Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Liga da Costa: Nin un dúo nin un trío... Orxía!

Liga da Costa: Nin un dúo nin un trío... Orxía!
Os pinchazos de Corme e Baio abren as opcións na Liga da Costa a conxuntos como Mazaricos, Ponteceso e San Lorenzo, que parecen ter comezado o 2017 cunha determinación de campión O Coristanco foi unha pedra para o líder - Foto: Fin Lema Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Mazaricos 3-0 Unión Club Cee Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Miguel, Estéfano, Xabi (Brais m.41), Chico (Oreiro m.62), Matías, Pereiro (Manuel Luis m.62), David, Ricardo, Chenel (Martín m.75), Molinos e Dani Martínez Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito (Trillo m.62), Aitor, Jose (Carlos m.68), Martín (Noé m.52), Esteban, Leo, Juan Bello e Javi (Álex m.78) Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Oreiro do Mazaricos; Nico e Julito do Cee Goles: 1-0 m.21 Molinos; 2-0 m.66 Chenel; 3-0 m.90 Brais O martelo pilón Non baixo o ritmo nin da unha concesión ao erro na cabeza un Mazaricos que foi o gran beneficiado da xornada na Liga da Costa. Os amarelos aproveitaron os pinchazos de Corme e Baio para meterse máis preto dos dous primeiros. Aguantou ben parado atrás o Cee nunha primeira metade desputada e na que os locais non terminaban de atopar o camiño do gol. Foron productivos ofensivamente os dez primeiros minutos, nos que un dos habitualmente conxuntos máis efectivos non acabou de ter o acerto habitual. Foi Molinos, aos vinte minutos, o que empezaría a desequilibrar o marcador cun tiro de fóra do área. Asumía responsabilidades e foi valiente o Unión nunha reanudación na que roldou a igualada en varias ocasións. Pero esa valentía acabaría por custarlle a sentencia, nunha contra ben finalizada por Chenel, a pase de David. Morreu o elemento desputa e o tanto de Brais só serviriía para redondear o marcador.   Coristanco 1-1 Corme Campo: A Rocheira Coristanco: Brais, Samu, Iván, Rubio (Toni Añón m.80), Mato, Javi, Pazos, Andrés (Villajos m.65), Jorge, Corral (Álvaro m.88) e Samuel Corme: Susiño, Jesús (Martín m.51), Alejandro (Brais Torrado m.64), Pandi, Tonilño, Eloy, Diego, Adrián Doldán (Jose m.85), Alejo, Lucas e Brais Corral Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Andrés, Samuel, Rubio, Javi e Villajos do Coristanco; Toniño do Corme Goles: 0-1 m.21 Alejo; 1-1 m.46 Samuel Invitco… pero con susto Tiña claro o Corme que se hai un campo inapropiado para o seu estilo ese era o da Rocheira de Coristanco, onde o líder non foi quen de vencer, pero si de manter a súa condición de invicto. Caía de caixón de que cor sería a posesión, e o guión non enganou a ninguén, se ben o índice de chegadas ás áreas no acto inicial foi relativamente baixo. Unha acción entre Samuel e Marcos Corral acabou cunha volea deste que marchou fóra por pouco. Curiosamente, nese saque de porta, e tras un rexeite, o balón caeríalle a Alejo, que definiu imposible para Brais. Era o guión que necesitaba o Corme para provocar certa saída local. Brais, de falta, estivo a piques de facer o segundo, pero todo quedou na parada da tarde do seu homónimo. O mazazo sería sideral. Nada máis voltar do vestiario Samuel atopou un balón morto no área e fixo a igualada. A historia da segunda metade sería a da tentativa frustrada por parte do líder, que as tivo de varias cores, e incluso sería na última falta a máis clara. O balón marchou fóra por moi pouco.   