Liga da Costa: O 'fillo' volve a casa

12:03 01/05/17
O Club Deportivo Baio, un dos pais fundadores da competición, acadou case tres décadas despois o título de campión da zona, tras superar a un Porteño ao que manda virtualmente a Terceira
Ledicia na parroquia bainesa polo título
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Case 400 seareiros acudiron ao Platas Reinoso
Como un pai que abraza a un fillo perdido, o Club Deportivo Baio atopouse de novo cunha Liga da Costa que no fondo é descendente directo daqueles 'pais fundadores' de hai máis de medio século. Seguiu as peticións do guión e derrotou con solvencia ao Porteño para acadar o seu terceiro título de rei da zona, o primeiro en case tres décadas. Había pouca marxe para a sorpresa, cunha vila volcada e un conxunto que empeza funcionar como unha máquina sen fisuras. Foi quen de aguantar a demarraxe dun Corme que durante tres cuartas partes da competición parecía Marco Pantani subindo o Mortirolo. Minimizou tamén o desgaste psicolóxico que comprende o ano seguinte a calquera descenso, e tamén fixo unha a veces arriscada aposta polo mesmo bloque que subira de Segunda a Primeira e que perdera a categoría. Tamén sacou unha espiña de enriba Pedro Gómez, co que o fútbol tiña unha pequena débeda tras negarlle o premio a un San Lorenzo que baixo a súa dirección xogaba coma os anxos. Eran demasiadas facturas que cobrar, e pouco saldo dispoñible para o elemento 'traxedia'. Moi cedo, e como se fose tamén parte dun guión escrito polo máis mitómano dos socios, Martín inauguraba o marcador ao aproveitar un rexeite no área. O sempiterno capitán, o home que preferiu defender a gloria da casa que a de bandeiras alén das súas fronteiras, tiña que ter un papel protagonista nesa historia. Estaba a aguantar dignamente o Porteño, que tamén pendía dun fío no que á permanencia se refire. Cunha resistencia ben estructurada e criterio para sacar a bola, incluso tivo nas súas botas a máis clara ocasión de toda a primeira metade. Wii prantábase ante Diego e era víctima das cualidades dun meta que pode reclamar unha porción do trofeo, que coas súas paradas ten axigantado o poderío baiés. O rexeite, con todo a favor, condenou a pouca puntería de Roi, que mandou fóra. Os problemas físicos de Piti obrigaron ao motor porteñista, Quilmes, a retrasar a súa posición ata o eixo da defensa, e aí morreu o encontro. Para máis, Jimmy equivocouse á hora de despexar un balón e deixou a bola perfecta para Bieito, que só tivo que ceder a MC para o segundo. Javi Suárez, pouco despois, facía o terceiro e o Baio empezaba a xogar entre bombos, o son do chamagne descorchándose e unha afección que quentaba para unha longa noite de festa. O cuarto, o baile de despedida, tiña que levar de novo o selo do home que dentro doutros trinta anos terá que saír en tódalas fotos do ascenso: Martín Fuentes Santos, MC. Curiosidades da historia, en agosto de 1990 nacía a última tempada na que o Club Deportivo Baio levantaba unha Liga da Costa, e tamén a estrela que case tres décadas despois lle guiaría a por outro título da regularidade. Aquel neno mamou desde entón tempos de Primeira, de Preferente, e tamén de bágoas que algún día xurou secar con éxitos e gloria. E parece que está a cobrar todas aquelas débadas pendentes. A terceira Liga da Costa do Baio tamén estaba escrita no camión que agardaba aos futbolistas ao saír do campo, e que comezaba un paseo que agora só esta xeración irrepetible determinará ata onde leva.
O Baio encarrilou moi cedo o encontro
Respondeu como era de agardar a parroquia local
Lenda das camisetas conmemorativas da tempada
O Ponteceso pasou por enriba do Laxe - Foto: SD Ponteceso
Derbi en tódolos sentidos
Igualado e con alternativas o encontro entre Malpica e Cerqueda, sen nada en xogo máis que decidir a orde clasificatoria entre ambos. Cololo, de cabeza no primeiro pau á saída dun córner, abría o marcador despois de que Diego Dourado sacase tres mans a man. Varioum tácticamente o cadro de Raúl Periscal na segunda metade e Méndez, a porta vacía tras un rexeite de Brais, igualaba. O intercambio de golpes seguiría co 2-1, obra de Rubén tras un bo pase de Laye. E xa co partido case acabado Eloy igualaba ao converter unha clara pena máxima.


Baio 4-0 Porteño
- Campo: Platas Reinoso
- Baio: Diego (Recarey m.78), Isaac, Norberto, Yago, Luis, Fachal (Santi Díaz m.75), Martín (Norberto m.77), Rubio (Moreno m.66), Bieito, Javi Suárez e Martín MC
- Porteño: Jimmy do Cairo, Piti (Wii m.25), Jorge, Quilmes, Marcos, Xoel, Chavín, Isma, Roi, Cachi (Manuel m.61) e Rodri
- Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Piti, Cachi, Jorge do Porteño
- Goles: 1-0 m.6 Martín; 2-0 m.67 MC; 3-0 m.72 Javi Suárez; 4-0 m.76 MC




San Lorenzo 4-1 Baíñas
- Campo: As Pedreiras
- San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela (Samuel m.71), Pablo, Juanjo, Adrián Varela, Álex Taibo (Rudi m.60), Mario, Parafita (Sergio m.85), Juni, Fuentefría e Diego Varela
- Baíñas: Maikel (Damián m.77), Héctor, Tantán (Oreiro m.55), Álex Canedo, Jose, Samuel (Víctor m.46), David Blanco, Canay, Roly (Braulio m.46), Felipe e Cristian
- Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Rubén e Mario do San Lorenzo; Álex Canedo e Canay do Baíñas
- Goles: 1-0 m.29 Mario; 2-0 m.36 Diego Varela; 3-0 m.39 Parafita; 3-1 m.58 David Blanco; 4-1 m.84 Mario
Ponteceso 11-2 Laxe

- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais (Damián min.63), Charly, Javi Peón, Dani Cotelo, Puente (Adrián Pose min.52), Baba, Mendieta, Nando (Iván Rodriguez min.69), Dieguito, Mara (Luca min.63) e Yago (Christian Martinez min.50)
- Laxe: Jacobo, Valentín, David, Bras, Álvaro, Borja, Bieito, Aless (Saleta m.46), Iñigo, Rafa e Pedro
- Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.25 Mara; 2-0 m.27 Dieguito; 2-1 m.32 Aless; 3-1 m.35 Yago; 4-1 m.47 Dieguito; 5-1 m.55 Christian; 6-1 m.58 Christian; 7-1 m.66 Mendieta; 7-2 m.67 Saleta; 8-2 m.70 Baba; 9-2 m.78 Baba; 10-2 m.86 Dieguito; 11-2 m.90 Baba
Malpica 2-2 Cerqueda
- Campo: A Pedra Queimada
- Malpica: Brais, Cristian, Marcos Pensado, Leilán (Alberto m.83), Isma, Dani, Álex (Rubén m.60), Eloy, Cololo e Brais Lado
- Cerqueda: Diego, Baston, David , Dani, Javi Pazos (Sergio m.68), Jonás (Méndez m.50), Michel, Atu, Lorenzo,Eloy e Iván (Uru m.87)
- Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña). Amonestou a Álex Márquez, Leilán, Rubén e Laye do Malpica; Fran, Eloy do Cerqueda
- Goles: 1-0 m.36 Cololo; 1-1 m.64 Méndez; 2-1 m.79 Rubén; 2-2 m.88 Eloy, de penalti

Esteirana 4-2 Corcubión
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Roberto, Codesido, Tobío (Veloso m.82), Dani Rama (Damián Suizo m.68), Simón, Álex, Josiño Alves, Adrián, Pablo Rama (Jaime m.75), Estévez (Campos m.82) e Róber Pladur
- Corcubión: Bruno, Mario, Sebas, Pablo, Adrián (Jose m.48), Gabri (Mario Atán m.82), Samuel (Tito m.48), Toja, Rama, Lema e Roi
- Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Josiño e Codesido da Esteirana; Sebas, Roi, Jose e Pablo do Corcubión
- Goles: 1-0 m.4 Tobío; 2-0 m.21 Estévez; 2-1 m.31 Rama; 3-1 m.63 Pablo Rama; 3-2 m.71 Rama; 4-2 m.80 Róber Pladur
Camariñas 2-4 Corme
- Campo: Hermanas Patiño
- Camariñas: Pablo Novo, Gabri, Sergi (Yuyo m.46), Maikol, Moriño, David, Brais (Rodri m.55), Luigi (Javi Antelo m.50), Pablo Mouzo, Maikel e Nazo
- Corme: Jose, Alejandro (Jesús m.65), Dani, Pandi, Brais Corral, Toniño, Eloy (Sergio m.67), Brais Torrado (Diego m.65), Adrián Doldán, Alejo (Jose m.76) e Lucas
- Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Expulsou a Maikel (m.65) do Camariñas e Pandi (m.76) do Corme. Amonestou a Sergi e Gabri do Camariñas
- Goles: 0-1 m.8 Brais Torrado; 0-2 m.16 Alejo; 0-3 m.40 Alejo; 1-3 m.65 Yuyo; 2-3 m.76 Nazo, de penalti; 2-4 m.80 Diego
Buño 1-0 Unión Club Cee
- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, Miguel Dourado, Dimitri, Manuel (Pablo Canedo m.74), Mario, Jorge Calvete (Fran m.60), Dani Calvete, Adrián, Alexander (Eloy m.70), Emilio e Martín
- Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito (Alexandro m.62), Carlos Leis, Álex, Esteban, Uru, Javi, Leo (Iván m.72), Juan Bello e Carlos
- Árbitro Sabio Sánchez (A Coruña).
- Gol: 1-0 m.88 Martín
Castriz 0-2 Coristanco
- Campo: San Pedro
- Castriz: Herrera, Rubén, Steven (Raúl m.85), Álex, Carlos, Adrián, Matías (Martín m.70), Nakata, Kevin (Luis m.70), Mata (Iván m.46) e Roberto
- Coristanco: Fedeyo, Samu, Iván, Mato, Jorge, Pazos (Brian m.88), Andrés, Samuel (Álex m.86), Villajos, Magovi (Damián m.60) e Marcos Corral
- Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Mata, Martín e Steven do Castriz; Samuel e Damián do Coristanco
- Goles: 0-1 m.32 Iván; 0-2 m.48 Magovi
Monte Louro 1-2 Mazaricos
- Campo: Agra de Filgueira
- Monte Louro: Fernando, Pablo (Abel m.63), David, Manolo Chouza, César, José Ángel (Yeray m.75), Adrián, Riki (Gabri m.63), Miguel, Geiko e Gelo (Dani de Sahorta m.70)
- Mazaricos: Miguel, Estéfano, Matías (Diego Maneiro m.90), Martín, Xabi, Pereiro, Ricardo, Oreiro (Brais m.80), David, Chenel e Molinos
- Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Amonestou a Geiko e Adrián do Monte Louro; Oreiro e Chenel do Mazaricos
- Goles: 0-1 m.18 David; 0-2 m.23 Martín; 1-2 m.43 Miguel