Liga da Costa: Mikaela tamén xoga
12:09 06/03/17
A famosa festa de Buño, á que acudiron 'representantes' de tódolos equipos da Costa, foi un elemento máis nunha xornada na que ningún dos favoritos fallou (e van...)
O Mazaricos foi fiable na casa como sempre - Foto: CF Porteño
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Mazaricos 5-2 Porteño
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel Ángel (Ángel m.46), Raúl (Tuco m.70), Estéfano, Martín, Matías, Pereiro, David, Oreiro, Chenel, Molinos e Brais (Manuel m.46)
Porteño: Jimmy do Cairo, Adrián, Piti (Xoel m.56), Rodri, Manuel, Roi (Cachi m.87), Isma, Jorgito, Marcos, Wii e Mario Toja (Mario m.68)
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Oreiro e Estéfano do Mazaricos; Cachi do Porteño
Goles: 1-0 m.22 Adrián;; 2-0 m.34 Martín; 3-0 m.42 Brais; 3-1 m.51 Piti, de penalti; 4-1 m.55 Oreiro; 4-2 m.63 Pejo; 5-2 m.87 Chenel
Fiabilidade asegurada
Nunha confrontación de necesidades similares e obxectivos antagónicos, o Mazaricos superou con comodidade a un Porteño que volveu sufrir algunha baixa importante e que non tivo demasiadas opcións de discutirlle os tres puntos ao seu rival. Non houbo demasiadas oportunidades de perigo durante unha primeira metade na que os locais xa deixarían encamiñada a tarea. Resultaron chave os tantos de Martín e Brais, pouco antes do intermedio. Nos dous casos non estivo á altura a zaga porteñista. Un córner sacado por Matías deixou dous rexeites no área, e non marrou Martín á hora de definir. No segundo, un resbalón inoportuno daría no man a man de David con Jimmy, que aínda que salvou en primeira instancia non pudo coa segunda acción de Brais. Mellorrou o Porteño na reanudación, aínda que non o suficiente para variar o devenir do marcador. Piti, de penati, acurtou distancias, pero no contragolpe o Mazaricos 'matou' calquera atisbo de sorpresa.
Corcubión 1-2 Cerqueda
Non acaba de ter sorte o Corcubión - Foto: UD Cerqueda
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abe (Beto m.55), Mario, Alan, Lojo (Xabi m.73), Sebas, Roi (Toja m.55), Lema, Rama, Toni (Antón Lestón m.60), Senra (Tito m.70) e Pablo Castro
Cerqueda: Richard, Bastón (Landeira m.46), David Velo , Atu, Javi Pazos (Sergio m.70), Eloy, Michel, Jonás (Diego Dourado m.86) , Lorenzo, Méndez e Iván
Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Pablo Castro do Corcubión; Bastón David Velo, Landeira e Iván do Cerqueda
Goles: 0-1 m.8 Jonás; 1-1 m.37 Lema, de penalti; 1-2 m.42 Iván, de penalti
Once metros da morte
Os penaltis marcaron o desenlace dun partido dramático para os intereses do Corcubión, e no que o Cerqueda prácticamente non se xogaba nada, ademais de manterse como unha das sorpresas da Liga da Costa. Houbo alternativas e opcións para os dous nun primeiro acto tolo e que acabaría por ser decisivo no marcador. Entroulle alegre á cita o cadro local, que recibiría un subidón moral e baixón en menos dun minuto. Primeiro Abe pararía unha pena máxima 'madrugadora', pero pouco despois Jonás, tirando de oportunismo, poñía por diante aos seus. Avisaría Roi e igualaría Lema, no segundo penalti da tarde. Mentres, Abe seguía ao seu e por segunda vez salvaba aos seus. Sería efímera esa condición, non obstante, xa que no que era a terceira pena máxima da tarde Iván non fallaba. Era un zarpazo moral do Cerqueda, que marchaba ao descanso en vantaxe. Sería a reanudación o momento da ofensiva corcubionesa, en forma de berro desesperada pola salvación. Dous paus e tres balones marrados en boca de gol foron unha metáfora da súa tempada, e tamén unha explicación da situación dun histórico con problemas de puntería… e de saúde deportiva.
