Ligas FS: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos superan a Avenida e O Boguiña
Xornada clave esta nas Ligas de FS de Corme e Santa Comba. Chegaban igualados os dous equipos de cabeza en ambas ligas a esta xornada, deixando a Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos un pasiño por diante para afrontar a recta final de ambas competicións.
Liga de FS de Corme
Trans Cotelo, líder da Liga de FS de CormeImportante foi esta xornada do pasado sábado na liga cormelá. Chegaban Bar Avenida e Trans. Cotelo igualados no alto da táboa no partidazo da tempada e cando só quedan 3 xornadas para o remate. Venceron os Alejo (o porteiro pichichi da Liga da Costa co Corme), Lucas e compañía por un apretado 2-3 ao equipo formado por Brais Álvarez e Luís Montes entre outros. Por bando vencedor marcaron Lucas, Martín e Dani, mentres que polo Avenida foi Adrián Rama por partida doble o único que puido superar a Alejo.
Ambos seguen a ser os dous claros candidatos ao título, cando aínda quedan partidos importantes ante Os Aldeáns, TPL ou Capelán, que manteñen unha distancia prudente co dúo de cabeza.
Bar AvenidaLiga de FS de Santa Comba.
Vilar de Céltigos, líder da Liga de FS de Santa CombaColócase o Vilar de Céltigos na cabeza da táboa xalleira trala 21ª xornada, a 5 para o final, se ben conta cun partido máis sobre O Boguiña, outro dos grandes favoritos. Esta pasada xornada enfrontábanse nun duelo directo no máis alto, e eran os Céltigos os que vencían por 5-3, deixando unha distancia de 4 puntos sobre o Boguiña. Roly, do Vilar de Céltigos, o pichichi destacado da temporada, marcou
A vindeira xornada (este mércores e xoves) descansa o Vilar, polo O Boguiña poderá situarse a 1 punto, así mesmo o Mamma Mía e a Taberna do Meu Compadre, se vencen, se colocarán a só 5 puntos do liderado, aínda con algo de marxe para achegarse.
O Boguiña non puido co VilarMáis información en www.futboldacosta.com
Novas relacionadas
- Febreiro 2017: Cotelo e Avenida escapan en Corme mentres Vilar apreta á TabernaMeuCompadre en Santa Comba.
- Decembro 2016: A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba:
- Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba.
- Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco.
- En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión.
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.