Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: Señora leiteira, vaia botando contas

Liga da Costa: Señora leiteira, vaia botando contas
O San Lorenzo xa é case subcampión dunha competición que vive mirando para as categorías superiores e na que hai tres descensos confirmados e catro equipos que aínda non saben exactamente o que necesitan Os futbolistas da Esteirana celebran o seu éxito na Ponte Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com San Lorenzo 2-1 Mazaricos Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Pablo, Juanjo, Adrián Varela, Álex Taibo, Mario (Rudi m.81), Parafita, Juni (Diego Varela m.62), Fuentefría (Dani Pena m.62) e Kevin (Samuel m.79) Mazaricos: Miguel, Estéfano, Matías, Martín, Xabi, Pereiro (Brais m.84), Ricardo, Oreiro (Maneiro m.77), David, Chenel e Molinos (Chico m.81) Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Juni do San Lorenzo; Oreiro do Mazaricos Goles: 1-0 m.6 Fuentefría; 2-0 m.78 Diego Varela; 2-1 m.84 David Virtual prata Un só punto lle resta ao San Lorenzo para confirmar o subcampionato e acceder a unha promoción polo retorno a Primeira, nove anos despois. Os carballeses superaron a un Mazaricos que como era de agardar foi un rival agrio e duro, de difícil e lenta dixestión. E iso que o guión semellaba perfecto para os intereses locais, tralo madrugador tanto de Fuentefría. O chegador nato aproveitou un balón solto no área pequena tras un gran control e centro de Fuentefría. Nun terreo de xogo natural e de reducidas dimensións, os da Picota adaptáronse á perfección, e colgaron tantos balóns que acabarían coa rixidez de case calquera defensa. Chenel, nun man a man, e Ricardo, nun cabezazo que topou con Javi Souto, dispuxeron das mellores opcións para igualar antes do intermedio. Un San Lorenzo que non estaba a ter a súa tarde máis florida aguantou ben nunha reanudación de bombardeo directísimo por parte do seu rival, impreciso pese a todo no pase decisivo. Un atípico erroz da zaga amarela, na tentativa de cesión a Miguel, foi castigado por Diego, que interceptou o balón e resolveu a gol. Volcaríase o Mazaricos a peito descuberto e David recurtou distancias, pero de xeito insuficiente para os intereses dun equipo que acabou así unha tempada de sobresaínte. Baíñas 3-0 Ponteceso Campo: Municipal de Vimianzo Baíñas: Maikel, Braulio, Tantán (Héctor m.33), Álex Canedo, Eloy García (Esteban m.46), Jaime (Samuel m.58), Canay, Víctor, Felipe, David Blanco e Pablo Muíño Ponteceso: Brais, Martín Puente, Jesús, Nando, Christian, Dieguito (Alberto Recarey m.77), Yago (Matías m.54), Charro, Adrián (Baba m.54), Mara e Charly Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Felipe, do Baíñas (m.34). Goles: 1-0 m.3 David Blanco; 2-0 m.27 Braulio; 3-0 m.37 Jaime Talento sen tensión Dúas dos mellores planteis da Liga da Costa, Baíñas e Ponteceso, cruzaban no partido inaugural da xornada a súa falta de obxectivos competititvos, nunha sorte de amistoso condicionado ademais porque na parroquia visitante había un ollo posto na final da Copa Xuvenil. Notouse esa falta de intensidade en prácticamente tódolos goles. Abriría o marcador David Blanco, nunha falta botada por Canay, que bate na cabeza de Álex Canedo, no xeonllo de Pablo Muíño e que o de Neaño enviaba ao fondo da rede. O segundo non tardaría e sería similar, esta vez de Braulio a execución novamente de Canay. Nin a expulsión de Felipe, protestada, mudou demasiado unha película que seguiría polo mesmo argumento co