Liga Galegas: Doble alegría
22:51 14/12/15
Huelvis preparando o quecemento do seu Dumbría-Foto-Veteranos Dumbria
Volven á segunda praza os Xuvenís do Dumbría na Liga Galega trala súa vitoria ante un correoso Sporting Estrada no Conco. Os de Leis e Lobelos aproveitaron os tropezos de Boiro, O Val e Conxo para volver á segunda posición, quedando a só 3 puntos do liderado.
As boas novas tamén chegaron do equipo Cadete da máxima categoría, pois vencían a todo un Racing de Ferrol, o 4º da táboa, demostrando que poden competir con calquera. Non saen dos postos de descenso os de Huelvis, pero métense de cheo na pelexa.
Liga Galega Xuvenil, xornada 15
- Resultado: Dumbría - Estrada (2-0)
- Dumbría: Jorge, Roberto, Pablo, Canario, Maikel, Marcos Mouro, Mauro, Gabi, Edu, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Borja, Jose Miguel, Jacobo e Raúl.
- Goles: 1-0, m.70: Mauro; 2-0, m.75: Juan de Dora.
División de Honra Cadete, xornada 15
- Resultado: Dumbría - Racing de Ferrol (1-0)
- Dumbría: Juan, Martín (mario, m.79), Josiño, Luís Mayán, Juan Álvarez; Brais Fdez. (Moisés, m.72), Fabio, Carlos; Lojo (Fran Moreira, m.65), Erre (Ayoze, m.20) e Adrián.
- Gol: 1-0, m.67: Josiño marca un golazonunha contra.
O porteiro dumbries Juan convertiuse no heroe do partido-Foto-Veteranos Dumbria
Por fin, todo o traballo de moitas semanas traduciuse en puntos logo dun partido moi disputado, cun Racing máis mandón, pero ante un Dumbría que buscaba facer dano coa velocidade da xente de arriba, e baseado nunha solidez defensiva tremenda.
Pronto pediu o cambio Erre, que viña con molestias e ten adestramento coa Selección Coruñesa e estaba falado para non forzar. E botou de menos arriba o equipo a Brandon, que decidía ir de volta a Camariñas, a pesar de ser peza clave no equipo da máxima categoría.
Non tiveron opcións os ferroláns, e os dumbrieses souberon aguantar o seu momento, que chegaba nunha perfecta contra que culminou Josiño cun golazo.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/josemanuel.suarezlema/videos/1004338683019344/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Aguantou aí perfectamente as embestidas visitantes o equipo de Huelvis, e Juan convertiuse no heroe do partido parando un penalti no desconto, evitando un empate que tería sido inxusto.
En todo caso, o propio Huelvis cóntanos que "estou orgullosísimo deste equipo, e ata case se me caen as bágoas. O resultado do domingo vale para demostrar que todo o traballo serve para algo, e que podemos competir con todos".
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
Novas relacionadas
- Corredoira asume o desafío de ascender ao Baíñas.
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).