Liga da Costa: Un xeira case con menopausia

11:50 12/12/16
Corenta e seis años levaba o Baio sen vencer na Ponte do Porto, onde tivo que sufrir unha vez máis para manterse no man a man co Corme; non menos problemas tivo o equipo percebeiro, que atopou no Camariñas un rival case en forma de replicante
O Louro competiu ben en Mazaricos, pero non pudo cun candidato ao título - Foto: Edu Oliveira
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Porteño 0-1 Baio
Campo: A Grixa
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Wii (Caamaño m.64), Marcos, Xoel, Jorge, Roi, Cachi (Manuel m.77) e Rodri
Baio: Diego, Isaac, Norberto, Porto (Mario m.56), Pedro, Fachal, Moreno (Ramón m.86), Rubio, Bieito, Javi Suárez e Martín MC (Luis m.90)
Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Roi, Piti, Cachi e Rodri do Porteño; Bieito do Baio
Gol: 0-1 m.15 MC
Histórica vitoria do Baio na Grixa - Foto: CF Porteño
Estaban ateigadas as gradas na Ponte - Foto: CF Porteño
A vitoria do siglo
Tiveron que pasar 46 anos para que o Club Deportivo Baio sacase tres puntos do campo da Grixa na Ponte do Porto. Seguramente, un indicativo máis de que a tempada leva marchamo de histórica, e de que algo distinto está a xestarse no equipo. E non é que o tivera sinxelo tampouco nesta ocasión, cun rival consciente á perfección do guión que lle tocaba e un colíder sen voltarse loco e tentando ser fiel ao seu estilo. O primeiro aviso obrigou ao lucimento de Diego, nun saque de banda con balón morto empalmado por Wii e man prodixiosa do arquero. A tarde significaba tamén o retorno de Bieito á que xa fóra súa casa, aínda que o protagonista non variou en exceso respecto ás últimas datas. O único gol da tarde chegaría dunha acción por banda de Javi Suárez con balón ao segundo pau e entrada a gol dun MC 'frechiña vermella' do Pro Evolution. A historia do segundo tempo foi a da misercordia e atípica falta de puntería para sentenciar por parte do Baio, así como a paciencia do Porteño para saber que algunha caería, e si hubo incertidumbre en córners e saques de banda.
Corme 4-3 Camariñas
O Corme sabía que non sería unha tarde sinxela - Foto: Fin Lema
Campo: O Cairo
Corme: Susiño, Jesús, Alejandro, Brais Torrado (Sergio m.46), Toniño, Eloy, Martín (Diego m.63) , Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais
Camariñas: Pablo, Pablo Mouzo (Brais m.46), Kevin, Nazo, Soule, David, Yuyo, Javi Antelo, Brandon (Rodri m.72), Gabri e Maikel
Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Expulsou a Sergio do Corme (m.85) e Kevin do Camariñas (m.71). Amonestou a Adrián Doldán, Sergio, Jesús do Corme; Pablo, Yuyo, Brais e David do Camariñas
Goles: 0-1 m.16 Soule; 1-1 m.18 Alejo; 1-2 m.26 Yuyo; 2-2 m.27 Alejo; 2-3 m.31 Soule; 3-3 m.51 Martín; 4-3 m.72 Brais
A horma do seu zapato
Xove, descarado, con potencial ofensivo e algunha peaxe en defensa. Esas poderían ser as características comúns entre Corme e Camariñas, un perigo que a piques estivo de custarlle a primeira praza ao conxunto de Lentejo. Bastou a media hora inicial coma 'trailer' do que sería unha película sen descanso para os seareiros. Soule aproveitaba un erro entre centrais para facer o primeiro, mentres que unha recuperación de Lucas en banda con pase a un desmarcado Alejo deixaba de novo as táboas. As triangulacións rápidas eran o viveiro para un Camariñas sen presión ningunha e que pouco despois mandaría outra vez. Nazo facía un escorzo para controlar, deixaba a Yuyo e este en bandexa para entrada dun desbocado Soule, que de novo lla liaba á zaga local. A mellor noticia e a chave para os cormeláns era que cada golpe recibido tiña un tempo de resposta de menos de cinco minutos. Era de novo Alejo o que saía ao rescate cun axustado disparo. Pola súa banda, os palilleiros estaban a divertirse e funcionaban sen a presión de estar a xogarse demasiado. E tripitían esquema nun rexeite de Susiño que Soule, imperial ao adiantarse aos seus rivais, convertía en gol. Tentaría minimizar riscos na reanudación un Corme que deixou de xogar tan horizontal e buscou algo máis directo, e dese xeito chegaría un empate no que os visitantes reclamarían man de Lucas no control: balón longo para o mediapunta, pase Alejo, tiro ao pau e rexeite que golpea en Martín e entra na portería. Baixou o nivel goleador do primeiro acto e subíu a intensidade e as idas e voltas. No que era unha tarde de talento puro o tanto decisivo quedou á casuística, nunha falta lateral executada por Brais que, tras non tocar en ninguén, acabaría por entrar no fondo da portería.