Monte Louro 2-0 Corcubión O meta visitante compretou un partidazo - Foto: Edu Oliveira Medra un Louro cada vez máis protagonista - Foto: Edu Olveira Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Fernando, Abel (Gabriel m.63), Manolo Chouza, César, David, Yeray, Riki, Raúl (Pedro m.89), Geiko, Juan de Selia e Miguel Corcubión: Abe, Adrián (Mario m.71), Samu (Antón Lestón m.65), Gabri, Nes (Tito m.57), Sebas, Lema, Rama, Jose (Roi m.83), Senra e Luis Lojo (Mario Atán m.86) Árbitro: Cuesta Arribas (A Coruña). Expulsou a Juan de Selia, do Monte Louro (m.90) Goles: 1-0 m.75 Geiko; 2-0 m.87 Gabriel Outra máis da JRG Juan de Selia, Riki e Geiko. Feitos na casa, e referentes ineludibles do rendemento dun Monte Louro que acadou unha nova vitoria como protagonista da tarde. Chegou o Corcubión a Agra de Filgueira coa premisa de facerse forte desde atrás e buscar eventualmente nas contras a velocidade de Nes, Rama ou Luis, aínda que apenas tivo esa opción. Pola súa banda, o dominio muradán era relativamente estéril na xestación de accións de gol e únicamente un remate ao pau arrincou o 'ui' da grada. No resto predominou certa imprecisión que desaparecería no segundo acto. Aí si, os rapaces de Óscar Leis pecharon ao seu rival e dispuxeron dun feixe de opcións. Estivo sobresaínte Abelleira, cunha parada co pé e outra a man cambiada. Parecía que só un erro non forzado podería desequilibrar e así foi. Tras unha perda na saída da UD. Riki disparou de fóra do área e o rexeite de Abe aproveitouno Geiko para facer o primeiro. Estiraría líneas o Corcubión, pero un remate á saída dun córner contra o final sentenciou. Senra terías nas súas botas o 2-1, nun man a man. Sorprendeu pola súa calidade a arbitraxe da xove Cuesta Arribas.   Castriz 4-1 Porteño Campo: San Pedro Castriz: Herrera, Luis, Carlos, Álex, Steven, Nakata (Raúl m.63), Iván, Pablo, Adrián, Mata, Sebas (Kevin m.5) (Roberto m.30) (Matías m.75) Porteño: Martín, Manu, Piti, Mario Toja, Xoel (Wii m.66), Jorgito, Isma, Manuel, Mario (Adrián m.75), Rodri e Jose Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Adrián do Castriz; Manu e Piti do Porteño Goles: 1-0 m.15 Pablo Landeira; 1-1 m.24 Isma; 2-1 m.55 Roberto; 3-1 m.65 Steven; 4-1 m.84 Iván Goleada de confianza… e para a desconfianza Recuperou as boas sensacións un Castriz que necesitaba xa unha tarde así, xusto ao revés que un Porteño que deixa sensación de crise, aínda que tamén condicionado polas numerosas baixas que arrastra. Parecía totalmente distinto o destino dun choque igualado na primeira metade e na que os da Ponte mesmo puderon acabar en vantaxe. Duroulle ata o gol, no primeiro cuarto de hora, o furor ao Castriz. Despois de que Landeira fixera o primeiro tras un rexeite no segundo pau, o equipo de Mata desapareceu. Isma igualou tras unha perda local e disparo á escuadra, e se non fora por Herrera acto seguido tería chegado o segundo, nun esférico que se paseara polos seus dominios. Variou notablemente a escea na reanudación. Un gran golpeo de Roberto primeiro, e outro de Mata pouco despois deixaron dous goles como terra de por medio, insalvables para o Porteñio. Iván Pastoriza, tras asistencia de Adrián ás costas da defensa, fixo o cuarto. Non valeu de moito, pero menudo golazo de Isma. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf/videos/1297836280281177/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]   Buño 1-0 Cerqueda Campo: Xaviña Buño: Toni, Jordan, Canedo (Aitor m.57), Eloy, Dimitri, Jorge Calvete, Dani Calvete, Juan Antelo, Fran, Martín (Mario m.75) e Adrián (Miguel Dourado m.40) Cerqueda: Richard, Bastón, Athu (Martín m.60), Uru, Dani, Adrián, Cholo (Sergio m.85), Míchel, Lorenzo, Eloy (Moha m.70) e Méndez Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Fran, Dimitri, Canedo, Juan Antelo e Toni do Buño; Míchel, Cristian, Vieites do Cerqueda Gol: 1-0 m.65 Martín Coa etiqueta de derbi típico Un derbi típico, con todo o bo e o malo, desputaron Buño e Cerqueda no campo de Xaviña, curiosamente fogar de ambos. Antes do inicio, gardouse un minuto de silencio por Pichas, pai de futbolistas míticos do Buño e avó dun futbolista da UD. Resultou futbolísticamente deficiente a primeira metade, con pouco fútbol por parte dos dous, moito