Liga da Costa: Un que non quere comer o turrón
05:02 21/11/16
A marcha de Adrián Lema do Laxe, por non percibir compromiso nos seus pupilos, é a nova maior dunha táboa na que as tendencias agudízanse e na que empeza a intuirse un man a man feroz entre Baio e Corme.
Apunte de última hora: Lilo colle o relevo no banco do Laxe.
Prosigue a velocidade de cruceiro do Corme - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Noé Bras, Aarón (Álex Trigo m.46) (Borja m.75), Naya, Santi, Santi Casas, Saleta (Simón m.46), Manuel, Pablo Fuentes, Reigía e Felipe
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, Martín, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Esteban m.56), Estéfano, Diego Maneiro e Pereiro
Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Naya, do Laxe (m.70). Amonestou a Álex Trigo, Santi e Reigía do Laxe
Goles: 0-1 m.15 Matías; 0-2 m.82 Pereiro
Ata aquí chegou Adrián Lema
Presentou a súa dimisión "por falta de compromiso e actitude" o técnico do Laxe, Adrián Lema. O seu último servizo foi un igualado encontro ante o Mazaricos, bronce ligueiro actualmente, e como amosou un conxunto sen alardes estéticos pero cun derroche de saber facer. Co factor eólico actuando de forma case protagonista, os dous conxuntos protagonizaron un igualado primeiro tempo, de alternativas e cun só gol, obra de Matías á saída dun córner, para o Mazaricos. Racharía o encontro nunha reanudación na que só o bo facer do meta local Noé evitou unha goleada cruel a prol dos visitantes, que controlaron e tiveron o partido onde quixeron desde a saída dos vestiarios. Só Pereiro, contra o final, acertou a facer o gol de tranquilidade decisiva para un equipo que discretamente volve a confirmarse coma alternativa a todo.
Baíñas 2-0 Cerqueda
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Campos, Iván, Eloy (Damián m.86), Héctor, Braulio (Pablo Muíño m.46), Esteban, Cristian, David Blanco, Canay (Pablo Riveiro m.68), Felipe e Oreiro
Cerqueda: Jose, Athu (Bastón m.77), Dani García, Fran (Sergio m.72), Martín, Lorenzo, Moha, Cristian, Dani Mato, Jonás e Míchel
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Expulsou a Dani Mato (m.89) do Cerqueda. Amonestou a Eloy e Felipe do Baíñas; Martín do Cerqueda
Goles: 1-0 m.59 Pablo Muíño; 2-0 m.63 Pablo Muíño
Xa está aquí
Dous goles do retornado Pablo Muíño déronlle a vitoria a un Baíñas que necesitaba como o comer dunha revolución así. Dous dos dos grandes realizadores da Costa, David Blanco e el, son un argumento suficiente para confiar na mellora dos vimianceses, que superaron a un Cerqueda alonxado da imaxe que lle converteu en revelación. Iso si, os de Raúl Periscal foron mellores nunha primeira metade na que botaron en falta, precisamente, unha especie de Pablo Muiño. Mudou o panorama na reanudación, e primeiro ao finalizar unha boa contra, e pouco despois ao aproveitar un fallo de entendemento entre porteiro e defensa, Pablo Muíño prácticamente decidía o choque. Abundaron os paróns e faltou xogo nunha media hora final na que non pasou case nada.