Corme 5-1 Laxe
Campo: O Cairo
Corme: Jose, Jesús (Alejandro m.72), Dani, Pandi, Sergio (Martín m.61), Eloy (Jose Manuel m.75), Diego, Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Toniño (Brais m.72)
Laxe: Iñigo, Bras, Martín (Aless m.46), Pablo, Jacinto (Pedro m.82), Borja, Saleta, Miguel Varela ((Rafa m.62), Felipe, Casas e Carrabete (Zúrich m.62)
Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulso a Felipe do Laxe (m.58).
Goles: 1-0 m.8 Alejo, de penalti; 2-0 m.27 Lucas; 3-0 m.46 Alejo, 3-1 m.54 Pandi, en propia meta; 4-1 m.70 Adrián Doldán; 5-1 m.90 Alejo
A historia mil veces representada
Pasoulle por enriba o Corme ao Laxe nun derbi desigual na táboa e no terreo de xogo. Un dos mellores aliados do líder son os tantos madrugadores, que quitan a ansiedade, obrigan ao plan B dos rivais e provocan espazos difíciles de ocupar pola maioría dos competidores. A historia do partido tamén tuvo o habitual festival goleador de Alejo, que con tres dianas máis chega aos corenta e seis e ameaza xa claramente o récord de hai un cuarto de siglo. O punta inaugurou o marcador ao transformar un penalti cometido sobre Adrián Doldán. O maná do xogo e o talento cormelán, Lucas, aumentaría distancias na execución dun libre directo perfecto e sutil. Xa no segundo acto, unha cesión de Toniño para Alejo significaría o terceiro, respostado polo Laxe cun autogol de Pandi. Pero a resistencia visitante tornaríase aínda máis difícil con dez, por mor da expulsión do punta Felipe. Unha combinación colectiva con volea de Adrián Doldán sería o cuarto, antesala do peche da función a cargo de Alejo, que culminaría unha nova tarde 'tritranquila'.
Cee 1-1 Baíñas
Campo: San Paio de Refoxos
Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Jose, Esteban, Martín (Andrés Trillo m.80), Noé (Carlos Leis m.75), Javi, Juan Bello (Uri m.70) e Carlos (Leo m.60)
Baíñas: Maikel, Cristian, Braulio, Canedo, Héctor (Esteban m.85), David Blanco, Chento, Canay (Canay m.82), Felipe, Samuel (Eloy García m.46) e Pablo Muíño
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Expulsou a Javi (m.31) do Cee. Amonestou a Jorgito do Cee e Braulio do Baíñas
Goles: 1-0 m.12 Juan Bello; 1-1 m.80 Pablo Muíño
Táboas de salvación
Directísimo duelo entre Unión Club Cee e Baíñas, que finalizou cun empate que lle sirve aos dous para manter unha dinámica positiva nas últimas xornadas, así como unha tendencia sumatoria. Notouse a importancia do choque na intensidade coa que o afrontaron os dous conxuntos, algo que por outro bando repercutiría negativamente na vistosidade de xogo. Apareceu madrugador o máis listo, e veterano, sobre o terreo de xogo. Juan Bello aproveitaría un rexeite nun córner ao primeiro pau para darlle alas ao Unión. Houbo moito mediocampismo e poucas áreas ata o intermedio, cun cadro local que quedaría en inferioridade pero que sería tremendamente solidario no esforzo. Medraron e moito os vimianceses nunha segunda metade na que Maikel estaría salvador abte Pablo Muíño primeiro e Braulio despois. O meta non tería como sacar, a falta de dez minutos, unha acción de Braulio por banda dereita que o dianteiro de moda (xunto con Alejo), Muíño, empurraría a gol. Apretaría e moito o Baíñas, que a tería nun cabezazo de David Blanco, aínda que o epílogo de infarto o asinarían Leo, cun gran remate, e Maikel, cunha resposta en forma de paradón que desesperaría á parroquia local xa co tempo cumprido.