Baíñas 1-2 San Lorenzo
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Maikel, Iván, Eloy, Braulio, Héctor, Jaime, Pablo Muíño, Canay (Jose m.46), Felipe, Cristian e Oreiro (Pablo Riveiro m.71)
San Lorenzo: Javi Souto, Puñal (Anxo m.85), Samuel, Juanjo, Álex Taibo, Rudi, Rubén Varela, Parafita, Juni (Dani Rey m.87), Dani Fuentefría (Pablo m.72) e Kevin (Diego Varela m.60)
Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Iván, Eloy, Cristian e Héctor do Baíñas; Rubén Varela e Puñal do San Lorenzo
Goles: 1-0 m.12 Pablo Muíño; 1-1 m.30 Iván Parafita; 1-2 m.75 Iván Parafita
Parafita… e páralo todo
Unha maxistral man do meta Javi mantivo vitoria acadada a base de remontada para o San Lorenzo. Non foi o do Baíñas contra os bergantiñáns o encontro do ano, pero si ofertou polo menos emoción e incertidumbre. Houbo máis producción goleadora que xogo nun primeiro acto marcado polo tanto inicial de Pablo Muíño, tras roubo e unha boa contra. Pouco tardarían en equilibrar os visitantes, que o farían nun pase longo do Rudi para Parafita case teledirixido. Parecía ter o partido baixo control o San Lorenzo na segunda metade, aínda que sen demasiadas presencia no área. Unha acción a balón parado rematada por Parafita, a falta dun cuarto de hora, levaba marchamo de sentencia. Pero habería arreón final dun Baíñas que chocaría contra Javi Souto, salvador xa case no último suspiro cunha gran man.
Laxe 0-2 Ponteceso
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Jacobo, Saleta, Manu, Pablo, Álex Trigo, Felipe, Gora, Santi Casas (Borja m.46), Zúrich (Miguel Varela m.31) e Martín (Jacinto m.46)
Ponteceso: Xurxo, Youssef, Cotelo, Gurita (Aday m.61), Alberto Recarey, Juanma, Dieguito, Yago, Mendieta, Eloy (Charro m.46) e Charly
Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Gora, Felipe, Álex Trigo, Saleta e Pablo do Laxe
Goles: 0-1 m.35 Cotelo; 0-2 m.46 Charro
O Ponteceso fixo o que tiña que facer
Van varios derbis case seguidos para un Ponteceso que de momento está a pasar con nota o exame, deixando case intactas as súas opcións de loitar por abandoar a Liga da Costa. Onte era a visita a Cabo D'Area un anuncio con maiúsculas contra a relaxación: rival en crise, un adestrador ex da casa, proximidade xeográfica e de seguro unha proposta pouco preciosista no guión da tarde. Solventaron os de Barca cun control dos tempos que minimizou os riscos en portería propia, e pediu unha alta efectividade na xestión das opcións ofensivas. A só nove minutos do intermedio un saque de córner con segunda xogada permitíalle a Cotelo facer o primeiro, mentres que o mortal chegaba na reanudación, co gol case desde a ducha de Charro. Era a sentencia a un derbi sen moita historia máis.