balón longo e escasez de oportunidades de perigo. Os visitantes reclamarían unha pena máxima sobre Méndez. Mellorou no aspecto de vistosidade a segunda, cos oleiros estirando líneas e acertando a marcar por medio de Martín, cun polémico remate á saída dun córner. O Cerqueda reclamou falta sobre o gardamallas Richard. O enfado pareceu provocar o arreón dos de Raúl Periscal, que incluso marraron un penalti por medio de Méndez. Tentaba pero non o conseguía saír á contra o Buño, e nun dos balóns finais a UD reclamaría un novo penalti, coas conseguintes protestas e discusións post derbi.   Camariñas 0-0 Laxe Campo: Hermanas Patiño Camariñas: Pablo Novo, Pablo Mouzo (Joseba m.69), Kevin, Moriño, Rodri, David, Yuyo, Maikel, Brais, Álex (Dani m.46) e Nazo Laxe: Iñigo, Bras, Saleta, Pablo Fuentes (Martín m.87), Manuel, Gora, Borja, Aless, Javi (Rafa m.72), Simón (Felipe m.46) e Santi Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Expulsou a Manuel, do Laxe (m.74). Amonestou a Pablo Mouzo e David do Camariñas; Saleta, Felipe e Pablo Fuentes do Laxe Igualdade a case todo Mellorou a imaxe do Laxe nas últimas semanas, e esta vez foi quen de sacarlle un punto a un Camariñas que comeza a botar de menos a futbolistas coma Soule ou Brandon. Ata cinco futbolistas xuvenís e dous 'tocados' físicamente formaron co cadro palilleiro, que aínda así segue a competir á perfección. Houbo igualdade nunha primeira metade na que o Camariñas tentaba rasear e buscar accións combinativas, mentres que os visitantes tiñan en Saleta ao seu motor para lanzar aos interiores. Houbo unha acción clara por equipo antes do intermedio. Yuyo errou un man a man ante Iñigo, mentres que Gora tivo a sorpresa dos visitantes, nun cabezazo franco que mandou fóra. Houbo unha línea semellante nun segundo acto no que o colexiado anularía un tanto a Joseba por fóra de xogo tras unha gran combinación entre Yuyo e Nazo, e na que os visitantes non renunciaron nunca ao ataque.   Baio 1-3 San Lorenzo Campo: Platas Reinoso Baio: Diego, Isaac, Mario, Porto, Luis (Pedro m.70), Fachal, Martín, Moreno (Bieito m.66), Rubio, Javi Suárez e Martín MC San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Kevin (Samuel m.55), Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Mario, Iván Parafita, Juni (Pablo Díaz m.81), Fuentefría (Diego Varela m.77) e Dani Pena (Adrián Varela m.87) Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Porto, Fachal e Javi Suárez do Baio; Juni, Parafita e Juanjo do San Lorenzo Goles: 1-0 m.5 Javi Suárez; 1-1 m.15 Juni; 1-2 m.74 Fuentefría; 1-3 m.87 Diego Gozada para os neutrais Non só foron os do San Lorenzo, senón tamén tódolos seareiros neutrais que se desprazaron ao Platas Reinoso os que saíron cun sorriso entre os dentes. Brindaron baieses e carballeses un espectáculo futbolístico que minimiza en certa medida a dor da derrota para os os locais e confirma aos visitantes todavía coma unha alternativa real ao título. Apostou polo fútbol combinativo o San Lorenzo, e non renunciou a el nin tralo madrugador tanto de Javi Suárez, tras un erro defensivo que deixou ao ex do Baíñas e Soneira só ante o porteiro. Habería catro chegadas claras dos vermellos ata o descanso. Na primeira, Juni igualaría cun tiro raso desde o pico do área. Nas tres seguintes, Diego gañouse ser o protagonista do encontro. O arqueiro estivo felino a disparos de Fuentefría, en dúas opcións, e Parafita. Mellorou lixeiramente o Baio en canto a presencia no área no segundo acto. MC tivo dúas no inicio. Unha foise arriba e na outra sacaría Samu. A falta dun cuarto de hora xestaríase a sorpresa. Cando o San Lorenzo xa baixara físicamente e comezara a ceder a iniciativa, un paradón de Diego a chilena de Parafita foi empurrado a gol por Fuentefría. A sentencia chegaría nunha contra, cos de Pedro volcados, na que Diego asinou o golazo da tarde.