Coristanco 1-5 San Lorenzo
Campo: A Rocheira
Coristanco: Nacho, Álex Mato, Javi (Añón m.60), Pazos, Villajos (A Gustavo), Iván (Álvaro m.55), Jorge, Damián (Sergio m.56), Samuel, Rubén e Cristian
San Lorenzo: Javi Souto (Sergio m.81), Samuel (Javi Puñal m.73), Pablo, Rudi, Adrián Varela (Kevin m.64), Álex Taibo, Diego Varela, Parafita, Juni, Mario e Dani Pena (Fuentefría m.60)
Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Álvaro do Coristanco; Adrián Varela e Javi Souto do San Lorenzo
Goles: 0-1 m.11 Juni; 0-2 m.31 DIego Varela; 0-3 m.37 Samu; 0-4 m.66 Mario, de penalti; 1-4 m.74 Cristian; 1-5 m.90 Mario
Un exame de nota
Pasou con solvencia e suficiencia o San Lorenzo unha das saídas máis difíciles que lle deixaba o calendario. O conxunto carballés superou ao Coristanco nun derbi que se apagou moi cedo e que deixou claro a firmeza da súa candidatura. Resultou determinante o gran primeiro acto dos pupilos de Óscar Suárez, así como o erro do meta local no primeiro tanto de Juni, que variou compretamente o guión de resistencia que puderan ofrecer os locais. Quedaría a tarde vista para sentencia xa antes do intermedio. Diego Varela, cun tanto de videoteca co calcaño, e Samuel, de cabeza á sañida dun córner, convertiron a reanudación nunha sorte de cita amigable entre veciños. Mario, de penalti, faría o cuarto, e repetiría xa contra o final cun remate desde fóra do área. Fiable en defensa, letal en ataque e sobre todo nun momento arrollador, o San Lorenzo segue a meterlle presión ao intratable Corme e ao Baio.
Monte Louro 0-2 Ponteceso
Imaxe do penalti que resultou o 0-2 - Foto: Edu Olveira
O Ponteceso acadou un importante triunfo - Foto: Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Fernando, Miguel, David, Manolo Chouza, Pablo (Jose Ángel m.72), Yeray (Gelo m.68), Dani de Sahorta, Raúl, Riki (Cris m.83) Gabri e Pesi (Adrián m.76)
Ponteceso: Xurxo, Martín Puente, Ismail, Dito, Matías, Nando, Alberto Recarey, Dieguito (Mendieta m.61), Yago (Luca m.78), Baba e Mara (Mohssin m.85)
Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Pablo, Raúl, Danid e Sahorta e Fernando do Monte Louro; Charro do Ponteceso
Goles: 0-1 m.14 Manolo Chouza, en propia meta; 0-2 m.76 Baba, de penalti
Pola vía do control
Tampouco fallou o Ponteceso, que entre os candidatos ao título foi un dos que tivo un partido máis axustado, polo menos no que ao marcador se refire. Os de Barca superaron a unha UD Monte Louro aínda sen algún dos seus homes referencia en ataque, pero con orde e capacidade para resistir ante conxuntos máis grande. Axudou a calmar os posibles nervios un guión que deixaría unha vantaxe a administrar case toda a tarde por parte de Ponteceso. Un centro de Dito atopou a colaboración de Manolo Chouza, que ao tentar despexar metería o balón na súa propia portería. Unha acción de Raúl e un disparo por enriba do longueiro por parte de Dani foron as réplicas locais, nun contexto de fútbol control por parte visitante. Aumentaría a presión o Monte Louro nunha segunda metade na que reclamaría dúas penas máximas, a máis punible nunha saída de Xurxo ante Raúl. Pero a falta dun cuarto de hora quedaría o encontro finiquitado, tras unha deixada de Mara para Mendeita, que sería arrollado cando ía encañonar. O penalti foi convertido por Baba. Os loureáns pediron falta sobre Manolo Chouza na acción anterior.
Castriz 4-2 Malpica
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Rubén, Steven, Álex, Nakata (Martín m.80), Adrán, Matías (Raúl m.63) (Carlos m.75), Iván (Kevin m.85) e Mata (Roberto m.46)
Malpica: Víctor, Cristian (Casáis m.43), Pensado, Alberto, Leilán, Mario, Isma, Brais Lado, Iván, Cololo e Álex (Brais Ortiz m.60)
Ärbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Brais Lado (m.90) do Corcubión. Amonestou a Alberto do Castriz; Alberto, Cololo, Ortiz do Malpica
Goles: 1-0 m.26 Sebas, de penalti; 1-1 m.30 Cololo; 2-1 m.55 Adrián; 3-1 m.62 Roberto; 3-2 m.64 Cololo; 4-2 m.82 Roberto
Ida e volta sen demasiada presión
Non era precisamente o partido con máis en xogo a confrontación entre Castriz e Malpica, e notouse para ben nun espectáculo de goles e alternativas no que o triunfo caería de lado local. Houbo igualdade, aunque predominancia do azul nunha primeira metade na que sen embargo o primeiro en golpear sería o conxunto local, tras un penalti convertido por Sebas. A resposta de Cololo chegaría só dous minutos despois, e tras un barullo no área. Habería máis achegamentos malpicáns, pero non era o día da puntería, máis aló do acerto do seu home insignia e veterano ilustre. Contra o ecuador do segundo tempo empezaría inclinarse a balanza, primeiro cun remate de Adrián emulando a Toni Kroos, chegando desde atrás e acompañando sutilmente a bola. Pouco despois, Roberto faría o terceiro tras un rexeite a tiro de Steven. Non se rendiría un Cololo oportunista e que en boca de gol acurtaría distancias. Chegaban aí os mellores momentos dun Malpica que chocou con Herrera e que reclamou penalti sobre Brais nun derribo ao corcubionés, expulsado tralo choque. Unha volea envenenada a falta de oito minutos finiquitou a tarde.