Corcubión 4-2 Esteirana
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abelleira, Mario (Atán m,75), Alan, Sebas, Antón Lestón, Lema, Rama (Toja m.65), Gabri, Adrián (Senra m.47), Nes (Tito m.56) e Pablo Castro
Esteirana: Ponte, Eloy, Rafa, Álex Martín, Brais, Manu, Eloy Campos (Eloy m.58), Codesido, Iker e Tobío
Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a Abelleira e Antón Lestón do Corcubión; Tobío e Codesido da Esteirana
Goles: 0-1 m.4 Manu; 1-1 m.6 Lema; 2-1 m.8 Rama; 3-1 m.61 Rama; 3-2 m.71 Álex; 4-2 m.76 Tito
Remontada exprés e bálsamo
Tres puntos de ouro sumou o Corcubión na visita da Esteirana a Cubaleiro. Os azulgrana son un rival temible, no sentido de que nunca se sabe que versión aparecerá deles. Capaces do mellor e o peor, no microespacio da cita en Cubaleiro deixaron clara a súa polaridade. Un saque de banda preto do área permitiulle a Manu executar unha maniobra de crack, con resolución e gol ao segundo pau. Non ían cinco minutos, e cinco despois o Corcubión xa tería remontado. Un balón de Nes para Lema con vaselina deste, e unha acción entre Antón, o propio Lema e Rama, mudaron a situación de modo exprés. Habería poucas máis noticias nas áreas ata a reanudación, cando os locais quixeron matar o encontro e os visitantes, xustos de fondo de armario e forzas, acabaron por claudicar. Rama e Nes perdoaron a sentencia, que parecía chegar á hora de encontro cunha vaselina do atacante que ponía dous tantos de diferencia. Entraría a cita de novo nun intercambio similar ao do inicio, con Álex acurtando distancias no 3-2 e Tito sentenciando tras un rexeite do porteiro a disparo de Toja.
Cerqueda 0-2 Malpica
Houbo deportividade entre Cerqueda e Malpica - Foto: UD Cerqueda
Campo: A Pedra Queimada
Cerqueda: Diego, Javi Pazos, Dani, Sergio, Dani Mato (Bastón m.83), Míchel, Cholo (Adrián m.64), Lorenzo, Moha (Pablo m.51), Méndez (Jonás m.74) e Martín
Malpica: Brais, Álex, Marcos Pensado, Pablo Rey, Alberto (Lolo m.75), Mario, Isma, Petís, Cololo, Ortis (Eloy m.55) e Brais
Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña).
Goles: 0-1 m.35 Isma; 0-2 m.55 Cololo
O peso dos galóns
Na asignatura 'derbis' da carreira do fútbol un dos preceptos fundamentais explica que por moi mal que esté un equipo e moi ben parezca chegar o outro calquera pronóstico está cercano e debuxar castelos no aire. Un bo exemplo resultou o Cerqueda-Malpica, na mellor versión dos brancos e a máis xusta do cadro da capital municipal. Sen embargo, a maior experiencia e dúas xenialidades dos futbolistas desequilibrantes déronlle o éxito á SD. Pasada a media hora Isma atopou un balón botando fóra do área e golpeou perfecto para mandalo á escuadra. Non acababa de atoparlle o punto ao derbi un Cerqueda que chocaba coa sobriedade e a boa disposición dun Malpica que sentenciaría a falta de media hora, nun cabezazo de Cololo a centro de Eloy. Tentarían os pupilos de Raúl Periscal de darlle vida ao partido do ano, pero aínda que en todo momento merodearon o área non deron en opcións demasiado claras.