  Malpica 0-3 Ponteceso Malpica e Ponteceso desputaron un derbi claramente visitante Campo: A Pedra Queimada Malpica: Brais, Mario, Pensado, Pablo Rey, Alberto, Isma, Eloy, Ortiz (Casáis m.70), Petís (Lolo m.75), Brais Lado e Iván Ponteceso: Xurxo, Youssef, Matías, Nando, Alberto Recarey, Yago, Charro (Martín Puente m.75), Javi (Cotelo m.77), Mendieta, Mara (Adrián m.82) e Charly (Baba m.80) Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Mario Casal do Malpica; Matías, Mara e Xurxo do Ponteceso Goles: 0-1 m.47 Mara; 0-2 m.55 Yago; 0-3 m.68 Mara Un baño sen discusións Pasoulle por enriba o Ponteceso a un Malpica que a pesares da condición de derbi que tiña a cita apenas dispuxo de opcións para sacar algo en positivo. Os de Barca chaman ás portas da loita polo título e atravesan o seu momento máis letal do curso. Aínda sendo moi inferior a seu rival, o cadro local tería dous achegamentos con perigo no acto inicial. Iván puxo a proba a Xurxo, mentres que Isma estrelaría un balón no longueiro. Non tería sorte de cara á mta rival o Ponteceso nesa primeira metade. Mudaría notablemente tralo intermedio, no que apareceu en primeira instancia a figura de Mara, verdugo fronte aos seus ex. Charro marchou por banda, alcanzou línea de fondo e empurrou a pracer o espigado atacante. Co firma do segundo por parte de Yago chegaríalle a sentencia a un encontro que remataría cunha nova acción de superioridade do ataque visitante sobre a resistencia malpicán. [fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1913133698918700/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]   Esteirana 4-2 Baíñas Campo: José Luis Vara Esteirana: Roberto, Tobío, Codesido, Rafa, Veloso, Simón, Álex (David Pais m.75), Martín, Jaime (Álex de Dina m.88), Pablo (Campos m.79 ) e Estévez (Iker m.85) Baíñas: Maikel, Damián, Samuel, Jose, Eloy, Braulio, Víctor, Canay (Pablo Riveiro m.46 ), Pablo Muíño, Felipe e Cristian Árbitro: Rey Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Tobío d Esteirana e Felipe do Baíñas Goles: 1-0 m.28 Simón; 2-0 m.38 Estévez; 2-1 m.43 Braulio; 3-1 m.66 Pablo; 4-1 m.77 Estévez; 4-2 m.82 Pablo Muíño Golpe para KO da Esteirana ao Castriz Levou a Esteirana o encontro de rivais directos para evitar o descenso entre Esteirana e Baíñas. Os vimianceses tiveron problemas máis alá do xogo ou do prantexamento, xa que só fixeron un troco e dispuxeron dunha convocatoria reducida, nun dos días que máis poderían precisar vencer. Saíron enchufadísimos os locais, que antes da media hora xeraran xa tres opcións de perigo, dúas nas botas de Estévez e outra nas de Pablo, todas eles con resposta ao grande por parte de Maikel. O meta visitante a piques estivo tamén de impedir o tanto de Simón, xa que sacara en primeira instancia o disparo de Estévez, pero o zurdo foi quen de poñela lonxe do seu alcance. Resarciríase dos seus erros Estévez pouco despois, cun disparo cruzado que poñía terra de por medio. Conta o Baíñas con talento que en ocasións minimiza outros problemas, e Braulio apareceu antes do descanso para acurtar distancias. Foi acicate ese gol para que o inicio do segundo tempo fose en clave monologal por parte dun Baíñas que dominaría e xeraría perigo. Pero acabaría por ser determinante o pau en forma de golazo de falta de Pablo, de novo poñendo terra de por medio e afundindo a un rival que estaba a a merecer o empate. De aí ao final, intercambio de golpes e tres puntos chave para unha Esteirana que xa respira mellor.

Comentarios