Liga da Costa: O 'barco' xa é do Imperio

00:31 04/04/16
Venceu o Fisterra en Zas e converteuse no novo dominador da Liga da Costa, grazas tamén ao pinchazo do San Lorenzo en Coristanco; Adrián foi o comandante en xefe dun exército verde con fame de gloria
Imaxe do Zas-Fisterra
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Sporting Zas 1-2 Fisterra
11 do Zas en San Andres-Foto-JP
11 do Fisterra en San Andres-Foto-JP
O ambiente en San Andrés foi de grandes tardes, con viaxe masiva desde Fisterra
Un orgasmo ata a fin do mundo, e todo culpa de Adrián
Era o momento, o lugar e a última oportunidade de manter o barco a flote. E todo saíu a pedir de boca. O Fisterra aproveitou o guión soñado para vencer en Zas, levar o average particular e situarse líder tralo guiño do Coristanco ante o San Lorenzo. A fantasma do ano pasado paseouse por San Andrés, e mesmo pareceu terlle trasmitido o meigallo a un plantel case que diferente, pero ao que lle temblaron en exceso as pernas. Avisara Mané estrelando de saída un córner no pau, pero o Zas estaba a competir ben, con intensidade, ante un Fisterra intenso pero algo precipitado. E aparecera tamén o talento de Dani Mato, que executou unha máxica acción por banda para provocar unha situación de perigo no área e, tras varios rexeites e a pesares da vontade de Piti, Chapela abrira o marcador. E aí o dañado pareceu medrar, e o Zas especular cun trasfondo de temor ou desconfianza hacia a pegada visitantes. Mané tería outra máis nun man a man moi ben resolto por Bugy. Pero pouco despois o porteiro non pudo ser santo de novo ante o candidato a fisterrán do ano e vicepatrón do pobo, por detrás da Virxe do Carme. Adrián 'Makaay' definiou dentro do área cun bo disparo, evitou o mazazo psicolóxico de chegar en desvantaxe ao vestiario, e converteu a segunda metade nunha contrarreloxo do Fisterra rumbo á gloria.
De novo o tanteo inicial foi o terreo onde mellor se moveu Dani Mato. O canteirán local a piques estivo de repetir a sorte do gol, pero esta vez a defensa fisterrán salvou baixo paus. Estaba a cociñar a receta da gloria o protagonista anterior. Adrián chocaría dúas veces contra Bugy, pero á terceira imaxinen esta montaxe: a famosa escena de Leonardo DiCaprio entrando na oficina no Lobo de Wall Street, e de música de fondo o 'Makaay te quiero' que tanto se ten escoitado en Riazor. Esa sería a definición da imaxe posterior ao segundo tanto, nun balón morto no área no que o punta lle pegou con todo para deixar ao Fisterra xusto nese momento líder. Embarrouse o choque a partires de aí. A horda de seguidores fisterráns, que se contaban por centos, atronaba desde o graderío, idolatrando ao heroe, novo pichichi da Liga da Costa (empatado con David Blanco). Co gol de Stamford Bridge Iniesta provocou todo un baby boom en Barcelona. Dentro de nove meses haberá que estudar cantos novos fisterráns hai, e cantos se chaman Adrián...
[fbvideo link="https://www.facebook.com/alejandrobaio/videos/1328840973799935/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/945906715527986/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Coristanco 5-4 San Lorenzo
O Porteño deu paso de xigante na Grixa - Foto: CF Porteño
A afección porteñista amosou a súa satisfacción - Foto: CF Porteño


- Campo: San Andrés
- Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján (Dieguiño m.41), Braulio, Josito (Cilindro m.84), Diego Fernández, Chapela (Sande m.59), Isma, Manu, Rubio, Dani Mato e David Blanco
- Fisterra: Norberto, Julito (Pablo Lestón m.58), Rubia, Rodri, Robertín, Cote, Roco, Piti, Jesús (Guardiola m.87), Mané (Bruno m.53) e Adrián (Adri m.90)
- Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Expulsou a Sande, do Sporting Zas (m.80). Amonestou a Isma, Cilindro, Rubio e Diego do Zas; Jesús, Rodri, Julito e Adrián do Fisterra
- Goles: 1-0 m.18 Chapela; 1-1 m.38 Adrián; 1-2 m.70 Adrián
- Lesión: Rubén Forján.