terceiro, de Jaime. Si habería unha segunda metade monologal, pero con cambio de protagonista. Foi o Ponteceso o único que creou perigo e que fixo protagonista a Maikel, autor de ata oito paradas decisivas para evitar que houbese novo encontro. Laxe 2-6 Malpica Campo: Cabo D'Area Laxe: Jacobo, Martín, Borja, Jacinto, Simón (Felipe m.46), Pedro (Vale m.60), Bieito, Rafa (Iñigo m.52), Aless, Álvaro (Bras m.46) e Santi Malpica: Lamas, Marcos, Cristian (Rubén m.46), Mario, Pablo, Isma, Laye, Ivan (Alberto m.46), Brais Lado (Álex m.46), Eloy e Cololo Árbitro: González Rey (A Coruña). Goles: 0-1 m.22 Cololo; 0-2 m.30 Eloy Cabeza; 0-3 m.42 Brais Lado; 0-4 m.55 Isma; 0-5 m.59 Cololo, de penalti; 1-5 m.74 Santi; 2-5 m.85 Santi; 2-6 m.88 Cololo Un set de diferencia O descendido, colista e tocadísimo Laxe viviu un sufrimento de partido outra xornada máis, esta vez ante un Malpica que lle fixo seis, e pudo facer os que necesitase. Nunha tarde aburrida e sen ningunha historia, o gran protagonista foi Cololo, autor de catro goles, dezaoito en total no que vai de campaña para un home ao que aínda non chegou a crise dos corenta. Os locais, que tentaron aguantar na medida das súas posibilidades, só fixeron certo perigo cando o Malpica baixou a intensidade do sistema defensivo. Sen nada en xogo, os dous pedían a gritos o final. Cerqueda 1-0 Baio O Cerqueda homenaxeou ao Baio polo seu título Campo: Xaviña (Buño). Cerqueda: Richard, Bastón (Sergio m.78), Uru , David, Dani, Javi Pazos (Juanjo m.90), Michel, Lorenzo, Atu, Méndez (Cholo m.58) e Iván Baio: Recarey, Ramón (Yago m.70), Norberto (Isaac m.70), Costa, Eloy, Peke (Javi Suárez m.60), Martín, Bieito, Santi Díaz, Christian (Rubio m.60) e Martín MC Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Amonestou a Iván Mato, Dani, Athu do Cerqueda; Ramón e Martín do Baio Gol: 1-0 m.21 Méndez Homenaxe nas dúas direccións O intrascendente encontro entre Cerqueda e Baio comezou cos honores do anfitrión cara o recente campión, e finalizou cun triunfo de mérito para unha temporada tamén propia para o mesmo calificativo. Os de Raúl Periscal acadaron o que moi poucos este curso: un triunfo e a condición de invicto ante o dominador da competición. De feito, o Baio non foi quen de facerlle un tanto en 180 minutos ao seu rival de onte. O guión da tarde foi case invariable, con posesión indiscutible por parte dos visitantes, que non xeraban demasiadas opcións de gol. Recarey, onte titular, salvou o primeiro aviso cerquedense, mentres que Méndez, aos vinte minutos, asinaba o único tanto da tarde ao rematar unha falta. O mesmo protagonista tería o segundo nas súas botas. Non variou demaisado unha reanudación na que Santi Díaz topou co pau e Martín con Richard, mentres que nas contras o Cerqueda ben pudo ter aumentado a conta, en botas de Dani especialmente. Porteño 1-3 Esteirana O Porteño xa é equipo de Terceira Campo: A Grixa Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo, Cousillas, Rodri, Cachi (Mario Toja m.46), Roi, Manuel, Chavín, Xoel (Adrián m.46), Marcos (Quilmes m.46) e Wii (Manu m.46) Esteirana: Roberto (Dani m.90), Dani Rama, Josiño Alves, Álex (Campos m.83), Adrián (Jaime m.58), Róber Pladur, Pablo Rama (Xián m.63), Codesido, Simón, Tobío (David Pais m.72) e Josiño Barreiro Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Cachi e Manu do Porteño; Pablo Rama da Esteirana Goles: 0-1 m.8 Róber Pladur 1-1 m.14 Roi; 1-2 m.43 Josiño; 1-3 m.53 Róber Pladur Pladurismo incontestable O mes máxico