Unión Club Cee 0-1 Buño
Campo: San Paio de Refoxos
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito (Chiru m.65), Julito, Aitor (Esteban m.71), Jose, Martín, Carlos Leis (Javi m.54), Leo (Noé m.65), Juan Bello e Javi Calo
Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo, Mario, Eloy, Dani Calvete, Juan Antelo (Fran m.74), Adrián, Jorge Calvete, Jordan e Martín (Aitor m.81)
Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Aitor do Cee; Pablo do Buño
Goles: 0-1 m.29 Juan Antelo
Máis que tres puntos
Duro golpe o que lle pegou o Buño a un Unión Club Cee ao que deixa en postos de descenso e con serias dudas. Foi dominador en termos xerais, pero o seu problema de cara a gol é cada vez máis acusado e penalizador en forma de puntos. Onte foron cinco as oportunidades que atoparon dalgunha ou outra forma a clemencia unionista. En medio dese panorama a ría herculino pasou a río, resvolto e con ganancia de pescadores, ao controlar Juan Antelo un balón aéreo, xirarse e resolver a gol. Tiña por diante unha hora o Unión, ante un Buño moi ben prantado e co mesmo planel de sempre.
Coristanco 4-2 Castriz
Campo: A Rocheira
Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Añón m.52), Jonathan, Pazos (Álvaro m.58), Iván, Jorge, Lagoa, Marcos Corral, Rubén e Cristian (Gonzalo m.39)
Castriz: David, Rubén, Álex, Raúl (Carlos m.60), Chinda (Martín m.65), Nakata, Steven, Pablo (Herrera m.75), Iván, Adrián e Matías (Kevin m.56)
Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Rubén, Jorge e Marcos Corral do Coristanco; Martín do Castriz
Goles: 1-0 m.24 Rubén; 2-0 m.51 Adrián; 3-0 m.63 Gonzalo; 3-1 m.84 Jonathan, en propia meta; 3-2 m.85 Iván Pastoriza; 4-2 m.90 Marcos Corral
This is A Rocheira
Un dos campos máis pequenos da Costa, e que pide unha adaptación específica en moitos casos, resultou todo un suplicio para un Castriz que durante unha hora pareceu totalmente perdido. E iso que prácticamente é veciño da Rocheira. A maior intensidade e ganas dos locais debuxou un panorama de 1-0 ao descanso, grazas ao tanto de Rubén á saída dun córner. Aínda habería un último arreón pataqueiro á volta dos vestiarios, con premio en forma de gol para Adrián e Gonzalo, este último ao castigar unha perda na saída de balón xalleira. Os dous mazazos si surtiron efecto nun Castriz que a piques estivo de parchear o descosido. Un disparo lonxano que pegou en Jonathan significaba o 3-1, mentres que unha acción de bo punta, tras gañarlle as costas ao lateral, era o segundo co selo de Iván. Tocaba acoso e derribo, con centrais como Alejandro reconvertidos a dianteiros. E incluso co meta David á búsqueda do remate. Nunha contra co partido prácticamente acabado Marcos Corral facía o definitivo 4-2.
Mazaricos 3-0 Monte Louro
Intensidade en Mazaricos - Foto: Edu Oliveira
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel (Ángel m.70), Matías, Martin (Xabi m.61), David, Ricardo, Chenel, Molinos, Estéfano, Dani Martínez, Brais (Roberto m.80) e Esteban
Monte Louro: Fernando, Abel, David, César (Cristian m,77), Manolo Chouza, Gelo (Pablo Vidal m.77), Raúl (Juan de Selia m.46), Dani de Sahorta, Geiko, Riki e Gabri (Yeray m.46)
Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Amonestou a Chenel e Brais do Mazaricos
Goles: 1-0 m.41 Molinos; 2-0 m.51 Brais; 3-0 m.63 Chenel
Que non pare a máquina de soñar
Sigue a súa particular persecución dos líderes un Mazaricos cada vez máis fiable, e que nesta ocasión non se deixou intimidar polo crecente Monte Louro, que viña de sumar seis puntos esta semana. Os amarelos contrarrestaron con orde e experiencia o bo facer dos muradáns durante o primeiro tempo, no que houbo moita horizontalidade. Foi chave no encontro o tanto de Molinos, pouco antes do intermedio, nun disparo que se envenenou tras tocar nun futbolista visitante. Á volta dos vestiarios precisamente un muradán de Baño, Brais, facía o segundo de libre directo e mataba definitivamente un encontro que confirma a madurez dos de Néstor Romero, así como que o Louro é capaz de competir alá onde vaia.