San Lorenzo 4-1 Porteño
As Eiroas foi esta vez o escenario do partido - Foto: CF Porteño
Campo: As Eiroas
San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela (Puñal m.64), Kevin, Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Diego Varela (Dani Rey m.68), Parafita, Juni (Pablo Díaz m.78), Fuentefría (Anxo m.90) e Dani Pena
Porteño: Martín, Adrián, Cousillas (Xoel m.80), Quimes, Rodri (Wii m.46), Cachi, Roi, Manuel (Pejo m.46), Jorge (Manu m.86), Marcos e Mario Toja
Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Juanjo, Parafita, Rubén Varela do San Lorenzo; Roi, Cachi e Mario Toja do Porteño
Goles: 1-0 m.19 Fuentefría; 2-0 m.42 Fuentefría; 2-1 m.57 Mario Toja; 3-1 m.85 Fuentefría; 4-1 m.87 Iván Parafita
O '10' fainas de tódalas formas
Recuperou a versión do ano pasado Dani Fuentefría, mediapunta do San Lorenzo que cos seus tres goles destrozou a un irregular Porteño. O verdillés volveu dar unha clase maxistral de chegada, incorporación desde segunda línea e efecto sorpresa. Seus foron os dous tantos dunha primeira metade de superioridade total por parte carballesa. O primeiro, no que o Porteño pediu fóra de xogo, aproveitou un bo balón lateral. No segundo, a piques de chegar ao descanso, chegou antes que ninguén ao rexeite dunha parada de foto do meta Martín. Entre medias, e a pesares de que apenas estaba chegando, o Porteño marrou un penalti, no que Mario Toja perdeu a partida ante o meta Javi Souto. Sairían moi enchufados os da Ponte na reanudación, na que Mario Toja resarciuse do seu erro anterior e firmou un tanto de libro. De novo resultaría chave Javi Souto, que emulando as paradas de Kameni no Camp Nou sacou un balón a Wii na mesma línea de meta. E no medio do acoso desatascou aos seus Fuentefría, que a falta de cinco minutos selou o terceiro cun remate no segundo pau.
Ponteceso 3-1 Corcubión
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Brais (Xurxo m.46), Cotelo (Mendieta m.44), Matías, Gurita (Mara m.80), Nando, Juanma, Diego, Baba, Charro (Youssef m.72), Ismail e Charly
Corcubión: Abe, Mario, Adrián, Alan, Gabri, Nes (Tito m.56), Antón Lestón, Lema, Rama (Roi m.62), Pablo (Abel m.69) e Toja (Mario Atán m.76)
Árbitro: Rosende Cancela (A Coruña). Amonestou a Charly e Mendieta do Ponteceso; Toja do Corcubión
Goles: 0-1 m.22 Toja; 1-1 m.32 Baba; 2-1 m.44 Baba; 3-1 m.90 Mara
Para 'Babear'
Dous goles de Baba, con selo de calidade, voltearon o marcador a favor do Ponteceso e a costa dun Corcubión que deixou boas sensacións, pero quedou curto de intensidade e gasolina. Só os goles da tarde amortizaron o prezo de calquera entrada. Cunha proposta de contragolpe, a UD disfrutou dunha primeira media hora segundo o guión ideal. Un córner a prol do Ponteceso deu nunha contra visitante con remate desde a medular dun Toja que sacou o guante da súa etapa no Montañeros e asinou un dos tantos da tempada. A chave foi a rápida reacción local, con papel estelar de Baba, bigoleador en cuestión dun cuarto de hora con dous remates de poderío incontestable. Decreceu en sentido cualitativo unha segunda metade sen demasiados achegamentos ás áreas, e na que o Corcubión acusou o seu menor fondo. Mara, á saída dun córner e co tempo xa cumprido, fixo o terceiro.