da Esteirana tivo a súa prolongación cun triunfo que deixa ao Porteño na Terceira Galega. O conxunto azulgrana conta por triunfos os seus encontros desde a chegada de Róber Pladur, decisivo unha semana máis. Onte asinou dous novos tantos, o primeiro madrugador, e para finalizar unha gran acción persoal de Josiño Barreiro por banda esquerda. Estirarían liñas os locais buscando ese fútbol directo e de certos réditos na Grixa, e rápidamente igualaron cun remate de Roi nunha falta. Eran os mellores minutos dos da Ponte, que pouco despois petarían co longueiro nun dsparo lonxano. Pareceu ser a sentencia para a moral do equipo, e a tarde pasou ser un goteo constante de opcións visitantes: un despexe local ao pau, un man a man detido por Jimmy e outra acción similar errada por Álex. Si atoparía o premio, xusto antes do intermedio, Josiño Barreiro, libre de marca no segundo pau. Nada máis comezar a reanudación, mesmo guión: balón que leva Barreiro por banda, cede para Pladur, que mata unha tarde que desde entón pudo acabar nunha goleada de escándalo para os visitantes. Corcubión 4-2 Camariñas Campo: Cubaleiro Corcubión: Bruno (Abel m.72), Mario, Lojo (Gabri m.46), Sebas, Rama, Lema, Toja, Adrián (Samuel m.63), Tito (David m.78), Nes (Atán m.72) e Pablo Castro Camariñas: Álvaro, Brais, Gabi, Rodri, David, De la Sierra, Pablo Mouzo, Joseba (Jose m.54), Luigi e Nazo Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Adrián e Mario do Corcubión; Joseba, Luigi e Nazo do Camariñas Goles: 1-0 m.1 Lema; 1-1 m.24 Yuyo; 2-1 m.59 Lema; 3-1 m.60 Nes; 4-1 m.70 Toja; 4-2 m.86 Yuyo Mellores do que a táboa di Un Camariñas que non está salvado matemáticamente deixou un partido para borrar en Corcubión, onde a xa descendida UD resarciuse cunha autodemostración de talento que debe servir como botón de mostra para o futuro. Un virtual descenso do Fisterra, unido a unha vitoria en grupo dos perseguidores e unha derrota propia no último encontro podería deixar aos palilleiros nunha situación indeseada. O certo é que a tarde comezou como poucas o fixeran este curso para o equipo de cara, con Lema asinando o primeiro xa de inicio, nunha acción persoal notable. Igualou Yuyo, tras varios rexeites no área. Unha das novas positivas para a UD, que pareceron vir todas xuntas nun día, foi o partidazo de Bruno baixo paus, que mantivo aos seus nos mellores minutos combinativos do Camariñas. Novamente Lema, de cabeza e no segundo acto, e ao pouco Nes, nun centro lateral, puxeron unha terra de por medio insalvable para os visitantes, que tolearon en exceso e non foron quen de darlle un novo sentido ao xogo. Toja, de xogada persoal, sentenciou. Corme 2-2 Buño Campo: O Cairo Corme: Susiño, Jesús (Sergio m.59), Alejandro, Brais, Toniño, Eloy, Diego (Samuel m.81), Adrián Doldán (Dani m.38), Alejo, Lucas e Brais Corral Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo, Manuel, Eloy, Jorge Calvete, Alexander (Dimitri m.78), Adrián (Juan Antelo m.81), Richard (Fran m.63), Emilio e Martín (Dani Calvete m.75) Árbitro: Castro Alarcón (A Coruña). Amonestou a Eloy e Sergio do Corme; Richard, Canedo, Adrián, Jorge Calvete e Fran do Buño Goles: 0-1 m.13 Alexander; 1-1 m.58 Alejo; 2-1 m.66 Alejo, de penalti; 2-2 m.72 Alexander Olería resistente Da igual o reto que teña por diante, que dar por morto ao Buño nunca é unha boa aposta. O conxunto oleiro aférrase con uñas e dentes a unha permanencia que pasará por vencer no último encontro, pero que tamén o facía por puntuar no