Buño 0-2 Baio
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Jordán, Dimitri, Mario (Canedo m.70), Eloy, Manuel (Fran m.70), Dani Calvete, Juan Antelo (Richard m.70), Alexander, Emilio e Martín
Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto, Rubio (Ramón m.76), Fachal, Martín (Eloy m.71), Moreno (Yago m.81), Bieito, Javi Suárez e Martín MC
Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Mario, Juan Antelo, Toni e Eloy do Buño; Norberto do Baio
Goles: 0-1 m.24 MC; 0-2 m.65 MC
700 motivos para ser grande
Acadou un novo triunfo o Club Deportivo Baio, o número setecentos na súa dilatada historia, o que manten o mesmo status quo entre os candidatos a campión da Liga da Costa. O segundo da táboa visitaba o epicentro da festa costeira nesta fin de semana, Buño e a súa Mikaela. Nunha fin de semana sempre compricada, os oleiros decidiron que a mellor forma de encarar a tarde era a resistencia e búsqueda de saídas, polo que ao Baio lle tocaba armarse de paciencia e agardar o seu momento para decidir. E vaia se tivo que tirar dela. Ata tres balóns estrelou no longueiro antes do descanso: un disparo de Morenod esde a frontal, un remate de Bieito e outro de MC. O billete á calma chegaría da forma menos clara e sinxela, polo menos sobre o papel, cun disparo do propio MC desde corenta metros que sacou aplausos incluso de parte da parroquia local. Non variaría demasiado o panorama na reanudación, na que tímidamente os locais tentaron estirar filas, e na que decidiría o resultado MC, tras asistencia de Martín. Habería aínda un cuarto balón ao treveseiro, a cargo de Javi Suárez.
Camariñas 1-1 Esteirana
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Pablo Novo, Sergi, Kevin, Moriño, Rodri, De la Sierra, Yuyo, Javi Antelo (Brais m.65), Gabri, Maikel e Nazo
Esteirana: Ponte, Simón, Codesido, Dani Rama (Iker m.78), Tobío, Álex, Jaime, Pablo, Josiño Alves, Campos (Pachi m.52) e Estévez
Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Maikel (m.75) do Camariñas e Pablo Rama (m.90) e Simón (m.75) da Esteirana. Amonestou a De la Sierra, Javi, Sergi, Nazo, Moriño, Gavri e Pablo do Camariñas; Simón, Jaime, Brais, Isma, Pablo da Esteirana
Goles: 1-0 m.22 Nazo; 1-1 m.88 Estévez
Tres protagonistas
Non só Camariñas e Esteirana tiveron incidencia no duelo directo do Hermanas Patiño. Parecía ter ganas de unirse á festa o colexiado Larrosa Pérez, de inusitada rapidez de brazo cos cartóns e que deixou o partido nun panorama de dez contra nove. Mellorou notablemente a súa imaxe o cadro palilleiro, que a pesares de formar contra vento no acto inicial fixo unha lectura moi intelixente e incluso acabaría por sacar vantaxe nesa adversidade. Os balóns interiores para romper as líneas de defensa foi a opción elixida para facer dano, e coa que conectou con Yuyo ata en tres opcións de relativa claridade. Na última delas, iso si, logrou prantarse ante Ponte, algo escorado, e no man a man o porteiro gañou a partido. Sen embargo, o seu rexeite chegaría a Nazo no punto de penalti, que machacaría ao fondo da rede. Mudou o panorama na segunda metade, na que o festival de expulsións condicionou moito o sucedido. Maikel foise á caseta por unha falta que el non cometeu. A igualada chegaría a falta de dous minutos, nun disparo de Estévez que se envenenou despois de tocar nun defensa local. Co empate, e con nove, aínda tería dous achegamentos claros o cadro visitante.