Malpica 2-3 Corme
Malpica e Corme xogaron un intenso duelo - Foto: Fin Lema
Campo: A Pedra Queimada
Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Cristian (Brais Ortiz m.46), Alberto Carballo, Isma, Alberto (Jose Luis m.67), Brais (Casáis m.84), Álex Márquez, Pablo Rey, Eloy Cabeza e Marcos Pensado
Corme: Susiño, Jesús, Dani (Sergio m.59), Pandi (Brais m.84), Alejandro, Eloy, Martín (Diego m.59), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Toniño
Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Amonestou a Cristian, Óscar Moscoso, Rubén, Álex Márquez, Alberto e Jose Luis do Malpica; Toniño e Pandi do Corme
Goles: 0-1 m.35 Alejo; 1-1 m.46 Álex Márquez; 1-2 m.67 Adrián Doldán; 1-3 m.84 Alejo; 2-3 m.89 Eloy Cabeza
Cando funciona Alejo…
Levou unha saída en forma de derbi o Corme, protagonista dun cada vez máis duro man a man co Baio. O Malpica, a pesares da súa irregularidade, baixas e pouco plantel, tiña na veteranía, a cercanía e o coñecementos armas suficientes para preocupar. E vaia se o fixo. Foi dos visitantes a posesión do balón e a iniciativa, ante un rival perfectamente prantado. Só un pase perfecto de Toniño para Alejo, que resolveu a gol no man a man, desequilibrou unha primeira metade de distancias curtas. Arreglou a desvantaxe o Malpica nada máis regresar do vestiario. Levoulle segundos a Álex Márquez resolver de bo testarazo un bo balón lateral. Abriuse tanto a contenda que pudo caer de calquera lado, pero cando os de arriba están atinados pouco hai que facerlle contra o Corme. Adrián Doldán tirou de clase para unha xogada persoal que acabou no segundo dos visitantes, mentres que na sentencia exerceu de asistente para que Alejo resolvese a pracer. Para a galería e a degustación quedou o maxistral tanto de falta de Eloy Cabeza, demasiado tardío para a sorpresa.
Baio 2-0 Unión Club Cee
Campo: Platas Reinoso
Baio: Recarey, Isaac, Norberto, Porto, Luis, Fachal, Rubio (Brais m.66), Moreno (Mario m.80), Martín (Eloy m.86), Javi Suárez (Fredi m.90) e Martín MC
Unión Club Cee: Paulo, Julito, Esteban, Aitor, Chema (Álex m.80), Martín, Javi Calo (Noé m.58), Carlos Leis, Juan Bello, Leo (Chiru m.79) e Carlos (Trillo m.77)
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Expulsou a Julito, do Cee (m.60). Amonestou a Juan Bello, do Cee
Goles: 1-9 m.33 MC; 2-0 m.82 Noé, en propia meta
Co mono de traballo
Custoulle e moito ao Baio manter a dinámica vencedora. Non foi o Unión Club Cee un visitante cómodo. Chegou, cedeu a iniciativa, prantouse perfectamente no campo, e só cedeu a base de paciencia. Foi unha conexión entre os dous Martín, co capitán como asistente e MC coma executor, o que rachou o partido ao fío da media hora. Ata entón, non tolearan co panorama os de Pedro Gómez. Pudo sentenciar o Baio no comezo do segundo acto, no que estrelou dous balóns na madeira e exerceu unha presión asfixiante. Con ese panorama e a expulsión de Julito parecía todo sentenciado, pero máis ben todo o contrario. Julito foi expulsado por dobre cartón e tocou a heroica o Unión e veuse arriba. Iso si, coas limitacións evidentes da súa situación. E nunha protestada acción, os baieses matarían o encontro: centro de Javi Suárez e Noé introduciu o balón na súa portería. Pediu fóra de xogo a parroquia do Cee.