Cairo, ante un rival superior. Os locais deberán vencer e agardar unha derrota do San Lorenzo para ser subcampións e optar á promoción de ascenso a Primeira. O panorama era clarísimo para calquera que teña visto un encontro de ambos: monólogo co balón do Corme e defensa xunta e solidaria dun Buño que confiaría na efectividade cando chegara a porta. E así foi. Susiño tentou despexar un balón, Álex adiantou a presión e o esférico petou nel e rebotou a gol. Era o plan perfecto para os de Mauro, aínda máis despois de que Toni lle detivese unha pena máxima a Alejo. Tocou a batallón o cadro percebeiro nunha segunda metade na que non tardou en voltear o marcador. Alejo, de vaselina, igualaba, e pouco despois, nun penalti claro, facía o segundo, Tivo incluso opcións para sentenciar, pero non foi así e o Buño veuse arriba. Richard estrelou unha falta non longueiro e Álex, de cabeza nun córner, igualaba e dáballe ao Buño un punto de gloria bendita. Unión Club Cee 5-2 Castriz Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Rubén (Isma m.46), Borja (Leo m.56), Aitor, Chema, Martín, Jon (Carlos Leis m.56), Javi, Juan Bello e Carlos (Noé m.46) Castriz: Herrera, Rubén, Steven (Carlos m.75), Álex, Raúl, Matías (Iván m.60), Luis (Chinda m.40), Nakata, Roberto (Kevin m.77), Adrián e Mata (Martín m.80) Ärbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Carlos Leis do Cee; Matías e Martín do Castriz Goles: 1-0 m.15 Javi; 1-1 m.28 Mata; 1-2 m.35 Mata; 2-2 m.65 Juan Bello; 3-2 m.80 Juan Bello; 4-2 m.84 Nico; 5-2 m.90 Isma Remontada e case estocada O Unión Club Cee sentenciou a permanencia, a costa dun Castriz nunha situación crítica e na que non depende de si mesmo. O conxunto xalleiro pasou de ter o encontro onde quería a unha choiva final de goles que lle deixa moi tocado moralmente. Arrincou mellor o Unión, que nunha boa xogada con centro de Juan Bello facía o primeiro, grazas a un remate de Javi libre de marca. Axustou o equipo un Castriz que mellorou e moito e que volteou o marcador con dous goles dun clásico como Alberto Mata. Eran os mellores momentos dos combeses, que tiveron en botas do propio bigoleador e de Roberto a case sentencia. Resultou chave o movemento de homes desde o banco ceense, coa experiencia de Leis e Leo. Precisamente, outro veterano, Juan Bello, botou o equipo as costas e nun cuarto de hora deulle a volta á tortilla. Iso matou mentalmente a un Castriz en crise e que aínda encaixaría dous tantos máis. Coristanco 1-0 Monte Louro Campo: A Rocheira Coristanco: Fedeyo, Gustavo (Álex m.68), Javi, Pazos, Villajos (Magovi m.63), Iván, Jorge, Samuel, Marcos Corral (Toni m.63), Rubén e Carracedo Monte Louro: Fernando, Abel, David, Manolo Chouza, Jose Ángel (Borja m.54), Adrián, Gelo, Yeray (Joaquín m.70), Riki, Geiko e Gabriel (Xandre m.63) Árbitro: López Fernández (A Coruña). Amonestou a Jorge Lorenzo e Villajos do Coristanco; Manolo Chouza e Gelo do Monte Louro Gol: 1-0 m.14 Rubén Ineludible triunfo Só lle valía vencer ao Coristanco, ante un Monte Louro que non se xogaba nada, e nesa antítese de obxectivos moveríase un choque resolto da maneira máis agardada: de libre directo a prol dos locais. Rubén cabeceou a gol un remate ao pouco de comezar. Moito máis intenso, o equipo local minimizou calquera opción de dano por parte visitante, e tampouco arriscou demasiado. A mellor dos muradáns a tería Geiko, na recta final, nun balón que a piques estivo de custarlle boa parte da permanencia ao equipo pataqueiro.

Comentarios