o sistema defensivo. Foi determinante durante o primeiro acto a figura de Pablo Muíño, que abriu o marcador ao pouco de empezar a xogar. Felipe executou unha magnífica acción persoal e asistiu para que o dianteiro non perdoara e superase a Toni con clase. Sería o ex do Dumbría e o Zas protagonista de dúas accións máis, algo tímidas. Pero o dominio era totalmente para un Buño que non acababa de atopar por onde entrarlle ao seu rival. Os contratempos en formas de lesións de Esteban e Pablo Muíño fixeron que os vimianceses reculasen máis e máis e atopasen no pau ao seu aliado. E así ata que outro grande tirou de calidade. Braulio atallou un rexeite na súa área e 'cabalgou' ata a medular, desde onde sacou un diaparo que colleu a Toni adiantado e prácticamente sentenciou a tarde. Iván sería chave para salvar o '0'. así como o longueiro. Samuel, xa na prolongación, puxo o último.
Camariñas 2-3 San Lorenzo
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Pablo, Sergi (Gabri m.25), Kevin, Moriño, David, Yuyo, Pablo Mouzo, Dani (Álex m.48), Joseba, Maikel (Álvaro m.78) e Nazo
San Lorenzo: Javi Souto, Samu, Kevin (Adrán m.76), Rudi, Juanjo (Pablo m.46), Álex Taibo, Diego Varela, Iván Parafita (Anxo m.86), Juni, Mario e Dani Pena
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Expulsou a David (m.75) do Camariñas e a Diego Varela (m.22) do San Lorenzo. Amonestou a Moriño e Maikel do Camariñas; Kevin do San Lorenzo
Goles: 0-1 m.2 Parafita; 1-1 m.35 Juni, en propia meta; 2-1 m.37 Nazo; 2-2 m.47 Mario; 2-3 m.62 Mario
Onde outros caeron…
Está o San Lorenzo nun dos seus momentos máis idílicos do curso, e con tódalas opcións de título aínda moi vivas. Os carballeses venceron no Hermanas Patiño, ante un bo Camariñas, un rival que xa lle pasara por enriba a algúns dos favoritos, coma o Ponteceso. O fixeron, ademais, remontando un resultado que ao descanso era adverso e que tiña o perigo latente da velocidade á contra dos locais. E iso que todo parecía camiño dunha tarde prácida cando aos dous minutos unha boa acción combinativa por banda dereita acabou cun despexe forzado de Pablo e remache ao fondo da rede, desde o punto de penalti, de Parafita. A tendencia habitual dun conxunto con pouco en xogo e gol madrugador en contra tende a ser a relaxación, pero non foi así para un equipo local que buscou porteía e puxo a proba a Javi Souto con balóns colgados. A cousa iría compricándose pouco a pouco para o San Lorenzo, desde a expulsión de Diego por unha entrada a Sergi, ata dous goles de distinta factura que poñían unha tesitura de remontada, cun home menos e ante un rival rapidísimo. Juni introducía en propia meta un centro tras córner. O de Nazo si que foi deses nos que á víctima só lle queda apludir: o pequeno extremo colleu o balón na medular, sorteou a dous rivais e tirou unha parede rápida, asociouse despois con Yuyo e resolveu a gol unha acción de vídeo. E aí entraríalle a vena de campión a un San Lorenzo moi meritorio tralo paso por vestiarios. Nada máis comezar Mario igualou á saída dun córner. O mesmo protagonista, habitual guante en faltas directas, selaría a remontada pouco despois, nunha notable acción colectiva. O prematuro da remontada evitou que o Camariñas xogase co espazo e a velocidade, e o choque entrou nunha pelexa entre un equipo que loitaba por tres puntos e outro que o facía polo título.
Esteirana 1-4 Ponteceso
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Rafa, Martín, Álex, Álex Martínez (Brais m.46(, Pablo Rama, Codesido, David, Jaime (Xian m.71), Simón (Campos m.70) e Tobío (Eloy m.78)
Ponteceso: Brais, Ismail, Cotelo (Baba m.57), Matías, Nando, Alberto Recarey (Adrián m.86), Yago (Martín Puente m.78), Charro, Mendieta, Mara (Dieguito m.64) e Charly
Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Simón da Esteirana e Ismail do Ponteceso
Goles: 1-0 m.6 Pablo Rama, de penalti; 1-1 m.16 Nando; 1-2 m.31 Matías de penalti; 1-3 m.42 Rafa, en propia meta; 1-4 m.85 Dieguito
Susto e arranxo
Un cuarto de durou a sorpresa da Esteirana ante un Ponteceso que manten o ritmo co que comezou o ano. Un madrugador penalti convertido por Pablo facía saltar as alarmas e o statu quo na zona nobre da Liga. Non tremeu o conxunto de Barca e antes da igualada xa avisou cun disparo ao longueiro. Nando, de lanzamento coa esquerda desde o borde do área, igualou, mentres que un claro penalti convertido por Matías (tras derribo de Simón a Mara), así como un desafortunado tanto en propia portería de Rafa en acción por banda de Charro, deixaron o partido prácticamente resolto para o descanso. Tan lánguida como tímida foi a tentativa de reacción esteirán, mentres que por parte visitante a aposta foi por controlar os tempos dun partido que aínda vería o tanto de falta de Dieguito, tras tocar na barreira
Baio 2-1 Malpica
Campo: Platas Reinoso
Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Pedro, Mario (Fachal m.60), Martín, Moreno (Bieito m.60), Rubio, Javi Suárez e Martín MC
Malpica: Víctor, Cristian, Marcos Pensado, Leilán, Alberto, Isma, Mario Casal, Brais Lado, Iván (Álex, min. 63), Ortiz (Petis, min. 71) e Eloy
Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Mario, Fachal e Martín do Baio; Brais, Leilán e Isma do Malpica
Goles: 1-0 m.3 MC, de penalti; 1-1 m.30 Brais Lado; 2-1 m.87 MC
'El Diego' dos tres paus
Unha actuación marabillosa de Diego salvou ao Baio de perder comba na loita pola Liga da Costa e privou ao Malpica de dar a sorpresa no que estivo preto de ser o mellor partido do curso para os bergantiñáns. E iso que un clarísimo penalti cometido por Alberto sobre Moreno provocara o moi madrugador gol de MC, e o que tiña pinta de ser unha sorte de triunfo cómodo para o segundo da Liga. Nada máis lonxe da realidade. O paso dos minutos fixo medrar aos visitantes, que igualarían á media hora tras varios rexeites. MC e Martín tiveron, tanto en xogada coma no balón parado, opcións para recuperar a vantaxe, pero entre o poste e Víctor o evitaron. O sufrimento baiés comezaría tralo paso por vestiarios, con Pedro sacando o balón baixo paus nunha acción de Brais, e o equipo do central incapaz de xerar accións claras. Só Javi Suárez, nun cabezazo ao pau, estivo preto de acadar premio. Non sería ata a recta final, cun pase xenial de Bieito a MC, cando o Baio decidiría. O punta regateou a Víctor e empurrou a pracer. Quedáballe ao Baio un interminable desconto, que se saldaría cion balóns ao pau de Mario Casal e dúas paradas antolóxicas de Diego, a Eloy Cabeza e Ismael.