Camariñas 4-2 Monte Louro
Houbo emoción no Hermanas Patiño - Foto: Edu Oliveira
Riki, ante a mirada de Soule - Foto: Edu Oliveira
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Álvaro, Gabri, Sergi (Pablo Mouzo m.71), Kevin, Moriño, David (Dani m.46), Yuyo, Javi Antelo, Pablo, Soule e Maikel (Brandon m.55)
Monte Louro: Iago, Abel (Cristian m.83), David, Pablo Vidal, Manolo Chouza, Josiño (Gelo m.46), Dani de Sahorta, Yeray, Raúl (Geiko m.41), Riki e Miguel
Árbitro: Pardiñas García (A Coruña). Amonestou a Sergi, Dani (Gabri m.70), Gabri e Álvaro do Camariñas; Pablo Vidal, Josiño e Manolo Chouza do Monte Louro
Goles: 1-0 m.16 Sergi; 2-0 m.43 Soule; 3-0 m.68 Yuyo; 3-1 m.78 Geiko; 3-2 m.83 Geiko; 4-2 m.90 Dani
Virtudes e defectos de xuventude
Venceu o Camariñas no cruce entre dous dos equipos máis novos da categoría. E iso notouse nun partido aberto, con alternativas e tamén con erros propios de certa inexperiencia. Foi máis incisivo o inicio dun bo Camariñas, que se adiantou no marcador á saída dun córner, con remate de Sergi. Tería opcións para aumentar a renta nuns moi bos minutos, pero foi o Louro a que tivo a máis clara. E protestada. Un balón longo deixaba a Raúl só diante do porteiro, e o árbitro sinalou fóra de xogo, para cabreo dos muradáns. Pero o peor para o dianteiro estaba por chegar, e para un equipo que parece víctima dun mal de ollo. Unha saída en falso de Álvaro provocou que despexara cos puños… na cara de Raúl. O punta quedou aturdido, con problemas auditivos, e foi trasladado ao Hospital San Rafael da Coruña, onde foi dado de alta. Pouco despois, un balón ás costas da defensa foi aproveitado por Soule para facer o segundo. Pedirían posición adiantada os futbolistas do Louro tamén no terceiro, xa na segunda metade, e obra de Yuyo. Parecía todo visto para sentencia, pero entón apareceu o pichichi de Terceira, Geiko, para bigolear e levar o choque a un nuevo estado, con acoso branco incluido, aínda que sen finalización. Dani resolveu xa co templo cumprido.
Buño 2-3 Castriz
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Miguel Dourado, Canedo, Eloy, Dimitri, Adrián, Jorge Calvete, Dani Calvete, Martín, Richard e Alexander
Castriz: David, Chinda, Carlos, Álex, Steven, Nakata (Raúl m.46), Iván, Luis (Pablo m.60), Matías (Adrián m.65), Mata (Marcos m.75) e Kevin
Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Nakata, Luis, Mata e Steven do Castriz
Goles: 0-1 m.43 Kevin; 0-2 m.47 Raúl; 1-2 m.52 Raúl; 1-3 m.75 Adrián, de penalti; 2-3 m.80 Martín
Con solvencia
Sacou tres puntos o Castriz da viaxe a Buño, onde tivo que poñer o mono de traballo para triunfar. Houbo dominio e ocasións alternas na primeira metade, que morreu cun tardío gol de Kevin, ao rematar na línea de gol un balón que Toni non acertou a atrapar. Eses minutos que bordearon o intermedio antes e despois do mesmo resultaron chave, xa que xusto á volta de vestiarios un forte disparo de Raúl desde a frontal significou o segundo. Parecían ter todo xa baixo control os xalleiros, pero o local Martín contestaría os dous últimos golpes. Primeiro, unha internada na área con resolución a gol no primeiro pau. Adrián, de penalti, faría o terceiro e parecía sentenciar. Pero non. De novo Martín, cun disparo seco, acurtaba distancias. Apretou o Buño de aí ao final e incluso rozou o empate en varias accións.
Esteirana 1-1 Coristanco
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Eloy, Martín, Adrián, Manu (Iker m.80), Campos (Brais m.70), Codesido, David (Damián Suizo m.67), Jaime, Simón eTobío (Rafa m.86)
Coristanco: Brais, Rubén, Mato, Gustavo, Javi, Pazos, Iván (Sergio m.80), Jorge, Samuel (Gonzalo m.66), Marcos Corral e Fabio (Añón m.82)
Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
Goles: 0-1 m.78 Gonzalo; 1-1 m.90 Jaime
Punto e seguido
Aínda que perdeu dous puntos na recta final, o Coristanco arrincou un empate valioso na súa visita a Esteiro, onde os locais non foron fieis á súa imaxe habitual e acusaron en exceso a baixa dalgúns dos máis habituais, coma o extremo Álex. A iniciativa correspondeu ao cadro azulgrana, ante un rival ben prantado e que creou moitas opcións a pelota parada. Foron decisivos os doce últimos minutos. O remate de Gonzalo, oportunista, parecía decidir os tres puntos, pero o arreón final esteirán tivo premio co tanto de Jaime.