- Campo: A Rocheira
- Coristanco: Nacho, Marcos (Añón m.68), Jorge, Lagoa, Álex Mato (Sergio m.42), Iván, Cristian (Alexis m.72), Pablo Díaz, Javi (Gustavo m.88), Iván Pena e Gonzalo
- San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Rubén Varela, Rudi, Juanjo (Dani Fuentefría m.46), Álex Taibo, Luis, Álex Figueiras; Juni, Mario e Kevin (Fraga m.55)
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Eloy, Pablo Díaz, Iván Pena do Coristanco; Rubén e Mario do San Lorenzo
- Goles: 1-0 m.3 Iván; 2-0 m.28 Gonzalo; 3-0 m.44 Gonzalo; 3-1 m.53 Fuentefría, de penalti; 3-2 m.67 Álex Figueiras; 4-2 m.77 Gonzalo; 4-3 m.81 Juni; 4-4 m.92 Fuentefría; 5-4 m.94 Iván


- Campo: A Grixa
- Porteño: Martín, Adrián (Marcos m.80), Manuel, Pejo, Caamaño, Doyle (Cousillas m.46), Canosa (Jorge m.76), Quilmes, Abel (Wii m.50), Mario Toja e Cachi (Isma m.69)
- Ameixenda: Maikel, Jorge (Bruno m.46), Demetrio, Javichu, Bichiño, Álex, Jesús, Sergio, Brais (Trillo m.79), Borja e David (Grille m.58)
- Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.31 Abel; 2-0 m.40 Abel; 3-0 m.48 Abel; 3-1 m.60 Álex; 3-2 m.72 Jesús; 4-2 m.76 Wii; 5-2 m.86 Mario Toja; 5-3 m.88 Álex
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Roberto, Damián Suizo, Rafa, Martín, Álex (Simón m.76), Adrián, Brais (Manu m.56), Pablo Rama, Eloy (Iker m.65), Codesido e Jaime
- Castriz: David, Iván (Bolón m.55), Sergio, Alejandro, Diego Maneiro, Martín, Mata (Alberto m.46) (Jose m.83), Bruno, Fabián (Darío Capelo m.55), David Agra e Álex Flores
- Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Manu e Iker da Esteirana; Martín, Iván e Jose do Castriz
- Goles: 0-1 m.57 David Agra; 0-2 m.68 Álex Flores; 0-3 m.85 Darío Capelo
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais, Diego Collazo (Laik m.70), Pablo (Ismail m.58), Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito (Martín Puente m.66), Iago, Youssef (Eloy m.48), Mendieta e Charly
- Baíñas: Sergio, Tantán, Matías, Mario, Jorge Calvete, Cristian (Jaime m.66), Tasky (Dani Casal m.46), Javi Suárez (Samuel m.89), Canay (Héctor m.81), Alemán e Esteban
- Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amonestou a Tantán, do Baíñas
- Goles: 0-1 m.53 Canay; 1-1 m.70 Alberto Recarey; 1-2 m.85 Dani Casal; 1-3 m.88 Matías, de penalti
- Campo: Lombáns
- Carnota: Andrés, Pumuky (Raúl m.46), Adrián, Samuel, Pedro de Pichín, Nakata, Manolo Chouza, Oli Bermejo (Cibrán m.65), Abelardo (Bernardo m.63), Miguel e Manuel Luis
- Cerqueda: Diego Dourado, Brais, Jon, Piñeiro, Dani, Fran, Luchi (Sergio m.64), Eloy (Juanjo m.75), Martín, Lorenzo e Fernandito
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Miguel, Pumuky e Adrián do Carnota; Dani e Martín do Cerqueda
- Goles: 0-1 m.35 Martín; 0-2 m.73 Martín; 1-2 m.83 Nakata
- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, David, Canedo, Eloy, Dimitri, Emilio, Jordan (Alexander m.66), Dani Calvete, Richard (Gurita m.66), Víctor (David Dourado m.88) e Miguel Dourado (Pedro m.81)
- Camariñas: Pablo, Rodri, Kevin, Paco, Moriño, Soule (Martín m.74), David (Cerbán m.85), Yuyo, Vicente, Nico e Vieites
- Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Canedo, Miguel Dourado e Eloy do Buño; Vicente do Camariñas
- Goles: 0-1 m.4 Vieites; 1-1 m.5 Miguel Dourado; 2-1 m.19 Richard; 2-2 m.42 Yuyo; 3-2 m.68 Víctor; 4-2 m.80 Dani Calvete
- Campo: San Paio de Refoxos
- Cee: Paulo, Nico, Chiru, Jacobo, Boja, Aitor, Jorgito (Álex m.60), Josiño, Leo (Llanero m.55), Penedo (Isma Lamela m.43) e Dani Picallo (Xabi m.7)
- Cabana: Adrián, Grille, Jose, Isma, Raúl, Miki Pose, Diego Varela (Adrián m.34), Fernando, Alberto, David Varela (Reigía m.58) e Christian (Pablo m.51)
- Árbitro: De Vega Domínguez (A Coruña). Amonestou a Penedo, Llanero e Nico do Cee; Adrián e Alberto do Cabana
- Goles: 1-0 m.1 Leo, de penalti; 2-0 m.30 Josiño; 3-0 m.55 Jorgito; 3-1 m.74 Fernando; 4-1 m.74 Xabi; 4-2 m.87 Fernando
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica! E o Montelouro… case.
- Á Costa fáltalle un xeonllo.
- 6 equipos costeiros poderían perder a categoría polos arrastres.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).