Ligas FS: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos, campións en Corme e Santa Comba

Viñan avisando nos últimos meses e non fallaron. Transportes Cotelo e Vilar de Céltigos veñen de proclamarse campións das Ligas de Fútbol Sala de Corme-Ponteceso e Santa Comba, respectivamente. Unha ligas ben vividas, como emoción ata o último día.
Trans. Cotelo, capión en Corme

Levaban semanas pelexando pola primeira praza Trans. Cotelo e Bar Avenda. Clave foi o choque directo da xornada 14 no que o Cotelo vencía por 2-3 collendo unha vantaxe de 3 puntos, que o ao final, resultou imposible de remontar para o Avenida. E iso que os cormeláns se deixaban dous puntos na penúltima xornada fronte Os Aldeás, pero non fallaban este pasado sábado ante o Beres.Apligasa para cantar o alirón. Un Trans. Cotelo que ademais levan os trofeos como equipo máis goleador e menos goleado.
Importante foi a participación do pichichi da Liga da Costa, Alejo, pero baixo paus. O equipo está formado por (arriba de esquerda a dereita) Alejo Cambón, Martín Torrado, Eloy Castro, Dani Cousillas, Eloy Garcia; (abaixo de esquerda a dereita) Fran do Campo, Adrián Lema, Lucas Rial, ademais de Felipe Romero e Joshua Parga,, que non puideron estar na foto.
En marcha a Copa
Xa está en marcha a Copa, que ademais xa tendes en www.futboldacosta.com. Xa están formados os 4 grupos, e pasarán a Cuartos os 2 primeiros de cada Grupo.
Vilar de Céltigos, campión en Santa Comba

26 xornadas disputáronse en Santa Comba para dilucidar ao campión. E finalmente o Vilar de Céltigos non
O equipo está formado por Álvaro Pose, Fran Rial, Eloy Prol, Esteban Novás, Ovidio, Pablo Riveiro, Manuel Suárez, Cristian Germida e Braulio.
Unha das figuras do Vilar de Céltigos foi Roly, máximo goleador destacado da liga, destacado con 57 goles, polos 32 de Diego (Mamma Mía), e os 31 de Ovidio (Vilar de Céltigos) e Adrián (Rebalcar).
A copa sortearase a mediados da semana que vén para comezar a última deste mes de abril.
Máis información en www.futboldacosta.com
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos superan a Avenida e O Boguiña.
- Febreiro 2017: Cotelo e Avenida escapan en Corme mentres Vilar apreta á TabernaMeuCompadre en Santa Comba.
- Decembro 2016: A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba:
- Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba.
- Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco.
- En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión.
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.